A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caderno Dixital: Novidades sobre a súa entrada en vigor e as explotacións exentas

Analizamos coa axuda de José Senande, de Osigris, os cambios que o Ministerio de Agricultura anuncia en relación ao Sistema de Información de Explotacións Agrícolas e Gandeiras

CIAM_XURRO_BANDAS_HERBA_2O Ministerio de Agricultura acaba de someter a consulta pública o proxecto que modifica o Real Decreto 1054/2022, de 27 de decembro, polo que se establece e regula o Sistema de información de explotacións agrícolas e gandeiras e o Caderno Dixital, que sofre unha nova dilación, neste caso de 9 meses, pospoñendo a súa entrada en vigor ao 1 de setembro de 2024 e establecendo ata entón unha serie de medidas de fomento para a súa adopción voluntaria por parte das explotacións.

O prazo inicialmente establecido para o Caderno Dixital, o próximo 1 de setembro, fora posposto xa ata o 1 de xaneiro de 2024 e agora o Ministerio decide aprazar esa entrada en vigor a setembro de 2024, polo que finalmente se dilata un ano a respecto da data inicial fixada.

A entrada en vigor en marzo deste ano da nova Política Agrícola Común (PAC) para o período 2023-2027 estableceu a entrada en vigor progresiva do caderno de explotación dixital para avanzar cara ao obxectivo de introducir a dixitalización na xestión das explotacións agrarias.

A obriga de usar o caderno dixital será progresiva a partir de setembro de 2024

Pero o Goberno recoñece que “a entrada en vigor deste caderno dixital ten coincidido co primeiro ano de aplicación da PAC, que supuxo un esforzo adicional para agricultores e gandeiros” polo que o Ministerio decide “pospoñer a entrada en vigor do caderno de explotación dixital, co obxecto de dar máis tempo ao sector, agricultores e gandeiros e tamén ás entidades colaboradoras, para que se poidan familiarizar coas novas ferramentas necesarias para a súa aplicación”.

En paralelo, ata a súa entrada en vigor, póñense en marcha medidas que promovan o uso do caderno de explotación dixital de maneira voluntaria, con vantaxes e axudas para os agricultores e gandeiros que o utilicen. 

Quen debe usar o caderno dixital e a partir de cando?

A aplicación do caderno de explotación dixital realizarase de forma progresiva a partir do 1 de setembro de 2024. A partir desa data, o caderno de explotación dixital será obrigatorio para as explotacións que conten cunha superficie total, sumando a superficie de terras de cultivo e de cultivos permanentes, superior a 30 hectáreas; para as que sobre o total da súa superficie de terras de cultivo e de cultivos permanentes, teñan máis 5 hectáreas de regadío; e para as que dispoñan de cultivos baixo invernadoiro.

As explotacións pequenas, exentas

A partir do 1 de setembro de 2025 deberán empregar o caderno de explotación dixital o resto dos produtores, aínda que se flexibiliza o uso do caderno de explotación dixital, eximindo da obriga do seu emprego aos agricultores con menor base territorial.

En concreto, as explotacións máis pequenas quedarán exentas da obriga de empregar o caderno dixital cando conten cunha superficie agraria total menor ou igual a 5 hectáreas, non dispoñan de invernadoiros nin dunha superficie de regadío superior a 1 hectárea.

Non terán obriga de cubrir o caderno dixital as explotacións con menos de 5 ha de superficie e aquelas que realicen pastoreo e non abonen

Tamén estarán exentas de utilizar o caderno dixital as ganderías que dispoñan unicamente de superficie de pastos, sempre que non realicen nelas aplicacións de fertilizantes que non sexan as derivadas do propio exercicio de pastoreo dos animais.

Con todo, estas explotacións estarían obrigadas en caso de solicitar os ecorreximes da PAC, xa que os titulares de explotación que soliciten axudas por determinadas prácticas ambientais ligadas a superficies de pastos permanentes deben anotar determinadas accións para beneficiarse destes pagos (identificación das parcelas de pastoreo, datas, actividades en relación coa sega sostible e as illas de biodiversidade, entre outras).

Medidas para fomentar o uso voluntario do caderno dixital

Os agricultores que así o desexen, poderán realizar, de forma voluntaria, todas as anotacións do caderno dixital a partir do 1 de xaneiro de 2024.

O Ministerio de Agricultura promoverá a aplicación voluntaria mediante distintos tipos de accións: concesión de axudas específicas para promover a implantación do caderno dixital e priorización ou incremento dos importes cando os beneficiarios fagan uso do caderno dixital.

Menos controis na PAC

O caderno de explotación dixital supón cambiar do soporte en papel do caderno de explotación tradicional a un soporte dixital que permita ao agricultor sacar mellor proveito da información que xera e poder transmitila ás administracións por métodos telemáticos.

O caderno dixital permitirá ás comunidades autónomas comprobar se se cumpren os requisitos de concesión de ecorrexímes e axudas directas

A información individualizada sobre o uso de insumos na agricultura permite ás autoridades competentes poder comprobar dunha forma máis sinxela o cumprimento da normativa, como é o caso das anotacións relacionadas co cumprimento de certos requisitos dos ecorreximes e das axudas asociadas dos pagos directos da PAC.

Por iso, o Ministerio indica de forma expresa que “nas solicitudes de axuda da PAC os beneficiarios que empreguen o caderno de explotación dixital de maneira voluntaria estarán sometidos a menos controis e, en caso de aplicarse penalizacións, estas serán máis reducidas”.

Plans de abonado

O caderno de explotación dixital inclúe a anotación das aplicacións de fitosanitarios e fertilizantes en todas as explotacións agrícolas, con motivo da entrada en vigor da nova normativa sobre nutrición sostible de chans agrarios. A ferramenta de sustentabilidade agraria para nutrintes entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2024.

Os titulares de invernadoiros con acceso ao interior deberán utilizar o caderno dixital de maneira obrigatoria para as aplicacións de fertilizantes e fitosanitarios.

Nos casos de ganderías extensivas nas que se aplican fertilizantes aos pastos, os titulares deberán anotar as aplicacións no caderno dixital a partir de 1 de setembro de 2025.

A ferramenta de sustentabilidade agraria para nutrintes entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2024

Con respecto á fertilización, os agricultores que fagan uso voluntario do caderno de explotación dixital con anterioridade ao seu emprego obrigatorio poderán facer uso dunha ferramenta dixital de fertilización, coa que poderán dar cumprimento á obriga de dispoñer dun asesor de fertilización para cumprimentar o plan de abonado; estarán eximidos da obriga de establecer medidas de mitigación ligadas ao uso de urea; e poderán superar as tolerancias de nitróxeno e/o de fósforo se se cumpren o resto dos requisitos.

Redución de custos de produción

A información rexistrada nos cadernos de explotación é clave para a mellora na xestión, permitindo un uso máis eficiente e sostible dos insumos e, con iso, unha redución dos custos de produción.

O caderno dixital permite combinar os datos con outras ferramentas de fertilización, meteorolóxicas e coa información obtida pola maquinaria de sementeira e recolección

A introdución do caderno dixital permite ao agricultor a toma de decisións baseadas en datos e, con iso, mellorar a eficiencia no consumo de inputs, contribuíndo ademais da redución de custos, a aumentar a súa contribución ambiental.

O caderno dixital permite acceder á lista de produtos fitosanitarios autorizados, sistematizar a información sobre fertilización e coñecer se se está facendo un uso optimizado destes insumos, acorde co tipo de explotación, tipo de chan, cultivo e zona.

“Tentamos facilitar as cousas ao agricultor cun caderno de campo moi sinxelo de utilizar”

OSIGRIS José SenandeJosé Senande é un dos responsables do caderno de campo e explotación dixital Osigris, unha aplicación informática creada hai case 4 anos e que a día de hoxe utilizan xa máis de 10.000 explotacións.

A intención desta empresa galega, que empezou en Cambre en 2019 e na que traballan 8 persoas, é a de “facilitar ao agricultor a transición cara ao caderno dixital a través dunha ferramenta doada de utilizar”, explican.

Máis de 10.000 explotacións utilizan xa a día de hoxe o caderno de campo de Osigris

“Creamos un caderno de campo que é rápido e sinxelo e que conta co mellor soporte de apoio. O agricultor, gandeiro ou técnico pode chamarnos en calquera momento e ímolos guiando sobre como realizar as anotacións ou resolver posibles dúbidas ou incidencias. Tentamos facilitar o máximo posible os cambios que se aveciñan”, explica Senande.

Vantaxes de Osigris

OSIGRIS funcionalidadesUtilizar o caderno de campo de Osigris aporta unha serie de vantaxes aos titulares das explotacións agrícolas e gandeiras fronte a outras ferramentas dispoñibles. Por exemplo, permite ter conectado ao seu técnico agrícola, para que poida realizar as anotacións e supervisar e corrixir os datos introducidos.

“A norma establece un prazo moi curto, de só 30 días, para meter os datos dos distintos tratamentos fitosanitarios e aplicacións de abonado; é un prazo moi axustado, sobre todo en plena campaña, e non cumprilo pode acarrear sancións e penalizacións importantes na PAC”, advirte Senande.

A aplicación emite alertas individualizadas que avisan ao agricultor se se pasa das doses máximas permitidas ou comete un erro nas anotacións

Osigris actualiza cada semana os datos do Ministeiro relativos aos índices de referencia oficiais que se toman como base e xera alertas individualizadas sobre os límites de aplicación. “Avisamos se te pasas das doses permitidas ou se se realizou unha anotación incorrecta”, explica.

A aplicación está conectada á ferramenta SIEX do Ministerio, o sistema oficial para explotacións agrícolas e gandeiras, pero a diferenza desta plataforma, Osigris permite corrixir os datos introducidos e subir a información unha vez esta foi supervisada polo técnico agrícola que asesora á explotación. “Na plataforma oficial se cometes un erro tes un problema”, alerta Senande.

Asequible para calquera tipo de explotación

OSIGRIS aplicacion

Osigris permite de forma sinxela cubrir o caderno de campo dixital realizando as anotacións de tratamentos fitosanitarios, aplicacións de fertilización, sementeiras, laboreos e colleitas parcela a parcela tanto desde o móbil como desde a web.

A maioría de cooperativas, distribuidores, técnicos e empresas de asesoramento agrícola traballan xa con Osigris, que é asumible para calquera tipo de explotación.

Para recibir máis información sobre o Caderno de Campo Osigris pode accederse á súa páxina web, chamar ao teléfono 627797153 ou enviar un email a info@osigris.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *