Leite

¿Con qué tipo de alimentación emiten menos CO2 as vacas?

Unha investigación realizada no CIAM conclúe que a cantidade de nitróxeno aplicada ao terreo e a proteína exóxena (importada) parecen ser determinantes no cálculo dos gases de efecto invernadoiro das ganderías de vacúln de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/02/2021 11:41 p.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración co centro de investigación vasco NEIKER, organizaron recentemente un webinar sobre “Sustentabilidade do sector vacún leiteiro: Aposta pola innovación e competitividade”.

Neste foro, o investigador do CIAM, César Resch expuso os resultados do estudo que está a realizar o equipo de valor nutritivo deste centro sobre as emisións de CO2 en vacún de leite segundo o sistema de alimentación.

En concreto, estudáronse durante dous anos 5 sistemas de alimentación:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

1) Silo de millo, silo de raigrás italiano e 1500 kilos de concentrado por vaca e lactación.

2) Silo de millo e silo dunha mestura de trevos, máis 1500 kilos de concentrado.

3) Silo de sorgo e silo dunha mestura de trevos, máis 1500 kilos de concentrado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

4) Pastoreo ou silo de trevo violeta e 1500 kilos de concentrado.

5) Pastoreo ou silo de raigrás inglés e 1500 kilos de concentrado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As vacas dividíronse en cinco lotes de 6 animais, cada un sometido a un sistema de alimentación e cos partos agrupados a saída do inverno.

En canto aos parámetros que se mediron neste estudo foron:

-Leite: Rendemento, parámetros físicoquímicos, ácidos graxos e urea.

-Feces: Nitróxeno (orgánico e mineral), carbono, materia orgánica e fibra.

-Ouriño: Nitróxeno.

-Alimentos: Inxesta diaria de materia seca, analítica de concentrados e silos, nos grupos 4 e 5 analítica pre e post pastoreo.

-Rendemento en materia seca e balance de nitróxeno dos cultivos.

-Pradeiras: Rendemento (a pasto e para silo), porcentaxe de superficie reservada para silo, días en pastoreo, porcentaxe de trevo, florístico e valor nutritivo.

-Cultivos (millo e sorgo e concentrado): Emisións asociadas a gases de efecto invernadoiro (metano, dióxido de carbono e amoníaco).

-Materia orgánica no solo.

Resultados:

Os resultados preliminares relativos das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en función do sistema forraxeiro utilizado tomando o valor máis baixo 100, amosan que os sistemas con menos emisións relativas de gases de efecto invernadoiro por litro de leite son os baseados no pastoreo de trevo (100), seguido do pastoreo de raigrás inglés (116), mentres que os valores de emisións máis altos corresponden á ración de silo de millo e silo de raigrás italiano (129); seguido de preto polos sistemas de silo de millo e silo de sorgo ou silo de tres trevos (123).

O sistema utilizado para a medición da pegada de CO2 foi o CAP´2ER® do Institut de l´Élévage (IDELE) de Francia.

Tanto a produción das vacas como os consumos están referidos ao periodo de control das vacas que nestes ensaios foi de 279 días, dende o día 22 de lactación ata o 300.

Conclusións:

As conclusións preliminares da equipa de valor nutritivo do CIAM a partir destes resultados son as seguintes:

-En condicións de produción de leite europeas, a pegada de carbono non parece estar ligada ao rendemento dos animais.

-Factores como a cantidade de nitróxeno aplicada ao terreo e a proteína exóxena (importada) parecen ser determinantes no cálculo dos gases de efecto invernadoiro.

E como conclusións individuais, César Resch aportou as seguintes:

-A emisión de gases de efecto invernadoiro será nun prazo curto/medio de tempo un factor de pago do leite. A súa medición é complexa, por iso o uso de medidas indirectas que inciden de maneira determinante nos GEI emitidos na granxa serán de posible aplicación.
-A cantidade de nitróxeno químico utilizado por hectárea; a autosuficiencia proteica da gandería, onde as leguminosas xogan un papel clave, ou a taxa de reposición do rabaño -canta menos reposición e vacas máis lonxevas menos emisións-, así como a calidade das forraxes (canta maior dixestibilidade menores emisións), poderían ser indicadores de emisión de CO2 equivalente.

- No ensaio tamén pódese ver como con cantidades moderadas de concentrado acadamos rendementos interesantes de produción de leite mantendo unha mínima dependencia de recursos externos á explotación.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada