Archives

Baixada nos prezos da recría frisoa e o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou este martes a actividade por completo, logo de que a semana pasada se suspendese a poxa de becerros de recría por mor da festividade nacional de Todos os Santos. A comparativa cos prezos da última poxa celebrada o pasado día 24 de outubro na que concorreu este tipo de gando, amosa unha baixada dos prezos da recría frisoa e nas femias de cruces industriais. No vacún maior tamén hai este martes unha baixada en comparación dos prezos manexados a semana pasada. Nos becerros carniceiros a tendencia tamén é a baixa, pero houbo varias excepcións. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. No caso da recría, a comparativa realizámola cos prezos rexistrados na última poxa que contou con este tipo de gando, a celebrada o pasado 24 de outubro. Nos animais de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días descontaron só un euro e mantéñense nos 45 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días o valor medio está nos 90 euros (-4). Nesta sección tamén se contabilizaron case o dobre de animais que na última feira. A baixada máis destacada produciuse nos becerros pintos de máis de 50 días, que descontaron 83 euros con respecto da última poxa e teñen un valor de referencia de 117 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á baixa, pero con varias excepcións. Os tenreiros máis novos foron unha delas, ó sumar 40 euros con respecto da última poxa e acadar un valor medio de 314 euros. As femias desa categoría descontaron 42 euros e sitúanse nos 194 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 362 euros, ó descontar 5 euros. Nas femias houbo unha baixada de 18 euros e quedan nos 269 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron un incremento de 10 euros e acadan os 499 euros, mentres que as femias descontaron 18 euros e sitúanse nun valor medio de 371 euros. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa aínda que houbo excepcións como os machos frisóns, que tiveron un prezo medio de 946 euros (+267 euros). Mentres nos machos de cruces industriais, o valor medio foi de 1.051 euros, o que supón unha baixada de 37 euros. As femias cotizáronse a 914 euros, é dicir 30 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.137 euros, ó rexistrar unha baixada de 124 euros. As femias desta raza están nos 982 euros, ó descontar -144 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (-69). Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.040 euros, o que amosa unha redución de 53 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 12 euros, polo que quedan nos 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 751 euros, o que supuxo unha suba de 9 euros con respecto da semana pasada e foron a excepción. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 433 euros (-59 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio caeu 254 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 1.561 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 1,685 e 1,66 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros, tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte descontaron 0,02 euros e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,7 e 2 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. Nas galiñas de descarte semipesadas mantívose o prezo esta semana. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúanse entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Afluencia mínima no mercado de Amio pola festividade de Santos

Este mércores, festividade nacional de Todos os Santos, deixou unha mínima afluencia de animais no Mercado de Gando de Amio. En concreto, contabilizáronse 130 cabezas, cando as cifras habituais se sitúan por encima dos 1.500 exemplares. Houbo un total de 4 animais de recría, 48 medianos para sacrificar e 78 vacas. A baixa afluencia motivou que se mantiveran os prezos para todo o gando que accedeu ó recinto feiral. Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega tamén acordaron esta semana manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (1-XI-2023).

