O Real Decreto de Nutrición Sostible de Chans Agrícolas forma parte do corpo normativo da nova PAC e pode acarrear penalizacións nas axudasCon un enfoque restritivo que penaliza en exceso ás granxas de vacas con terras, desde o sector en Galicia apóstase por outro tipo de medidas, máis “realistas e viables” para reducir a contaminación e as posibles emisións, como o redimensionamento e cubrición das fosas ou a escolla de momentos máis axeitados de aplicación, máis que por esixencias sobre o tipo de cisterna a empregar. Problemas para cobrar a PAC o ano que vén Á esixencia de botar o purín con tubos colgantes ou inxectores engádense outras obrigas: dispoñer de Plans de Abonado, facer analíticas de terras e de xurro, contar cun asesor en fertilización ou empregar unha ferramenta de cálculo de nutrientes recoñecida a nivel oficial. Para as granxas que traballan máis de 30 hectáreas de terras de cultivo ou solicitan na PAC o ecorrexime de rotación con especies mellorantes súmase unha obriga adicional: tras cada aplicación, deben facer no prazo dun mes as anotacións das aplicación realizadas nas distintas parcelas no Caderno Dixital da explotación.
O traballo burocrático e administrativo das granxas aumenta moito coa aplicación das novas normativasPara as explotacións de maior tamaño as novas esixencias normativas van supoñer un incremento de custos “e de tempo adicado a cubrir papeis”, pero para as granxas máis pequenas pode ser a súa sentenza definitiva, advirte o presidente de Agromuralla, José Luis Pérez Barreiro. Alerta ademais das posibles consecuencias do incumprimento normativo: “se se poñen serios pode supoñer a perda das axudas da PAC porque non estarías cumprindo coa condicionalidade”, explica, polo que “hai que ter en conta que isto pode ir ao peto”, di.
Moitas explotacións traballamos fincas que non podemos declarar na PAC e iso vai ser un problema á hora de abonar ou aplicar produtos fitosanitariosHai aspectos da normativa que non están aínda definidos, como as cantidades máximas de abonos orgánicos e inorgánicos que se poderán botar por hectárea, pero o presidente de Agromuralla pon sobre a mesa unha realidade frecuente en Galicia: “O problema é a xente que solicita a PAC e non traballa as fincas, porque esas terras non poden ser declaradas pola explotación que as leva nin tidas en conta á hora de calcular os abonos ou fitosanitarios aplicados. Sería necesario adaptar as solicitudes da PAC á realidade, pero a peaxe do 30% na transmisión dos dereitos non axuda, porque non incentiva o traspaso”, asegura.
Se non nos deixan sacar o purín coas cisternas que temos e rebordan as foxas o problema de contaminación sería moito maior (José Luis Pérez, Agromuralla)Desde Agromuralla aseguran que o sector non está preparado para cumprir unha normativa que consideran “inviable” e advirten de que “o purín ten que seguir sacándose das fosas para evitar que reborden, e máis co que choveu este ano en novembro”. “Se nos impiden usar as cisternas que temos e non hai neste momento maquinaria dabondo coa que sacar todo o xurro que se produce nas explotacións o problema pode ser moito peor, iso si que podería converterse nun problema ambiental importante. Sería peor o remedio que a enfermidade”, asegura Pérez Barreiro. Canto purín se xera en Galicia?
Segundo os cálculos da Xunta, unha vaca leiteira estabulada produce 26 metros cúbicos de xurro ao anoÓscar Pose, responsable do sector leiteiro do sindicato Unións Agrarias, pide á Xunta que corrixa os seus cálculos, recollidos nas Instrucións Técnicas para a realización do Plan de Xestión de Dexeccións Gandeiras e Fertilización. “Os cálculos de aporte de nutrientes están mal feitos, a cantidade que se indica é maior do real, tanto o que produce cada animal como a composición do purín e iso deriva no que se pode aportar á terra. Outras comunidades, como Cataluña, xa o corrixiron. As granxas de porcino son as máis afectadas por iso”, asegura.
Había solucións técnicas máis doadas, como permitir o prato invertidoEn canto á aplicación da norma a partir do vindeiro 1 de xaneiro, Óscar Pose afirma que “é un canto a Cartaxena”. “Hai que facer cousas, pero non é viable economicamente para as explotacións adquirir ese tipo de máquinas, que triplicaron o seu prezo nos últimos dous anos”, explica. “É unha regulamentación feita desde os despachos e que non ve a realidade do sector. Por iso non serve que se aprace o seu cumprimento; é necesario que se revise totalmente a norma porque non ten ningún sentido. Hai que ver en primeiro lugar quen contamina, porque as explotacións de vacún que teñen terras non son as responsables da contaminación”, asegura.
Non serve que se aprace o cumprimento da norma, hai que revisala por completo para axustala á realidade (Óscar Pose, Unións Agrarias)Desde UUAA propoñen outro tipo de medidas, como por exemplo cubrir as fosas que non están cubertas, aplicar nas fosas produtos que reducen as emisións de amoníaco, fixar un calendario de aplicación do xurro en función das temperaturas ambientais e autorizar a alternativa do prato invertido como sistema para botar o xurro nas terras e pradeiras. “Hai que poñerlle cabeza e plantexar solucións viables e realistas”, resume.
Galicia produce anualmente uns 8,5 millóns de metros cúbicos de purín (57% procedente de gando vacún, 35% de porcino e 9% de avicultura)“A materia orgánica é un fertilizante esencial que teñen as granxas cando se ten un número de animais adecuado á superficie. Outra cousa son as granxas que non teñen terra, que é onde está o problema. Nese caso deixa de ser un recurso importantísimo nun equilibrio co chan para converterse nun residuo do que hai que facer unha xestión adecuada. O problema do Real Decreto é que non distingue entre eses dous modelos”, asegura Isabel. O presidente de Agromuralla tamén defende que “o xurro hai que xestionalo ben, pero non sobra”. “Non hai exceso de nitróxeno en Galicia, só hai que ver a cantidade de fertilizantes químicos que se mercan cada ano”, razoa José Luis, que propón, no canto de plantas de tratamento, melloras nas instalacións de almacenaxe, como ampliar e cubrir as fosas das explotacións, e acordos entre granxas de polos e porcos que non dispoñen de superficie e ganderías de vacún, tanto de leite como de carne, que teñan capacidade para asumir ese xurro nas súas terras.
Se sobra o purín, tamén sobran os lodos de depuradora; son debates que hai que abrir (José Luis Pérez)"Os gandeiros non nos negamos a coidar o medio ambiente; ao contrario, xa o facemos, porque somos os verdadeiros xestores do territorio. Pero hai unha dobre vara de medir, porque ás cidades non se lles está pedindo a trazabilidade dos seus residuos que se nos pide aos gandeiros. Nós non temos onde botar o noso purín pero queren que botemos os lodos das depuradoras das cidades”, quéixase o presidente de Agromuralla. Un problema xerado pola propia Administración “O problema vén dado pola mala xestión da Administración á hora de organizar as granxas. As explotacións intensivas sen terra de polos e porcos de zonas como a Limia ou Rodeiro son un pouco o problema. Non lles estou botando a culpa a eles, pero por uns imos pagar todos. Déronse licenzas e autorizacións onde non se deberían ter dado. O do purín é un problema xerado pola Administración que nos traslada agora aos gandeiros”, quéixase José Luis.
Non está aínda definido canto abono se vai poder botar por hectáreaUUAA considera unha clara discriminación o feito de que ao vacún de leite, responsable segundo os datos oficiais do 8% das emisións de amoníaco, se lle obrigue a unha redución do 40% das súas emisións; mentres as granxas de porcino, que supoñen o 20% das emisións totais de amoníaco, unicamente teñen que reducir un 8%. “En Galicia non temos un problema xeral de contaminación e onde o hai non se debe ao vacún, senón á contaminación por acumulación de outras especies. Así que con isto non se vai solucionar o problema nesas zonas porque non está causado polas vacas”, afirma Óscar Pose.
Os despachos están cada vez máis distantes do agro (Isabel Vilalba, SLG)“Están poñendo unhas condicións que non son cumpribles. É unha evidencia máis dunha Administración máis burocratizada e máis distanciada da realidade das propias granxas. Os despachos están cada vez máis distantes do agro”, asegura Isabel Vilalba. Investimentos en maquinaria A entrada en vigor da prohibición das cisternas de prato e abanico vai obrigar a moitas explotacións a adaptar a súa maquinaria ou a externalizar os traballos. Pero o problema é que a capacidade coa que contan as empresas de servizos e as cooperativas para acoller esa sobrecarga de traballo cos parques de maquinaria actuais é insuficiente, sobre todo tendo en conta que as épocas de botar o purín coinciden con momentos de colleita e sementeira, onde as empresas de servizo e as cooperativas teñen picos de traballo importantes.
As cooperativas non teñen aínda unha previsión de cal vai ser a demanda real dos socios“Desde as cooperativas fíxose un esforzo para poder ofrecerlles aos socios ese servizo, pero non se sabe aínda cal vai ser a demanda real. En todo caso, os medios que neste momento hai para abordar a normativa en toda a súa dimensión desde o día 1 de xaneiro son claramente insuficientes”, recoñece Higinio Mougán, xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), que avoga por unha “aplicación paulatina da norma”. “Entendemos que ten que haber certa flexibilidade e producirse unha longa implantación da normativa; non pode ser dun día para outro”, reclama, posto que “o sector non está aínda suficientemente preparado”, di. “Non se explicou en detalle a norma a todos os gandeiros e os propios encargados de cumprila non saben como lles afecta e ata onde lles afecta”, asegura.
Non hai suficientes aparatos no mercado e a prezo razoable para que se poida facer unha implantación inmediata“Hai que ir poñéndolle sentido a todo isto e vai levar o seu tempo. Non hai suficientes aparatos no mercado neste momento a prezo razoable para que se poida facer unha implantación inmediata. Pero ademais engádense outros problemas que complican a situación, xa que moitas veces non hai tractores con suficiente potencia, esa maquinaria non entra nas fincas porque son moi pequenas, temos camiños estreitos e complicacións nos accesos aos pozos de purín en explotacións antigas. Isto é como esixir a dixitalización sen ter nin sequera cobertura de telefonía e moito menos banda ancha”, compara Higinio. Sentenza definitiva para as pequenas granxas As granxas máis grandes levan anos adaptándose ás novas obrigas en materia de xestión de xurros, metendo nos plans de mellora o aumento da capacidade de almacenamento e a cubrición das fosas, algo xa esixido no caso de levar a cabo ampliación do número de cabezas, e moitas contan con cisternas de maior tamaño para botar o xurro, que sería viable adaptar para colocarlles un sistema de tubos colgantes.
Son investimentos inasumibles que non se adaptan á pequena propiedade que hai en GaliciaPor iso, o problema plantéxase sobre todo nas pequenas granxas, con tractores de menor potencia e cisternas máis pequenas e antigas, inservibles para os aplicadores. “Estamos en contra de que se esixan esas grandes máquinas, porque se reduces as emisións por meter o xurro no chan pero produces máis emisións por queimar máis gasóleo non fixeches nada”, razoa a secretaria xeral do SLG, que avoga por analizar a medida cunha mirada máis integral. Desde esa óptica, di, “a implantación de grandes máquinas para a aplicación do xurro mediante grandes cisternas arrastradas non é unha solución, porque non se adaptan á estrutura da propiedade que temos en Galicia e porque supoñen maior risco de compactación da terra e maior uso de combustibles fósiles, polo que se amplían as emisións totais no canto de reducilas”, conclúe.
O incremento da demanda notouse sobre todo cara a final de ano, logo da convocatoria das axudas da Xunta para maquinaria 4.0O incremento da demanda notouse sobre todo cara a final de ano, logo da convocatoria das axudas da Xunta para novas tecnoloxías, agricultura de precisión e dixitalización de granxas, as coñecidas como subvencións Next Generation para maquinaria 4.0, que esixen a compra de cisternas con inxectores dotadas do sistema NIRS para analítica de nutrientes e composición do xurro. “A xente aproveitou para meter a cisterna co inxector porque as contías da subvención están por enriba do 40%, dependendo da puntuación do solicitante. Houbo tamén algunha solicitude a través do Plan Renove do Ministerio e incluso a través das axudas de novas incorporacións ou plans de mellora, pero foron as menos”, detalla José Ángel.
Sería algo lóxico que de cara a 2024 houbese unha liña de axudas específica para cumprir co Real Decreto como a que houbo fai 12 anosPero máis aló das liñas existentes este ano, o xerente da empresa lucense considera necesario que de cara a 2024 se habiliten axudas específicas para cumprir co Real Decreto. “Fai 12 anos houbo unha subvención específica de medio ambiente para cisternas na que daban o 75%. A xente aproveitou para cambiar a cisterna e vendéronse inxectores cando non se sabía o que eran. Despois, como non se esixía, o inxector ás veces acababa aparcado na palleira, pero agora é diferente. Sería algo lóxico que agora volvese haber estas axudas”, argumenta. Cisternas a partir de 80.000 euros Unha cisterna nova pode adquirirse a partir de 80.000 euros, dependendo da súa capacidade e equipación. A situación dos subministros tamén se foi normalizando, cun prazo medio de entrega que se sitúa hoxe nos 4-5 meses, cando esa espera chegou a ser de case un ano.
Hai un prazo medio de entrega nestes momentos de 4-5 meses, cando antes chegou a case un anoUnha cisterna de 16.000 litros con inxector de 10 metros e medio de longo pode adquirirse por menos de 100.000 euros pero o responsable de Millares Torrón admite que está aumentando a demanda de cubas máis grandes. “Estamos notando moito o incremento de capacidades, estanse pedindo cisternas de 20.000 litros e algunhas con 3 eixes incluso”, explica.
Estamos notando moito incremento na demanda de cisternas de gran capacidadeO prezo para este tipo de máquinas, con inxectores de 15 metros de lonxitude, sitúase entre os 170.000 e os 230.000 euros. A maiores, aclara, “estamos falando de que precisariamos un tractor de entre 250 e 280 cabalos para mover esa cisterna”. En canto á instalación de tubos colgantes nas cisternas xa existentes, a adaptación dunha cuba vella pode situarse entre os 1.200 e os 2.000€ dependendo “do tipo de cisterna, os enganches dos que dispoña detrás e de se leva brazos para a elevación do inxector ou pola contra vai fixo”, indica.
En cisternas de menos de 10.000 litros non é rendible instalar inxectoresJosé Ángel aclara sen embargo que en boa parte das cisternas que hai en Galicia, sobre todo das que dispoñen as granxas máis pequenas, non é viable a instalación dos inxectores. “En moitas cisternas de 6.000 ou 8.000 litros non é rendible porque se produce unha descompensación de peso atrás”, explica.
O paquete lexislativo de acompañamento da PAC inclúe tres Reais Decretos sobre o uso de fertilizantes, fitosanitarios e antibióticos“O enfoque estratéxico que se persegue é o de combinar medidas regulatorias (sancionadoras) con medidas incentivadoras para axudar a que a agricultura española acade os obxectivos de desenvolvemento sostible”, indica. Datos individualizados de cada explotación O Caderno Dixital de Explotación (CUE), que entrará en vigor en setembro de 2024 para as explotacións de máis de 30 hectáreas de cultivo e un ano máis tarde para as demais, pretende “dispoñer de datos individuais” en relación ao uso destes insumos con respecto a niveis de referencia doutras granxas, da comunidade autónoma ou da media española.
O Caderno Dixital vai permitir dispoñer de datos comparativos de cada granxa“No momento no que exista un mandato de redución obrigatoria por parte dun Regulamento comunitario, o feito de dispoñer de datos individualizados por explotacións permitiranos saber que explotacións terán a obriga de reducir, fronte a outras que xa fixeron este esforzo con anterioridade”, avanza Ignacio. “Tivemos propostas de facer un enfoque incentivador por parte dos ecorrexímenes primando a aquelas explotacións que fixesen un menor uso de fertilizantes ou fitosanitarios; o problema é que sen datos históricos iso non se pode levar a cabo”, aclara. Pero en futuras reformas da PAC ese podería ser o camiño. “As perdas de nutrientes son perdas económicas para o agricultor”
De media en España hai un exceso de 39 kg de nitróxeno e 8 de fósforo por hectáreaAdemais, evidencia, “as perdas de nutrientes son perdas económicas”. “A fertilización é un dos principais gastos para un agricultor, polo que se conseguimos axustar as doses sen que se resinta a produción suporá mellorar os beneficios para o agricultor”, argumenta. “De media en España hai un exceso de 39 kg de nitróxeno e 8 de fósforo por hectárea. Iso supón perder 35€ por hectárea nestes momentos, pero cos prezos dos fertilizantes do verán de 2022 eran máis de 100€”, calcula Marisa. Recomendacións de abonado Esta responsable do Ministerio recoñece que “a Administración necesita dispoñer de datos fiables das explotacións”, pero asegura que “a función principal do Caderno Dixital non é informar á Administración, senón ao propio agricultor, porque o que non se apunta non se controla”, insiste. Para suplir a contratación dun asesor externo por parte das explotacións para a realización dos Plans de Abonado é necesario dispoñer dun programa informático de recomendacións de abonado, que pode estar integrado ou non no Caderno Dixital e debe ser aceptado pola comunidade autónoma.
O programa de cálculo de nutrientes do SIEX empezará a funcionar co nitróxeno e despois pasarase ao fósforoO Ministerio empezará por controlar o uso do nitróxeno antes de pasar ao fósforo. “Os balances de fósforo non son tan sinxelos como os de nitróxeno. Por iso, o programa de cálculo de nutrientes do SIEX empezará co nitróxeno e despois pasarase ao fósforo, pero non temos datas para cando estará dispoñible”, avanza. Producir máis sen molestar ao medio ambiente A responsable ministerial pon o foco nos problemas de carácter ambiental dun exceso de fertilización e nas posibles sancións que iso pode supor. “A Comisión Europea puxo unha demanda contra España polo incumprimento da Directiva Marco da Auga. En materia de contaminación das augas os agricultores non seremos os únicos responsables, pero si que somos culpables en parte”, asegura. Do mesmo xeito, lembra, “estivemos a piques de ter un apercibimento como país por parte da Comisión Europea por superar os niveis e obxectivos fixados para as emisións de amoníaco”.
É necesario mellorar a imaxe que ten a agricultura e a fertilización para a sociedadeA agricultura e gandería en España son responsables do 96,4% das emisións de amoníaco á atmosfera e contribúe ao 11% dos Gases de Efecto Invernadoiro, segundo o Sistema Español de Inventarios do ano 2022. Pero reducir a produción de alimentos non é unha fórmula válida para diminuír as emisións nun contexto mundial de incremento de habitantes e desaparición de superficie cultivable. Segundo a FAO, a terra arable pasará de 0,28 ha/persoa en 1998 a 0,22 en 2030. “A poboación mundial aumenta, pero o chan diminúe, ben por degradación ou porque se usa para outras cousas, polo que temos que ser capaces de producir máis por hectárea, pero sen molestar ao medio ambiente”, defende Marisa.
A designación de zonas vulnerables foi unha das deficiencias do cumprimento da normativa que indicou a Comisión Europea“Hai un problema serio en España coa contaminación por nitratos”, recoñece o responsable do Ministerio, o que obriga a actuar de maneira decidida para reducir eses niveis. A UE presiona nese sentido, asegura. Entre as medidas a adoptar estaría a limitación das doses de abonado e dos períodos de aplicación permitidos, que xa se estableceron en comunidades como Cataluña. En Galicia, sen embargo, non se puxo en marcha aínda ningunha destas medidas, ao non ter sido designada até o de agora ningunha área agrícola como vulnerable, se ben a Limia está pendente dese trámite, que se terá que executar nos próximos meses. Retraso na declaración de zonas vulnerables Nos últimos anos déronse pequenos pasos, aínda que os retrasos acumulados xa derivaron na presentación, por parte da Comisión Europea, dunha demanda contra España por deficiencias na aplicación da normativa comunitaria en materia de control de augas contaminadas por nitratos. O último informe cuatrienal (2016-2019) fíxose público en decembro de 2021 cos resultados da rede de puntos de control e en maio de 2022 publicouse o mapa de identificación das augas que non cumpren cos niveis aceptables de nitratos. En 2024 haberá un novo informe cuatrienal dentro do procedemento periódico de avaliación e seguimento da eficacia das medidas adoptadas. Este traballo de revisión incluirá datos das mostraxes, modificación ou ampliación das zonas vulnerables así como novas designacións respecto ao informe de situación, mapas de augas afectadas por nitratos e eutrofización, plans de actuación para estas zonas, con medidas obrigatorias e preventivas e códigos de boas prácticas para as explotacións.
En 2024 farase público un novo informe cuatrienal cos resultados actualizados da rede de puntos de control“Agora mesmo atopámonos no Estudo de Presións e Impactos (EPI), que daría paso á Declaración de Zonas Vulnerables, que deberían estar definidas e publicadas en maio de 2025”, avanza Javier. Algunhas comunidades autónomas, como a valenciana, ampliaron as súas zonas vulnerables como consecuencia da demanda en curso da UE. Recuperación de áreas contaminadas Unha vez que unha zona deixa de ser vulnerable, porque volve a niveis aceptables, será sometida a un control e seguimento especial e aplicaránselle niveis máis estritos. “Declaramos zona vulnerable con carácter xeral por enriba de 25 mg/l en augas superficiais e 37,5 mg/l en augas subterráneas, pero para saír da Rede Operativa e volver á Rede de Vixiancia esas zonas deberán estar por baixo de 17,5 mg/l en augas superficiais e de 25 mg/l en augas subterráneas”, explica Javier.
Considérase eutrofización en augas continentais cando hai niveis de fósforo total superiores a 35 mg/m3 e clorofila A superior a 8 mg/m3O Ministerio está a traballar neste momento nun estudo de presións agropecuarias, urbanas e outras que poidan considerarse significativas sobre os impactos rexistrados nas augas dirixido a determinar a contribución de cada sector de actividade á contaminación das augas nas zonas sensibles e vulnerables. Este Estudo de Presións e Impactos será realizado cuatrienalmente pola Dirección Xeral da Auga do Ministerio de Transición Ecolóxica en coordinación coas comunidades autónomas. “Temos un complexo administrativo importante para a aplicación do Real Decreto, no que entran as comunidades autónomas, e non coñecemos realmente onde nos imos atopar as dificultades de aplicación. É un Real Decreto especialmente complexo, tanto polo contido como polo contexto no que se move”, admite Javier.
O Goberno xustifica que a nova norma “forma parte dos compromisos de España coa sustentabilidade das producións gandeiras”A adopción deste Real Decreto forma parte das reformas contempladas no Compoñente 3 (Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que xestiona o Ministerio de Agricultura logo do establecemento de fondos post-covid por parte da UE. Entre os datos a achegar ao novo rexistro de emisións, as explotacións deberán indicar a aplicación das mellores técnicas dispoñibles para a súa redución, en consonancia coas obrigas establecidas nos reais decretos de ordenación gandeira. A nova norma realiza tamén unha adaptación nos reais decretos de ordenación porcina e aviaria, xa aprobados, para incluír unha referencia a este novo real decreto. Sistema ECOGAN, de adhesión voluntaria por parte das autonomías Para facilitar esta tarefa, o Ministerio de Agricultura pon ao dispor dos gandeiros a ferramenta ECOGAN, un sistema informatizado de intercambio de información, cuxa adhesión por parte das comunidades autónomas é voluntaria. No caso de Galicia, a Xunta xa se adheriu e a Consellería do Medio Rural será a responsable da toma de datos.
A ferramenta está dispoñible de momento unicamente para granxas de porcinoECOGAN permitirá coñecer o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles nas granxas españolas, e posibilitará que o efecto da redución de emisións, derivado da aplicación destas técnicas, se reflicta nos informes que anualmente publica o Sistema Español de Inventario (SEI), con validez comunitaria e internacional. Pendente a aprobación da ordenación de granxas leiteiras Este sistema informatizado permite estimar as emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro e o consumo de recursos dunha granxa concreta ao longo do proceso produtivo. Actualmente esta ferramenta está dispoñible unicamente para a especie porcina, onde tamén hai establecidas recomendacións a seguir por parte das granxas para a redución de emisións, e o Ministerio avanza que “o resto de especies gandeiras iranse incorporando a medida que se implemente a correspondente normativa de ordenación”. No caso do sector vacún de leite, o Real Decreto atópase en tramitación nestes momentos.
No caso das granxas de porcos, a declaración de emisións será anual e estará realizada antes do 1 de marzoA notificación de MTDs ao Rexistro Xeral levarase a cabo segundo a periodicidade establecida na normativa de ordenación de cada sector gandeiro. No caso do sector porcino, o artigo 16.2 do Real Decreto 306/2020 establece que o titular da explotación deberá realizar unha declaración con carácter anual, antes do 1 de marzo de cada ano, das Mellores Técnicas Dispoñibles aplicadas na súa explotación durante o ano anterior.
“O mercado esixirá unha certificación de impacto medioambiental dos produtos; Lidl ou Aldi comunicaron que comezarán a traballar con isto cara a finais deste ano” (Xoán Rodríguez)
“O sistema de produción de leite é complexo para calcular a súa pegada de CO2 porque hai emisions pero tamén fixación de carbono”¿Que carencias detectades nos distintos sistemas de cálculo das emisións de gases contaminantes no sector gandeiro,e no vacún de leite en concreto? Máis que carencias eu falaría de incertezas, a xente quere rapidez e exactitude e a ciencia require tempo, hai moitas incertezas aínda por resolver. O sistema de produción de leite é complexo por definición, hai entradas e saídas e como en todos os sistemas agrícolas hai factores que suman e outros que restan. Isto non ocorre nos cálculos de emisión de por exemplo, unha central térmica onde non hai ningún tipo de fixación de CO2. Os modelos que circulan arestora para o cálculo da pegada de CO2 en gran medida obedecen aos intereses dos sistemas de produción maioritarios na área de procedencia. Pero hai avances e o proxecto vai na liña de consolidalos e procurar marcadores fáciles para poder achar pegadas de carbono nas granxas de leite de xeito sinxelo, obxectivo e rápido. Neste sentido, un dos obxectivos do proxecto é a construción dun método automático de medida e certificación de créditos-carbono nas explotacións de leite. Explícanos en que consistiría.... Como comprenderedes non podo por adiantar o que está por facer, pero si que podo dar a miña opinión sobre o que creo que pode ser. A idea é crear marcadores para que unha vez cheguemos a unha granxa, e en función do que indiquen estes, poder saber a intensidade de emisións das mesmas. Un exemplo moi fácil de entender é o censo e os partos de xovencas: canto máis número de animais e cantos máis partos de xovencas teña (taxa de reposición) máis emisións vou ter para unha produción de leite dada. Estes datos a día de hoxe están rexistrados e serían de moi doada consulta. Os tipos de cultivos, as cantidades de adubos, a capacidade e tipo de foxa de xurro, os quilos e composición de concentrados.....todos estes factores son doadamente medibles e teñen todos impacto directo na pegada de CO2. O sumatorio destes factores dará lugar a un índice que será o que me dirá se unha granxa está na media, por riba ou por baixo da emisión obxectivo. A partir de aí ven a decisión política de penalizar aqueles que o fan mal ou primar aos que o fan ben. ¿Os famosos peidos das vacas son un dos principais causantes do cambio climático? ¿Que hai de certo nisto? Só o 5% das emisións entéricas das vacas son pola parte traseira sendo o 95% vía boca en forma de arrotos. A simplificación das cousas lévanos a escenarios as veces un tanto esperpénticos. As vacas emiten metano porque teñen unha característica que é que son capaces de transformar as celulosas e hemicelulosas, non dixeribles polos humanos, en proteína e enerxía de alto valor alimenticio. A produción de alimentos é inherente á propia vida humana, algo que parece obvio pero coido que ás veces se esquece que comemos todos (os humanos) todos os días. Temos que producir alimentos, temos que mellorar os sistemas e que sexan máis eficiente e así producirán menos CO2, pero temos que producir alimentos para seguir vivindo. Non podemos borrar a agricultura e gandería da faz da terra. Somos o triplo de habitantes que hai 50 anos. Temos como sociedade ser menos hipócritas e cambiar hábitos de consumo, pero non só na comida, senón tamén no consumo de roupa, viaxes, electrónica e un longo etcétera que está na mente de todos.
“As granxas galegas teñen un nivel de emisións medio e pódese mellorar reducindo o emprego de concentrado, e facendo que as vacas coman máis herba e duren máis anos”O obxectivo final do proxecto é conseguir a neutralidade climática das explotacións leiteiras europeas, en liña coa folla de ruta da UE no horizonte 2050. ¿Cales son os principais factores que inciden en que unha granxa tenda a ser climáticamente neutral? Isto non deixa de ser un suma resta, entón o que hai que facer é emitir menos e estocar máis. Menos emisión implica ser máis eficientes e almacenar máis e podemos dicir que vai acorde co tipo de uso do solo que facemos. É dicir, canta máis pradeira permanente teñamos máis CO2 almacenaremos. Moi simplificado é o que podo dicir. A grosso modo, como estimas que é a situación das granxa de vacún de leite galegas en canto a emisións de Gases de Efecto Invernadoiro? En xeral direi que nun grupo de análise a nivel europeo estamos nunha zona media, pero temos que reverter tendencias. Somos moi vulnerable aos factores de emisión que se lle poña aos concentrados, amañar isto é cuestión de ter menor dependencia de concentrado. Necesitamos máis terra, facer que as vacas consuman máis herba e ir a granxas nas que os índices de reposición sexan menores.