Subas no vacún maior en Silleda e baixada dos prezos medios dos becerros de cebo

Este martes a actividade na Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), viuse notablemente afectada ó non realizarse a venda de animais de recría, debido á festividade nacional deste mércores. A suspensión da poxa xa fora anunciada nas semanas previas. Aínda que non houbo recría, si se celebraron as poxas de vacún das outras categorías de gando. No vacún maior a tendencia foi á alza, con subas en boa parte das seccións. Mentres, os prezos dos becerros de cebo resentíronse esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros de cebo houbo baixadas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 679 euros (-292 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.088 euros (-5). As femias cotizáronse a 884 euros (-277 euros). Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.261 euros, ó rexistrar a única suba da xornada para este gando (+5 euros). As femias desta raza están nos 1.096 euros, ó descontar -328 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema mantivéronse no prezo medio de 1.230 euros. Esta semana o vacún maior rexistrou subas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.093 euros, o que amosa un incremento de 103 euros. As vacas de primeira foron das excepcións, cunha baixada de 18 euros, polo que quedan nos 1.142 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 741, o que supuxo unha suba de 29 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 492 euros (+47 euros). Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia foron outra das excepcións, ó caer o seu valor medio 589 euros en comparación coa semana pasada e ter un prezo de referencia de 1.815 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,71 e 1,685 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,188 euros, tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,81 e 0,87 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 75 euros (cun prezo de 3,75 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 70 euros e cun prezo por quilo de 3,5 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,68 e 1,98 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. As galiñas de descarte semipesadas descontaron esta semana 0,01 euros e o prezo medio dos animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúase entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no prezo medio dos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), experimenta esta semana unha suba dos prezos medios de referencia dos becerros de cebo, con incrementos en tódalas categorías. Na recría a tendencia foi á baixa, en especial nos machos de raza Frisoa. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Cómpre recordar ademais, que a vindeira semana, o martes 31 de outubro, suspéndese a poxa de recría e só se venderán becerros cebados e vacún maior. En canto ós prezos desta senama, na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 46 euros, é dicir, 35 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 94 euros, o que supón 23 euros menos. Os becerros de máis de 50 días foron a excepción nesta raza ó experimentar unha suba de 47 euros e acadar os 200 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os machos máis novos descontaron 76 euros no prezo medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 274 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 39 euros e cotízanse a 236 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un incremento de 10 euros e teñen un prezo medio de 367 euros. As femias acadaron os 251 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 489 euros, (+29 euros). As femias sitúanse nos 353 euros, ó descontar 41 euros. Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 971 euros (424 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.093 euros nos machos (+45). As femias tiveron unha suba de 200 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 1.161 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.256 euros, ó rexistrar tamén unha suba, neste caso de 22 euros. As femias desta raza están nos 1.424 euros, ó sumar 401 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un incremento de 108 euros e quedan cun prezo medio de 1.230 euros. Esta semana o vacún maior non houbo unha tendencia clara. As vacas descarte tiveron un incremento de 28 euros e acadan un valor medio de referencia de 445 euros, así como os animais de primeira, que sumaron 10 euros para acadar un prezo de 1.160 euros. Os exemplares comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un valor de referencia de 2.404 euros, o que supón 70 euros máis que a feira pasada. Mentres, as vacas da categoría extra descontaron 180 euros e quedan nos 1.990 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 712 euros, logo dunha baixada de 13 euros. 

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,04 euros e quedan nos 1,74 e 1,715 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,227 euros, tras unha baixada de 0,052 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,04 euros, o que deixa un prezo de 1,66 e 1,96 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios, así como nas galiñas de descarte semipesadas. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas en Ternera Gallega Suprema e na recría vendida no Mercado de Amio

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,03 euros para as canais da categoría Suprema. No Mercado de Amio este mércores tamén houbo un incremento de 10 euros nos prezos da recría de cruces industriais de cor, tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes. En canto á asistencia houbo 1.683 reses, o que supón 10 menos que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.469 cabezas de vacún menor, 19 máis que na sesión anterior. Houbo 84 de vacún mediano (10 menos) e 130 de vacún grande (19 menos que a semana pasada). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (4-X-2023).

As cifras do sector da carne en Galicia

Que cifras de produción e volume de negocio manexa o sector cárnico galego? Son competitivas as industrias cárnicas galegas? Cales son os subsectores máis competitivos e con maior presenza? Estas son algunhas das preguntas expostas durante a VII Reunión Casal de Armán - Foro Económico de Galicia, que congregou a empresarios, investigadores e profesionais do sector. Durante o evento, coordinado pola Fundación Juana de Vega, o director da entidade, José Manuel Andrade Calvo, expuxo as conclusións da Estratexia do sector cárnico de Galicia 2022 -2030, elaborada pola entidade por encargo da Consellería do Medio Rural. As cifras presentadas pola entidade amosan como os principais motores do sector cárnico galego son o vacún e o porcino, aínda que as ganderías de aves e as cunícolas tamén teñen gran importancia. En Galicia contabilízanse un total de 19.537 ganderías de vacún de carne con 430.000 animais. En concreto, as ganderías de vacún teñen de media uns 22 animais e xestionan algo máis de 11 hectáreas. Sacrifícanse unhas 381.000 canais de vacún, cun peso medio de 250 quilos canle, o que deixa unhas 95.000 toneladas de carne en 2020, segundo os datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural.
Case a metade das ganderías de vacún que hai en Galicia están adheridas ao selo Ternera Gallega
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega acapara o 55% do volume da carne que se comercializa en España baixo este selo de calidade. “Case a metade das ganderías de vacún que hai en Galicia están adheridas á IXP”, explica José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega. Así, baixo este selo atópanse unhas 7.266 ganderías e 389 cebadeiros activos. A comarca de Deza e o sur da provincia de Ourense son as principais zonas de produción porcina en Galicia. Na comunidade contabilízanse un total de 2.591 granxas porcinas que teñen 1.500.000 prazas. De media, cada granxa de porcino conta cunhas 591 prazas. Sacrificáronse 1 millón de exemplares, o que deixa unha produción dunhas 91.600 toneladas de carne. Porén, desde o ano 2009, a produción de carne de porcino experimentou unha caída significativa.
A produción de carne de porco e de ave concéntrase na comarca de Deza, a Terra Chá e o sur da provincia de Ourense
Xunto coa gandería de porcino, boa parte das 1.075 ganderías de aves que se contabilizan en Galicia tamén están situadas na comarca de Deza, a Terra Chá e o sur da provincia de Ourense. Cóntase con case 25 millóns de prazas instaladas e cada gandería dispón de media dunhas 23.000 prazas. Estas granxas xestionan unhas 4.744 hectáreas, segundo os datos extrapolados da PAC. Galicia é a terceira rexión produtora de carne de coello de España, cun total de 179 explotacións distribuídas no territorio galego, que acumulan 619.000 prazas e que xestionan unhas 300 hectáreas. De media, cada gandería cunícola conta cunhas 3.461 prazas. Dende 2017 rexistrouse un descenso da produción que obedece á caída xeral que se está producindo neste sector. “Entre 2001 e 2019 reduciuse a produción de carne de coello nun 34% a nivel mundial, unha tendencia que se está vendo tamén a nivel nacional”, detalla Andrade Calvo.
Galicia é a terceira rexión produtora de carne de coello en España, con case 180 ganderías repartidas polo territorio
En termos de volume de produción de carne, tanto o caprino e ovino como o sector equino manexan cifras mínimas de volume de negocio en comparación cos outros subsectores. Aínda que, en canto ao número de ganderías, as primeiras representan case catro veces máis. En total, contabilízanse 15.783 ganderías de caprino e ovino, que congregan uns 165.000 animais. De media, cada unha conta con 10 animais e xestiona unhas 3,44 hectáreas. En canto ao sector equino, en Galicia contabilízanse un total de 4.314 ganderías, con case 18.000 animais, situadas boa parte delas no norte da provincia de Lugo. É un sector, no que caeu notablemente tamén a produción de carne.

Preocupación pola falta de remuda xeracional

Algúns dos factores que limitan o crecemento do sector da carne a nivel mundial son as limitacións de tipo ambiental. Tamén hai certa preocupación polas dificultades que poderán supoñer as novas normativas relacionadas co ambiente e con respecto ao benestar animal. Sen dúbida, outro dos desafíos reside en atallar a crecente caída do consumo de carne nalgunhas sociedades, debido aos novos hábitos de alimentación.
“Evidénciase un grave problema de sucesión e continuidade da actividade, dada a elevada idade de boa parte dos produtores en activo”: José Manuel Andrade, Fundación Juana de Vega
En Galicia, un dos principais retos que se presentan ao sector é a elevada idade media dos titulares das ganderías de carne e a falta de substitución que afecta a todos os subsectores centrados na produción de carne. “Evidénciase un grave problema de sucesión e continuidade da actividade, dada a elevada idade de boa parte dos produtores en activo”, señala José Manuel Andrade. No vacún de carne, a media de idade dos produtores é de 57 anos, aínda que no 49% destas granxas os titulares teñen xa 62 anos de idade, segundo os datos presentados dende a Fundación Juana de Vega. Entre os titulares de granxas de porcino, a media de idade redúcese aos 52 anos, mentres que os máis novos son os produtores de granxas de aves, cunha media de 49 anos. Nunha situación semellante atópase o sector cunícola, onde os produtores teñen de media 51 anos. Os gandeiros de equino sitúanse nos 54 anos de media.
Os produtores de ovino e caprino son os máis maiores, cunha media de idade que se sitúa nos 60 anos
Mentres, sen dúbida o sector onde a media de idade é máis elevada e a continuidade está máis en xogo é o ovino e caprino, xa que boa parte dos produtores están xa nos 60 anos. Outro dos retos da produción de carne é a volatilidade dos prezos das materias primas para alimentar o gando, o que lastra a competitividade das ganderías. Neste sentido entra en xogo o acceso a terras, que permita incrementar a produción propia de forraxes nas ganderías. “A nova Lei de recuperación da terra agraria abandonada aprobada en Galicia abre unha nova oportunidade a acceder a terras para estas ganderías”, recorda Andrade.