Maior optimización produtiva e un rumen máis eficiente permiten reducir as emisións de metano entéricoOs avances no campo da xenómica e a mellora xenética, que abren a vía á selección non só por aspectos meramente produtivos senón tamén de eficiencia ambiental (emisións por quilo de carne ou leite producida), introducen un campo aínda incipiente pero prometedor en canto ao seu potencial para mitigar de forma considerable os gases de efecto invernadoiro imputados á produción gandeira.
As avaliacións xenéticas de caracteres relacionados coas emisións xa están dispoñibles, aínda que polo de agora estes datos raramente figuran nos programas de mellora xenéticaUtilizar animais con alto valor xenético (tanto femias como machos) axuda a mellorar a produtividade pero tamén pode contribuír a diminuír as emisións se un dos valores de selección que se teñen en conta é o da súa eficiencia na conversión, o que equivale a unha menor inxesta de alimento por quilo de carne ou de leite producido. As avaliacións xenéticas para algúns caracteres relacionados coas emisións xa están dispoñibles, aínda que estes datos non figuran por agora de forma xeneralizada nos programas de mellora xenética.
Seleccionar animais máis fértiles reduce os períodos improdutivos, do mesmo xeito que lograr un maior crecemento comporta menor tempo e, por tanto, redución de emisiónsOutro dos aspectos relacionados coa mellora da eficiencia produtiva tería que ver coa redución dos períodos improductivos dos animais, en aspectos como aceleración do crecemento da recría ou redución do intervalo entre partos. Mellorar o benestar As melloras no benestar animal contribúen a incrementar a produtividade e reducen a intensidade das emisións. A diminución da tensión do gando, avances na súa confortabilidade, mellora da súa saúde e lonxevidade, redución de enfermidades e mortinatalidade das crías son estratexias beneficiosas desde o punto de vista tanto produtivo como de descenso de emisións.
As enfermidades do gando teñen un potente efecto de incremento da intensidade das emisiónsCon todo, algúns aspectos relacionados co benestar animal, como é o caso do pastoreo, pode, en determinadas circunstancias, se non está xestionado adecuadamente, estar ligado a un aumento de emisións, especialmente de óxido nitroso. Ademais, se a densidade nos sistemas de pastoreo alcanza un determinado limiar (que variará co tipo de ecosistema de pasto) pódese exceder a capacidade dos pastos para operar como sumidoiro de carbono e provocar o efecto contrario. Estratexias de aloxamento
O aumento da densidade pode comprometer o benestar, debido ao incremento da competencia e tensión socialDoutra banda, un acceso ao pasto restrinxido (confinamento) diminúe a proporción de enerxía para o mantemento. Ademais, o confinamento permite capturar excretas o cal, en termos xerais, diminúe as emisións de óxido nitroso. Aumento da lonxevidade Aumentar a vida útil das femias reprodutoras axuda a reducir o número de animais de reposición necesarios. Os animais de reposición consomen recursos e emiten gases de efecto invernadoiro durante o seu período non produtivo, facendo que aumenten así as emisións do rabaño.
Os animais de reposición consomen recursos e emiten gases de efecto invernadoiro durante o seu período non produtivoMellora da fertilidade Aumentar a fertilidade das femias reprodutoras axuda a reducir o número de vacas nodriza no rabaño para ter unha determinada produción. Os animais improductivos que non paren no seu tempo consomen recursos e emiten gases de efecto invernadoiro durante o seu período non produtivo, facendo que aumenten así as emisións do rabaño.
Os animais improductivos cunsumen recursos e xeran metano e estercoMellora da saúde Un rabaño que goce de boa saúde maximiza a súa capacidade produtiva optimizando os recursos e diminuíndo os refugallos. Os problemas de saúde tales como enfermidades, pero tamén lesións, provocan que se necesiten máis animais para producir a mesma cantidade de produto. A mellora da saúde permite unha mellora da eficiencia produtiva do rabaño, de modo que se pode producir máis alimento con menos animais.
Un peor estado físico e de saúde do gando produce unha menor inxesta de alimento e maiores requirimentos de enerxía para o mantementoUn peor estado físico e de saúde do gando produce unha menor inxesta de alimento, unha redución na capacidade de dixerir os alimentos e maiores requirimentos de enerxía para o mantemento. Pola contra, as melloras na saúde dos animais tamén melloran os resultados produtivos, o que se traduce nunha maior eficiencia no uso dos recursos. Ademais, unha mellor saúde reduce a taxa de reposición por eliminación involuntaria, por tanto, esténdese a vida produtiva media do rabaño.
A redución pode chegar ata o 30-40%, expresada por quilogramo de materia seca inxerida, pero a súa utilización en doses elevadas reduce a inxesta do animalOs aceites esenciais posúen un efecto antimicrobiano, antioxidante e melloran a absorción de nutrintes e o índice de conversión. O modo de acción dos taninos consiste en evitar a degradación da proteína a nivel ruminal e posteriormente favorecendo a súa liberación no intestino. As saponinas posúen un efecto anti-protozoario como principal modo de acción. Froito diso reducen as emisións de metano en torno ao 6%, aínda que as bacterias ruminais desenvolven a habilidade para inactivar as saponinas tras un período de tratamento superior a 2-3 semanas. Na súa maioría estes suplementos non adoitan reducir as emisións de metano per se pero en moitos casos incrementan a produtividade e a eficiencia do rabaño; por tanto, a intensidade das emisións (por unidade de produto) vense reducidas. Hai moitos produtos xa no mercado (como é o caso de extractos de plantas) pero ningún está rexistrado oficialmente, ata a data, como aditivo zootécnico para reducir as emisións. O custo dos compostos é outro escollo para a súa utilización. Aditivos que optimizan a función ruminal Trátase do emprego de compostos (extractos de plantas fundamentalmente) que exercen un efecto modulatorio sobre a microbiota ruminal, de maneira que o perfil de fermentación anaerobia favorece a produción de propionato a expensas da de acetato.
A produción de propionato consome H2 mentres que a de acetato xérao, de aí o efecto redutor da produción de CH4Dentro dos aditivos para optimizar a función ruminal tamén estarían incluídos os probióticos. O máis utilizado en animais adultos para modular a función ruminal é o fermento (Saccharomyces cerevisiae). O seu principal modo de acción consiste en consumir osíxeno ruminal e favorecer un ambiente anaerobio estrito. O fermento non adoita reducir as emisións de metano. A vantaxe desta estratexia nutricional radica en que favorece a degradación da fibra e incrementa o pH ruminal, permitindo así evitar procesos de acidosis ruminal e a consecuente baixada nos índices de conversión. Moitos destes aditivos (como os fermentos ou os aceites esenciais) adóitanse utilizar de forma habitual nos pensos comerciais de animais de alta produción (caso das vacas leiteiras) debido a que melloran a produtividade e preveñen acidosis. A súa aplicación en tenreiros de cebo podería ser tamén rendible.
Esta estratexia ten por obxectivo acelerar o desenvolvemento anatómico, microbiolóxico e funcional do rumen para que o animal aproveite de forma eficiente, canto antes, o alimento sólidoNo caso de tenreiros mamóns procedentes de explotacións de leite, ao carecer de contacto con animais adultos o desenvolvemento do rumen atrásase pero se se consegue modular a microbiota ruminal nas primeiras semanas de vida, esta permanecerá no animal adulto, permitindo minimizar a tensión e retardación de crecemento durante o destete e mellorar os seus niveis produtivos. As estratexias a empregar incluirían aditivos fitoxénicos, probióticos ou cambios na alimentación e estarían especialmente indicadas para animais separados da nai tralo parto e criados con leite artificial.
“A Fundación Arume pretende ser unha xanela privilexiada para encauzar as inversións das empresas para compensar as emisións”: José Carballo, presidente da entidadeCarballo tamén apostou neste foro especializado por converter Galicia na primeira eurorrexión descarbonizada.
Nos últimos 6 anos, os montes incluídos nos proxectos de mitigación de emisións permitiron compensar máis de 6.000 toneladas de CO2Neste marco, impúlsanse proxectos de rexeneración forestal en zonas afectadas por incendios forestais ou en espazos sen masas boscosas nos últimos 30 anos. Son plantacións cunha superficie mínima dunha hectárea e onde debe haber un compromiso por 30 anos e unha xestión activa do espazo. Mediante estes montes, que inclúen diversas especies, formalizáronse 128 compensacións, o que supuxo unhas 6.094 toneladas de CO2 compensadas. Actualmente, contabilízanse 60 proxectos de absorción, que implican 175.000 toneladas de CO2 equivalente no período de permanencia que estableceron estas iniciativas e que comprenden unhas 818 hectáreas. “Cada vez estamos recibindo proxectos de rexeneración de maior tamaño”, concreta a experta. Galicia atópase como sexta comunidade autónoma, con 47 hectáreas de monte dentro dos 6 proxectos activos para a compensación de emisións. O esforzo por reducir a pegada de carbono e a colaboración directa co sector forestal tamén está a ser un dos eixos de traballo de entidades agrarias galegas como a cooperativa Clun. “Pese a ser dous motores do rural, durante anos estiveron moi afastados, e cómpre pór en valor a axuda que pode ofrecer o sector forestal a sectores como o do leite”, apunta Sabela Oca, responsable de Innovación, Calidade e Seguridade Alimentaria de Clun. De man da Fundación Arume, Clun proxecta un acordo para a recuperación de montes queimados, compensando así as emisións de carbono que produce nas súas industrias. Os esforzos por reducir as emisións na cooperativa comezaron xa no 2016, cando mediron a súa pegada de carbono e puxeron en marcha o proxecto de control da alimentación do gando, cunha ración que simula o pasto de primavera, co que lograron unha redución de emisións do 22%, e coa que obteñen o seu leite Unicla.
“A bioeconomía é posible e o sector forestal é clave para acadala”: Eduardo Rojas, presidente Colexio Oficial de Enxeñeiros de MontesEduardo Rojas, presidente decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes, reivindica que “os bosques pasaron a ter unha aportación substancial ou estratéxica en políticas e plans europeos como os Obxectivos de Desenvolvementos do Milenio”. Deste xeito, a bioeconomía e a xestión dos montes convértense nunha “oportunidade de ouro” para xerar importantes beneficios económicos, medioambientais e sociais. Rojas, que exerce tamén como coordinador da Plataforma Juntos por los Bosques, incide na contribución dos bosques na mitigación de emisións contaminantes, tanto de xeito permanente, mediante o stock forestal; como temporal, co uso da madeira en sectores claves ou coa substitución de elementos máis contaminantes xa iniciada en ámbitos como a construción, o téxtil ou a automoción. Retos como a obtención de enerxía e materias primas sostibles, o reequilibrio territorial e demográfico ou a loita contra o cambio climático teñen no sector forestal un aliado. “A bioeconomía é posible e o sector forestal é clave para acadala. En Galicia xa comezastes este camiño”, apunta o experto.
A Xunta centra esforzos en iniciativas como a creación de polígonos cortalumes, coa creación da marca Cortalumes, ou as agrupacións de xestión conxuntaGonzález ve tamén unha oportunidade para o sector forestal na agrupación de xestión conxunta, unha ferramenta xa en funcionamento, con experiencias sobre todo na provincia de Lugo. Ademais, proxectos como o da viscosa sostible, co que estiman unha creación de 1.000 postos de traballo na súa construción e outros 7.000 empregos unha vez estea en funcionamento, é outra das liñas nas que está a traballar a Consellería para o impulso do sector forestal. Valoracións de Abanca Pola súa banda, dende a entidade financieira, organizadora do acto, tamén incidiron no potencial do sector forestal galego nos retos que se presentan nas novas normativas europeas. Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca, fixo un chamamento a aproveitar “as oportunidades derivadas do xiro cara á economía verde, que nos encamiña cara unha redución das emisións e o uso de recursos renovables, xusto o que a madeira pode ofrecer”. O conselleiro delegado apuntou as cifras do sector forestal, cun volume de negocio de 300 millóns de euros. No que vai de ano, Abanca concedeu financiación ó sector forestal por importe de 62,7 millóns de euros, un 36,9% máis que no 2019, nos que se inclúen 3.000 clientes, a maioría en Galicia, vinculados a distintas actividades da cadea de valor da madeira. O conselleiro delegado destacou a colaboración entre todos os integrantes da cadea de valor para conseguir que o sector sega medrando. Nesta mesma colaboración encadrou iniciativas como a participación na Fundación Arume ou outras iniciativas impulsadas dende áreas como a banca sectorial Abanca Agro.
Metano, amoníaco ou nitratos son termos que estarán no día a día dos gandeiros nos próximos anosAínda que frear o quecemento global é unha necesidade humana a nivel planetario que afecta a todos os sectores económicos, desde distintos ámbitos e de maneira interesada focalizouse sobre a gandería a lupa das emisións de gases de efecto invernadoiro, unha mensaxe que calou mesmo nas elites gobernantes, de forma que as normativas europeas e estatais poñen xa o acento sobre a diminución de emisións, ao mesmo nivel que sobre os aspectos nutricionais dos alimentos, en documentos como a Estratexia da Granxa á Mesa, presentada o pasado mes de maio, en plena pandemia sanitaria, pola Comisión Europea. Metano, amoníaco ou nitratos son termos que estarán no día a día dos gandeiros nos próximos anos. A pesar de que os últimos datos do inventario do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico feitos públicos o pasado marzo, atribúenlle ao sector da carne de vacún tan só o 3,6% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro en España, o sector vacún está obrigado a reducir, por exemplo, as súas emisións de amoníaco un 40% na próxima década, segundo o listón legal colocado polo Goberno español no Plan de Proxeccións de Emisións de Gases Contaminantes á Atmosfera.
Aínda que están pensadas para explotacións de carne, moitas das medidas son tamén aplicables a ganderías de leiteTrátase dun obxectivo que non é doado de lograr e para o que ata o de agora non existía un documento de referencia, de carácter práctico, con medidas a aplicar nas explotacións. A través deste Código de Boas Prácticas que acaba de ser presentado, as explotacións contarán cunha ferramenta de base científica para saber que facer en cada caso, en función das características particulares de cada gandería, e os seus efectos.
As cubertas estancas permiten a recuperación de biogás e reducen as perdas de nutrintes do xurro, aumentando a súa capacidade fertilizadoraAdemais, ao reducirse as emisións de óxido nitroso (N2O), a súa capacidade como fertilizante increméntase ao aumentar o contido en nitróxeno do xurro, permitindo así reducir o uso de fertilizantes sintéticos.
A costra evita o contacto do xurro coa atmosfera e reduce as emisións de amoníaco ata nun 60% na fase de almacenamentoAdemais da redución de emisións de amoníaco, o metano pode verse tamén disminuído pola creación de zonas aeróbicas nos primeiros centímetros da superficie, onde o CH4 se converte en CO2 pola acción das bacterias metanotróficas.
Ao reducirse significativamente as perdas de nitróxeno en forma de amoníaco, a capacidade fertilizante do xurro vese incrementadaAo reducirse significativamente as perdas de nitróxeno en forma de amoníaco, a capacidade fertilizante do xurro vese incrementada, pero este feito obriga a optimizar a aplicación en campo para minimizar as perdas de amoníaco e óxido nitroso. Aplicación de xurro mediante tubos colgantes Consiste na aplicación localizada dos xurros mediante tubaxes que o depositan na superficie do chan. Trátase dunha técnica deseñada para reducir as emisións de amoníaco, e, por conseguinte, as emisións indirectas de óxido nitroso, e é unha das opcións permitidas para a aplicación do xurro trala restrición das aplicacións en abanico.
Destinado principalmente ao abonado de praderías, ao evitar emisións e perdas de nutrintes asociadas ao esparexemento mediante sistema de prato, permite aproveitar mellor a capacidade fertilizante do xurroO obxectivo desta técnica é reducir a superficie de xurro en contacto coa atmosfera. É aplicable principalmente en cultivos herbáceos en fases iniciais de crecemento e a súa principal vantaxe é ser un sistema pouco intrusivo co cultivo.
En comparación co método de tubos colgantes, é unha técnica que reduce máis as emisións de amoníaco, pero ten un maior custo enerxético e de desgaste de maquinaria, existindo dificultades para aplicala en chans pesados de textura arxilosaExisten dificultades ao realizar inxección de xurro en chans pesados de textura arxilosa pola súa menor permeabilidade e facilidade de encharcamiento, dado que a humidade do terreo é un factor que favorece as emisións. En comparación co método de tubos colgantes, é unha técnica que reduce máis as emisións de amoníaco, pero ten un maior custo enerxético e de desgaste de maquinaria.
A separación do xurro e a xestión diferenciada da parte sólida e líquida permite realizar un uso agronómico máis eficientePara ser máis efectiva, a separación ha de facerse canto antes, preferiblemente sobre xurro recentemente excretado ou que leve pouco tempo almacenado. Do mesmo xeito, para evitar a emisións secundarias de amoníaco deben usarse técnicas como a aplicación e enterrado rápido da fracción líquida resultante. Compostaxe A compostaxe é un tratamento aeróbico que se aplica sobre o esterco ou sobre a fracción sólida do xurro que permite lograr un abono orgánico estabilizado en termos de nitróxeno, cunha maior concentración de nutrintes (elevada concentración de nitróxeno de liberación lenta), diminución de patóxenos e redución de cheiros.
Compostar aumenta o valor fertilizante do esterco e reduce á metade as emisións de metanoRespecto a un almacenamento estándar do esterco, este sistema reduce á metade as emisións de metano e trala aplicación en campo o compost aminora de maneira significativa as emisións de óxido nitroso, compensando as emisións acumuladas durante o proceso de compostaxe.
Ao tratarse dun abono estabilizado con elevada concentración de nitróxeno de liberación lenta, as emisións de amoníaco en campo redúcense significativamente ata compensar as que se producen no proceso de compostaxeA compostaxe relaciónase co aumento das emisións de amoníaco debido á mineralización do nitróxeno orgánico durante o proceso. Estas emisións poden supoñer ata un 45% do contido inicial do nitróxeno incluído no esterco. Estas emisións nitroxenadas poden reducirse cubrindo a pila para compostar para limitar a transferencia ao aire, evitando un excesivo número de volteos no proceso e mediante a compactación do montón de esterco.
As plantas de biogás reducen en gran medida a emisión de metano procedente do xurro, non así a carga de nitróxeno e as emisións de amoníaco nos efluentes digestadosÉ importante someter o xurro a este proceso de dixestión anaeróbica canto antes para evitar emisións de metano anteriores que diminúan o seu potencial na planta de biogás. O habitual é utilizar a co-dixestión con outros substratos, idealmente de dispoñibilidade local, que complementan o potencial dos xurros para xerar biogás. Aínda que é unha tecnoloxía madura e dispoñible no mercado, a clave da súa viabilidade económica depende do valor da enerxía obtida. En España é, a día de hoxe, unha técnica pouco viable polo seu elevado custo e as limitadas primas existentes actualmente a este tipo de enerxía, polo que o investimento necesario só é asumible por granxas ou agrupacións de certo tamaño. Uso de adhitivos inhibidores da nitrificación Os procesos microbiolóxicos polos que se produce óxido nitroso pódense modificar grazas ao uso de aditivos químicos. Existen dous tipos de aditivos inhibidores: • Inhibidores da nitrificación: que inhiben a oxidación de amonio (NH4+) a nitrato (NO3-). Os animais que reciben estes inhibidores co alimento excretáno sen alterar os ouriños, polo que poden exercer a súa función sobre as excretas. • Inhibidores da ureasa: impiden o paso de urea a amonio, polo que presentan gran potencial para reducir as perdas de amoníaco por volatilización. Estes inhibidores téñense aplicado tanto ao chan como ao esterco almacenado. Os inhibidores da ureasa reducen a volatilización de amoníaco, xa que este non chega a formarse e, por tanto, tamén as de óxido nitroso, ao ser o amoníaco un precursor deste.
O uso de inhibidores da nitrificación reduce as emisións de óxido nitroso asociadas aos ouriños en máis dun 60% e pode aumentar a produción de pastos cando se utilizan con animais en pastoreoOs inhibidores da nitrificación reducen de forma directa a emisión de amoníaco, pero poden aumentar o amonio dispoñible no chan, polo que provocaría un aumento das volatilizacións deste gas a longo prazo.
Retirar polo menos unha vez ao mes o esterco das camas evitaría a emisión de óxido nitroso e metanoAínda que as emisións do esterco sólido son relativamente baixas, a súa retirada frecuente reduce a xeración de metano, ao diminuír as condicións anaeróbicas necesarias, así como de óxido nitroso, xa que estas redúcense pola menor cantidade de substrato orgánico dispoñible. Con todo, o problema destas emisións non desaparece, senón que se traslada aos estercoleiros, onde poden continuar se non se fai un adecuado manexo do esterco almacenado. Almacenamento de esterco sólido É recomendable o amontoado do esterco sobre unha superficie de formigón ou dun chan compacto e impermeable. En ambos casos, é convinte recoller as drenaxes mediante un canalización, para o seu almacenamento nun depósito específico, xa que recoller estes lixiviados reduce o risco de contaminación de acuíferos.
Protexer os estercoleiros cunha cuberta para impedir a acción directa do sol, ben sexa introducíndoos dentro dun alpendre ou cubrindo a superficie do esterco, reduce as emisións de amonio (NH4)Débese cubrir o estercoleiro cunha cuberta, con independencia da recomendación de cubrir tamén o propio esterco con palla ou cun plástico flexible para evitar o contacto directo co aire. A redución das emisións de gases producirase como consecuencia de impedir o contacto directo entre o esterco e o aire, que é o lugar o que se produce a liberación de metano (CH4). Dita emisión diminúe substancialmente por baixo dos 10ºC de temperatura ambiental e aumenta por enriba dos 25ºC.
A emisión de metano, que se produce en contacto co aire, diminúe por baixo de 10ºC e aumenta substancialmente por enriba dos 25ºCRealizáronse estudos sobre o impacto de distintas medidas de manexo do esterco e as porcentaxes de redución de emisións que se conseguen: cando se mantén o esterco sobre un chan impermeable, e cun sistema de drenaxe, a porcentaxe de redución de emisións oscila entre un 0 e un 3%; se cubrimos o esterco con palla ou cun plástico, estabilizado fronte á radiación ultravioleta, a porcentaxe de redución valorouse entre 2 e 5%. Todas estas medidas contribúen tamén a aumentar o valor fertilizante do esterco.
O esterco debe enterrarse ou mesturarse coa terra no momento da súa aplicación ou nas 4 horas seguintesOutras precaucións na aplicación do esterco son: • Non aplicalo en chans húmidos, ou en momentos de risco de choiva, nos que se facilita a liberación de óxido nitroso. O mesmo ocorre se se aplica en lugares asolagados, nevados ou xeados. • Analizar as características do terreo no que se vai a aplicar, especialmente se hai pendentes ou proximidade a leitos de auga, mananciais ou pozos, para previr que se produzan escorrentías ou arrastres. • Aplicar o esterco cando o requiran os cultivos e na dose apropiada.
Impórtase o 13% de trigo, o 50% de millo e o 100% da soia utilizados na fabricación de pensosAos portos españois chegan anualmente catro millóns de toneladas de soia procedentes de países como Brasil, Arxentina ou EEUU (delas 750.000 toneladas desembarcan nos portos galegos da Coruña, Marín e Vilagarcía). As importacións supoñen o 100% da soia utilizada na produción de pensos (en España, onde as condicións climáticas non son adecuadas para este cutivo, só se producen 3.200 toneladas en comunidades como Castela e León, Castela A Mancha e Estremadura, destinadas na súa totalidade a fabricación de bebidas de soia). O peso da avicultura e o sector porcino No global de pensos en España as oleaxinosas representan, dependendo da especie, entre o 15 e o 18%. O porcino e a avicultura teñen maiores necesidades proteicas que os ruminantes, polo que a importancia destes sectores (España exporta por exemplo o 52% do porcino que produce, que vai para países europeos como Francia ou países extracomunitarios como China) equivale a maior consumo e, por tanto, tamén maior importación de soia. A produción anual de pensos en España pasou de 31,3 millóns de toneladas en 2015 aos 37,4 millóns de 2019, dos que o 10% (3,1 millóns) prodúcense en Galicia. Do total, 11,5 millóns destínanse a gando porcino (o 72% a cebo) e 4,5 millóns a aves (48% a avicultura de carne).
España é o primeiro produtor de pensos da UE e está entre os 10 principais fabricantes mundiais"Antes usábanse máis as leguminosas, cando a produción non era tan intensiva, pero na actualidade canto máis penso se produce máis soia se consume. Houbo un período de tempo no que non se traballaba con tanta proteína, pero foise incementando por efecto da competencia, pero non todo o que aparece etiquetado con máis proteína necesariamente é mellor. Na formulación habería que preguntarse se os niveis mínimos cos que estamos a traballar realmente non se poden reducir", afirma María Victoria. Os beneficios de reducir proteína No seminario online organizado por Cesfac participaron tamén responsables de formulación de varias empresas fabricantes de pensos, como Eugenio Cegarra, de De Heus, ou Braulio De la Calle, de Coren, que recolleron a luva lanzada pola representante do Ministerio.
En porcos de máis de 70 quilos sería posible facer unha fórmula sen soia sen maiores incrementos de custos, substituíndoa por colza (Eugenio Cegarra, De Heus)"A soia considerámola estratéxica porque ten unha alta dixestibilidade e dispoñibilidade e un gran contido en aminoácidos, polo que é unha materia prima indispensable, pero en porcos de máis de 70 quilos sería posible facer unha fórmula sen soia sen maiores incrementos de custos, outra cousa é en porcos de 20 ou 25 quilos ou en penso para acabado de polos. O penso de acabado de porcos ten xa pouca soia e se lla sacas de todo non pasaría nada. Poderíase substituír por colza, de feito, xa está a entrar colza francesa, canadense ou polaca", respondeu Eugenio.
A redución de proteína ten efectos beneficiosos na saúde dos animais, logrando diminuír as emisións sen afectar o crecementoO director de formulación de De Heus destacou os efectos beneficiosos que tería minorar as porcentaxes de soia nalgúns pensos. "Coa redución da proteína en pitos ou porcos reducimos as emisións sen afectar ao crecemento e evitamos problemas sanitarios, xa que o exceso de proteína nestes animais xera unha serie de graxas e substancias tóxicas que poden dar lugar a enfermidades e problemas diarreicos polos efectos da proteína sobre a microbiota e a saúde intestinal. A redución da proteína non só ten un efecto sobre a sustentabilidade, senón que ten outras vantaxes que se logran sen prexudicar os parámetros produtivos dos animais.", afirmou. Nutrición de precisión
O Real Decreto 306/2020 sobre normas básicas de ordenación das granxas procinas intensivas establece a necesidade de reducir o contido de proteína bruta e unha alimentación multifase que se adapte aos requisitos nutricionais segundo a etapa de crecemento"Baixar un punto a proteína bruta na formulación de pensos para porcos equivalería a aforrar un 3% de fariña de soia, é dicir, 119.000 hectáreas de superficie de cultivo", aclarou. Eugenio defendeu o que cualificou de "nutrición de precisión", adaptando máis os pensos a cada unha das fases de crecemento dos animais. "Hai que axustar a alimentación ao ciclo produtivo e nivel de crecemento e modificar con rapidez as matrices de formulación e adecualas ás materias primas dispoñibles en cada momento mediante analíticas do seu valor nutricional", indicou. Dentro deste concepto de nutrición de precisión incluíu o sistema de alimentación en explotacións leiteiras con muxido robotizado, xa que o robot suplementa o concentrado incluído na ración en función da produción de cada animal. "Cando se usa só ración con carro unifeed en pesebre dáselle o mesmo penso a unha vaca próxima ao secado que produce 20 litros que a outra que está no pico de lactación con 40 litros", evidenciou. O papel dos aminoácidos en ruminantes Eugenio lembrou que "un estudo realizado hai uns anos polo CIAM concluía que para vacas de 30 litros poderíanse facer racións sen torta de soia sen afectar significativamente a parámetros produtivos", mentres, pola súa banda, Braulio aclarou que "o polo é unha máquina de eficacia de conversión de enerxía fronte á vaca" pero, aínda así, asegurou que "é posible formular para vacas de produción de 14.000 litros de leite sen un gramo de soia", dixo.
É perfectamente factible formular para vacas de alta produción de leite sen un gramo de soia (Braulio Da Rúa, Coren)En opinión do director de formulación para ruminantes, tanto de leite como de carne, da cooperativa ourensá Coren, "os aminoácidos son neste momento a pedra angular da formulación para poder baixar os niveis de proteína e de nitróxeno expulsado". Poderíase facer penso con menores niveis de proteína en base á utilización destes aditivos, dixo, xa que "mediante a formulación con aminoácidos reducindo a proteína bruta na ración podemos manter a produción leiteira e mellorar a eficiencia de nitróxeno, con efectos positivos en aspectos engadidos como a fertilidade", asegurou, aínda que para iso sexa necesario suplementar determinados aminoácidos porque, por exemplo, "en vacas de leite se eliminamos a soia temos que subir moito a lisina; doutro xeito teremos perdas de leite por non cubrir os niveis de aminoácidos necesarios", advertiu. Tamén defendeu que "hai que afacerse a mirar a pegada de carbono que teñen os pensos" e a empezar a facer a selección dos animais nunha granxa en función do seu grao de eficiencia, medida no caso de gando vacún, como gramos de metano por litro de leite ou quilo de carne producido, xa que, insistiu, "a xenética explica entre un 8 e un 14% das emisións de CH4". O enorme potencial das algas
En Guadalaxara non van alimentar con alga, pero en Galicia si. Achegan altos niveis de proteína a uns custos asumibles; o problema é a variabilidadeAs especies máis interesantes para o seu aproveitamento en alimentación animal serían: Alaria esculenta, Lamirnaria digitata, Pelvetia canaliculata, Cladaphora rupestris, Ulva sp., Mastocarpus stallatus, Porphyra so. e Manifesta palmata. O seu contido en proteínas é variable: algas vermellas entre o 30 e o 40%, verdes sobre o 20% e marróns en torno ao 8%. Destacou tamén a lentella de auga (Lemna minor), unha especie exótica que non está regulada lexislativamente e que pode alcalzar un 30% de contido en proteína, e as microalgas, que para piscifactorías xa está moi avanzado pero "para vacún aínda vai tardar bastante polo tema de custos", asegurou. As microalgas son un grupo heteroxéneo de microorganismos que sería posible cultivar en tanques e que no caso de especies como a Spirulina platensis pode alcalzar valores de entre o 60 e o 70% de proteína bruna. A principal vantaxe das microalgas radica no seu perfil de aminoácidos, xa que nalgunhas das especies estudadas é comparable ás mellores fontes de proteínas tradicionais. Produtos estacionais Todos os participantes no webinar avogaron por complementar a soia con outras fontes de proteína alternativas para reducir a dependencia da importación (o autoabastecimiento de fariña de soia na UE é só do 3%). Entre outras posibilidades estarían outras materias primas de orixe vexetal, como os chícharos, veza, xeros, almortas ou algarrobas, que permitirían impulsar o cultivo na área de influencia de fabricación e consumo, aínda que para substituír a soia importada por sementes proteicas un dos desafíos é mellorar a súa dixestibilidade para obter un rendemento equivalente á fariña de soia de referencia. En relación ao uso destas materias primas proteaxinosas para a fabricación de pensos, impulsadas desde Bruxelas, Eugenio indicou que "a política da UE nos últimos anos fixo que no mercado haxa xa chícharos, pero outras leguminosas como fabas ou altramuces son máis difíciles de atopar".
A política da UE nos últimos anos fixo que no mercado haxa xa chícharos, pero outras leguminosas como fabas ou altramuces son máis difíciles de atoparPara Braulio, moitos produtos de proximidade son estacionais e moitos deles non se poden almacenar facilmente. "É imposible meter bagazo de cervexa, que é un produto cun contido en proteína de entre o 20 e o 30%, nunha fábrica de pensos pero pode ser administrado a nivel de granxa, o problema é a dosificación por animal e día e a variación na súa función nutricional", asegurou. Dentro dos subproductos da industria alimentaria atoparíase tamén a pulpa de tomate (cun contido proteico de entre o 18 e o 22%), a pulpa de mazá procedente da fabricación de sidra, a pulpa de remolacha ou o soluble de melaza condensada (mosto da fermentación aeróbica de melaza cunha proteína bruta do 44%) procedentes da industria azucreira, a fariña de galleta, os soros lácteos procedentes da fabricación de queixos e a torta de limón da industria química, aínda que fóra da pulpa de tomate e o soluble de melaza condensada son materias primas con baixos contidos proteicos (inferiores ao 10%). En revisión o uso de PATs Actualmente non está permitido na Unión Europea para a alimentación de gando a utilización de Proteínas Animais Transformadas (PATs), prohibidas en maio de 2001, a raíz do mal das vacas tolas, a través do Regulamento 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, control e erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles. Con todo, si que se permite a importación de produtos cárnicos e pesqueiros procedentes de animais alimentados con PATs derivadas de non ruminantes e a inclusión de proteínas derivadas de leite, ovos, xelatinas e proteínas hidrolizadas en todas as especies así como as fariñas de peixe e de sangue de non ruminantes na alimentación de non ruminantes.
A reintrodución das proteínas animais, prohibidas a raíz do mal das vacas tolas, é vista como parte da solución aos actuais problemas de dependencia da soia"Nestes momentos está en revisión a normativa sobre uso de Feed Ban e PATs de non ruminantes para alimentación animal, algo se está movendo en Europa neste sentido", avanzou María Victoria. A reintrodución das proteínas animais é vista como parte da solución aos actuais problemas de dependencia da soia. A partir de 2014 autorizáronse na acuicultura e a Comisión Europea estuda nestes momentos a posibilidade de dar luz verde á utilización de PATs de non ruminantes na alimentación de aves e porcos, evitando a alimentación con fariñas da mesma especie. Outra normativa en discusión desde hai anos na Unión Europea é a relativa aos transxénicos. "Aos Organismos Modificados Xeneticamente non hai que terlles medo, poden ser unha boa solución. Desde o Ministerio pensamos que non se deben demonizar os OXM nin rexeitalos no noso día a día, esa é a posición do Goberno de España desde hai anos, pero hai determinados países europeos que non son partidarios dos OXM", recoñeceu a representante da Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira do Ministerio de Agricultura.
A nivel europeo un terzo dos alimentos que consomen os animais de granxa son pensos"Están por chegar novos elementos normativos que van ingresar ao marco lexislativo comunitario en 2023. A comunicación saíu da Comisión este ano, estamos nos inicios. Van impoñer comprobar se as nosas materias primas proceden de deforestación ou non. As autoridades comunitarias queren chegar a cadeas de abastecemento libres de deforestación pero a CE non sabe tampouco realmente como facelo, xa que acabar coa deforestación é un obxectivo moi conceptual, pero despois hai que facelo operacional. Non sabemos aínda o que vai propoñer a Comisión o ano que vén, que é cando fará a primeira proposta de nova normativa", explica Anton van dean Brink, da Federación Europea de Fabricantes de Alimentos Compostos (Fefac), que engade que "o 77% da soia importada non está ligada a deforestación".
Un terzo da soia importada pola UE procede na actualidade de zonas deforestadasA Unión Europea tenta dar resposta deste xeito a unha preocupación social cada vez maior que demanda decisións á comunidade internacional en prol do medio ambiente e o mantemento da biodiversidade no planeta. De feito, Nacións Unidas fixouse como obxectivo no seu Plan Estratéxico para os Bosques 2030 aumentar nun 3% a superficie boscosa mundial. Seguindo este obxectivo, na Estratexia da Granxa ao Garfo, presentada pola Comisión Europea o pasado mes de maio, búscase incentivar o consumo de produtos de cadeas de subministración libres de deforestación e reducir a compra de materia prima internacional.
En base aos rendementos actuais e as necesidades en materias primas como a soia, satisfacer a demanda futura de alimentación animal requiriría de 280 millóns de hectáreas de terra adicionalO incremento das explotacións gandeiras e o aumento da necesidade de materias primas supón un aumento da superficie de cultivo e da necesidade de fertilizantes. Todo iso contribúe a aumentar as emisións de gases de efecto invernadoiro e á contaminación de acuíferos. Segundo os cálculos da ONU, o sector agrogandeiro será responsable en 2050 do 45% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, triplicando o 15% actual. En base aos rendementos actuais e as necesidades en materias primas como a soia, satisfacer a demanda futura de alimentación animal requiriría de 280 millóns de hectáreas de terra adicional para poder pasar dos 360 millóns de toneladas de soia de produción prevista en todo o mundo en 2020 aos 520 millóns toneladas en que se estiman as necesidades futuras. Competencia entre alimentación humana, animal e biocombustibles En 1987 Nacións Unidas empeza a falar de sustentabilidade no Informe Brundtland, alertando sobre as consecuencias negativas da globalización e os problemas derivados da industrialización e o aumento da poboación mundial. O índice de prezos dos alimentos da FAO, que se publica mensualmente, fai un seguimento dos prezos e existencias internacionais dos produtos alimenticios máis comercializados. No seu último informe prevese unha utilización mundial de cereais en 2020/21 de 2.744 millóns de toneladas, un 2% máis que no ano anterior. Máis da metade desa cifra corresponde aos cereais secundarios, cuxa utilización se prevé que se situará en 1.477 millóns de toneladas, mentres que se estima que a utilización de trigo alcanzará os 757 millóns de toneladas, cun aumento impulsado por un maior consumo en China e a India. Tamén se prevé que a utilización mundial de arroz alcance un novo récord de 510,5 millóns de toneladas. Coa demanda de utilización de materias primas en máximos históricos motivado polo aumento de necesidades tanto para alimentación humana como animal, increméntase a demanda social e dos Gobernos de distintos países para empregar produtos para fabricar pensos que non entren en competencia directa coa alimentación humana, así como a aceptación do uso de subproductos ou a reutilizacion de antigos alimentos procedentes da industria e a distribución alimentaria para dar para comer aos animais. A redución do uso de combustibles fósiles e a súa substitución por fontes renovables supuxo ademais un novo elemento de competencia a maiores pola utilización de determinadas materias primas e terras de cultivo destinadas a combustibles verdes. A Directiva Europea sobre biocombustibles provocou, por exemplo, un aumento na produción de fariña de colza e fariña de xirasol e levou a procesar 6,5 millóns de toneladas de maiz e 3,3 millóns de toneladas de trigo para producir biodiésel e etanol.
“A biodiversidade constitúe as pezas necesarias do ecosistema para que funcione”-Aínda é posible dar marcha atrás, ou a saúde destes espazos naturais está demasiado danada para seguir ofrecendo protección ante virus e patóxenos? Cales son as claves para recuperar a biodiversidade? -Dar marcha atrás para algunhas especies xa non será posible porque se extinguiron, e iso é irreversible. Con todo, a función dalgunhas especies pódese ir recuperando por outras. Mantendo un ecosistema máis rico en especies a probabilidade de que se atopen substitutos funcionais é moito maior. A conservación, a protección da biodiversidade, a introdución, en ocasións, de especies claves, pode ter un efecto acelerador para a recuperación da biodiversidade e a funcionalidade. A biodiversidade constitúe as pezas necesarias do ecosistema para que funcione, que realice funcións como amortecer a carga vírica, reducir o risco de zoonose, pero tamén amortecer extremos climáticos e outro tipo de servizos relacionados coa nosa saúde ou comerciais como é a produción de madeira, captar CO2, regular o ciclo hidrolóxico, a polinización... Todo iso conséguese en ecosistemas que funcionen e para iso é imprescindible que conte con todas as pezas necesarias. -En que liñas se pode incidir para que esta aposta pola biodiversidade sexa compatible co aproveitamento económico do medio natural? -Témome que a única forma é baixar un pouco as nosas expectativas de produción a curto prazo. Conseguirémolo no momento no que baixemos a presión por producir en grandes cantidades, por exemplo, alimentos ou madeira; e teñamos unha visión máis a medio-longo prazo da sustentabilidade de todo o sistema. Trátase de non acabar coa galiña dos ovos de ouro: non acabar coa produción a longo prazo por maximizar uns anos de bonanza. Realmente, esa produción tan intensa tanto en sistemas gandeiros como forestais ou en sistemas naturais, pero moi intervidos, provoca unha perda de diversidade tanto xenética dentro das especies, como deses mecanismos que permiten que o ecosistema realice máis dunha función.
“Temos que apreciar a multifuncionalidade que nos ofrece a natureza, en lugar de querer maximizar a produción, xa que iso non é sustentable”Nós tendemos a reducir as funcións a unha ou a dúas e a maximizar a produción para esa función e así non é como funciona a natureza, iso non é sustentable. Temos que apreciar a multifuncionalidade, aproveitar que a natureza pode facer máis dunha función, o que permite que o sistema sexa máis resilente, capaz de soportar perturbacións no futuro, que sexa máis sustentable, máis autónomo, polo que se precise mesmo menos diñeiro para mantelo. Todas estas vantaxes só chegan se non estamos obsesionados por maximizar unha ou dúas funcións, ben sexa a produción de madeira ou agrogandeira baseados en sistemas moi intensivos. -Que papel xogan a agricultura e a gandaría nesta recuperación? Son un aliado para a recuperación de ecosistemas? -Desde logo que poden selo, dependendo de como se leven a cabo. A agricultura moi tradicional, a que facían os pobos nativos nos Andes nunha economía de escala local, apoiábase nunha gran diversidade. Iso facía que houbese variedades para cada microclima. Agora, todo iso vaise perdendo e pretendemos pór a mesma especie, ademais sendo xeneticamente moi homoxénea, en todo o territorio, porque é a especie que coñecemos e queremos sacarlle o máximo partido. Isto obríganos a crear unha contorna moi artificial, é coma se quixésemos criar porco ibérico na tundra, sería unha crianza totalmente artificial porque non se dan as condicións necesarias. Recuperar unha certa naturalidade e resignarnos a que non todas as especies que nos gusten ou aquelas que teñamos máis estudadas, pola súa produción, sexan as que haxa que pór en todo tipo de territorios é unha vía de medio e longo prazo moito máis sensata e sustentable. A curto prazo, estes modelos pasan por unha redución da produción, pero se integramos a produción sostida durante moitos anos entre os cales houbese efectos de seca e pragas seguramente as diferenzas no volume de produción se vaian atenuando, á vez que sumamos outras funcións que realiza un bosque, un cultivo, un sistema agrosilvopastoral ou explotacións gandeiras extensivas. -En que debería mellorar a gandaría española intensiva en materia ambiental? -A gandaría intensiva, en realidade, é artificializar o natural e non vai polo bo camiño. Teriamos que limitala a aqueles casos nos que non quede outra alternativa. Debemos abrir a gandaría intensiva a formas máis compatibles co medio ambiente e a sustentabilidade ambiental. A pegada ambiental das gandarías intensivas é tan grande que se mide en algo tan importante como a auga, ademais de que seguen sendo altamente demandantes de antibióticos e fármacos. Todo isto dá forma a unha pirámide artificial á hora de producir baixo estes modelos.
“Debemos ir transformando os sistemas intensivos en extensivos, porque teñen maior grao de compatibilidade con outras funcións que proporciona o medio”Aínda que teñamos tecnoloxía para manter este tipo de produción, se no cómputo engadimos a pegada ambiental que provocan non saen as contas. Polo momento, os estados van compensando dunha forma indirecta e difusa ese custo ambiental. En xeral, debemos ir transformando os sistemas intensivos en extensivos, porque teñen maior grao de compatibilidade con outras funcións que proporciona o medio e unha pegada ambiental tamén máis reducida. -Tanto en agricultura como en gandaría, en moitas zonas de España, estas actividades están a sufrir importantes perdas pola acción da fauna salvaxe sobre colleitas ou gando. É tamén un dano colateral dunha perda de biodiversidade? Como chegamos a esta situación? -Realmente estes ataques, polo momento, non supoñen aínda unha contía económica moi elevada, aínda que é certo que aos gandeiros que lle afecta nas súas ovellas ou as súas vacas supón unha perda importante, pero para iso xa se habilitaron mecanismos de compensación. A idea é seguir afondando nestas medidas, para que o gandeiro non pague polos efectos colaterais da biodiversidade. Tamén hai unha certa picaresca por parte dunha parte do sector que busca compensacións aínda que non tomase as medidas necesarias para reducilos ou evitalos ou que pretende atribuír á fauna salvaxe perdas por outras causas. As dimensións do problema agora mesmo a escala do territorio non son tan grandes e temos outros problemas máis graves.
“Tendemos a ver as políticas de conservación ou reintrodución de especies coma un gasto, no canto de valoralas coma un investimento”-Como se perfila a solución? Esta problemática pódese abordar mediante unha xestión das políticas de compensación, baseadas na transparencia e a honestidade dos censos tanto da carga de gando e da fauna salvaxe. É verdade que a rendibilidade económica a curto prazo pódese ver reducida, pero a medio-longo prazo, unha vez máis, todos saímos beneficiados. Temos tendencia a pensar que políticas como a conservación e reintrodución de especies coma o lobo teñen un gasto, pero, en realidade, hai que empezar a valoralo coma un investimento. Ninguén pensaba, por exemplo, que a tuberculose animal a ía a regular o lobo. Está claro que non se reintroduce un lobo para que regule esta enfermidade, pero entre as múltiples funcións que realiza un lobo nun ecosistema está a de reducir a carga de patóxenos. En xeral, un ecosistema con todas as escalas tróficas e niveis é garantía de que pode realizar máis funcións aínda que non maximice individualmente ningunha delas.
“Non hai que pensar en eliminar por completo o eucalipto, pero tampouco se pode seguir na liña que se fixo en grandes zonas de Galicia”Non hai que pensar en eliminar por completo o eucalipto, pero tampouco se pode seguir na liña que se fixo en grandes zonas de Galicia ou da costa norte de España pensando nestas plantacións como unha panacea económica, porque estas especies de crecemento rápido permiten recuperar o investimento, pero non son accións favorables para o ecosistema. Se somos capaces de realizar unha boa ordenación do territorio hai sitio para os eucaliptos, a pesar de que é unha especie moi pouco nativa no territorio español, onde non existe outra especie similar autóctona. Por exemplo, no caso do piñeiro, atopámonos con plantacións exóticas como o piñeiro de Monterrei (California), pero ao ser piñeiro polo menos ten certas similitudes cos piñeiros autóctonos, mentres que no caso do eucalipto non ten un equivalente autóctono. Temos que pensar moi ben onde metemos eucalipto, sen que se xere un problema ambiental grande. Aínda que é certo, que as plantacións de eucalipto, coma outras de rápido crecemento, teñen a vantaxe de ser bo sumidoiro de carbono, hai que ter en conta que, ás veces, o ciclo de vida desa madeira é tan curto que case é entreter un pouco ao carbono mentres pasa dun lado a outro. Non é o mesmo que en madeiras como o carballo ou a sobreira, onde o carbono queda acumulado durante moito tempo. As especies produtivas son iso: produtivas; pouco máis van facer ben, e cada vez temos que aspirar a cubrir máis dunha función e conseguir bosques máis resilentes a problemáticas como os incendios. -Que opinión lle merecen os selos de certificación forestal, son garantía de biodiversidade, posto que na actualidade céntranse en certificar plantacións de monocultivo? - Son garantía do que di o contrato de certificación forestal. Non hai dúas axencias que certifiquen o mesmo. Moitas veces certifican a orixe e iso xa é importante posto que ás veces fixéronse repoboacións con variedades xenéticas procedentes de zonas moi afastadas ou moi empobrecidas. A existencia dunha axencia de certificación xa supón un primeiro paso en asegurar que a procedencia é correcta e que se cumpriron unhas determinadas condicións de diversidade xenética. Isto é un primeiro paso, pero queda aínda moito por facer, hai que ver como se planta ese bosque, como se coida, a presenza doutras especies ou se se compatibiliza con outros usos que non sexa só a produción de madeira. Todo iso lévanos a que gañe como bosque e que non quede nunha plantación de madeira.
“Non podemos esixir ós agricultores e gandeiros prezos baixos e unha produción máis sostible. Ten que ser un esforzo de todos”Se nós para producir un quilo de proteína animal temos que pór en movemento determinada maquinaria estamos indirectamente emitindo unha cantidade importante de CO2 para producir ese produto. Por iso, a agricultura máis local, que ten unha escala na que adoita sacrificarse o volume de produción, permite reducir moito a pegada hídrica ou de carbono por cada quilo de produto. Esa é unha misión que non podemos pedir só aos agricultores ou gandeiros, non podemos pretender que sexan eles os que manteñan os prezos baixos e esixirlles unha produción máis respectuosa. Ten que ser un esforzo de todos, no que se deixe atrás a produción de comida barata, porque ten unha pegada ambiental tremenda, que polo de agora parece non estar a repercutir en ninguén, xa que non a asume nin o produtor, nin o distribuidor nin o consumidor. Ademais, proporciona o espellismo de que estamos a producir tomates a 80 céntimos, pero se lle sumamos a súa pegada hídrica e de carbono o seu prezo incrementarase. Temos que ser conscientes diso no noso día a día, cando compramos, por exemplo, un mango procedente de Perú a 3 euros. Debemos ter presente de que ese non é o seu prezo real, tendo en conta o seu custo ao medio ambiente polas emisións que xerou tanto a súa colleita como o seu traslado. Se pagásemos 300 euros por ese capricho, e ese diñeiro a maiores se destinase a un fondo ambiental, poida que estivésemos a empezar a compensar e poderiamos permitirnos seguir facendo algunhas destas excentricidades enerxéticas, xa que son un auténtico disparate a nivel ambiental.