Manexo do territorio

Outro dos aspectos fundamentais das ganderías de carne galegas é que boa parte delas conservan un manexo en extensivo, de maneira que á marxe do beneficio económico que supón esta actividade, contribúen de maneira activa á xestión do territorio e actúan en moitos casos como auténticos mecanismos de protección e redución do risco de incendios forestais ao reducir a biomasa dos bosques. Os produtores de carne xestionan máis 300.000 hectáreas de superficie en Galicia, case a metade da superficie agraria útil. Así, por exemplo, boa parte das ganderías de bovino sitúanse en zonas de montaña de Lugo e Ourense, onde son escasas as alternativas para a xestión deste territorio que non estean vinculadas a esta actividade. Estas ganderías xestionan unha superficie agraria útil dunhas 214.000 hectáreas.
As ganderías de vacún de carne xestionan unha superficie agraria útil dunhas 214.000 hectáreas
Tamén é significativo o labor que realizan as ganderías de ovino e caprino, que manexan unhas 54.000 hectáreas ou as ganderías de equino, que xestionan unha superficie de 36.195 hectáreas.

Tecido industrial da carne en Galicia

O sector cárnico en España é o principal subsector dentro da industria alimentaria. Ten unha cifra de negocio de 31.700 millóns de euros e proporciona un valor engadido de 5.500 millóns de euros. Este sector emprega en España a máis de 110.000 persoas. O destino da produción nacional está centrada no mercado interno, xa que case o 80% consómese en España e ao redor dun 13% expórtase á Unión Europea. En Galicia, a industria cárnica está integrada por 192 industrias, que dan emprego a 5.800 persoas, que facturaron no 2019 un total de 1.350 millóns de euros, que achegaron un valor engadido á economía galega de 296 millóns de euros. A industria cárnica representa o 4% do emprego da industria manufactureira galega. A produción cárnica representa o 34% da produción agraria e está formada 43.000 explotacións cárnicas de todos os subsectores.
A produción cárnica representa o 34% da produción agraria e está formada 43.000 explotacións cárnicas de todos os subsectores
Comparando a industria cárnica galega coa española e a europea detéctase un déficit en produtos elaborados. Galicia ten un maior peso na carne de bovino e ave fresca e refrixerada. Só na carne de bovino, o 25% comercialízase en fresco, mentres que esta cifra no conxunto de España redúcese a un 9% e se se mira en Europa elévase ata un 13%. En canto á carne de ave, en Galicia o 30% comercialízase en fresco, sen transformación industrial, mentres que esta cifra en España é do 11% e o 12% na UE.
O sector porcino galego destaca polo seu maior nivel de transformación industrial con respecto á industria española
Ocorre o contrario coa produción de porcino, onde Galicia destaca polo maior nivel de transformación industrial con respecto á industria cárnica española ou europea.

O tamaño das empresas importa

A Fundación Juana de Vega realizou tamén unha análise económica-financeira na que analiza máis de 2.000 industrias do sector cárnico en España entre os anos 2015 e 2020. O estudo permite ver a rendibilidade do sector e a principal conclusión é que as empresas cárnicas galegas teñen un baixo nivel de desempeño en canto á rendibilidade económica con respecto das españolas.
As industrias cárnicas máis rendibles en Galicia son as empresas de mediano tamaño, seguidas das pequenas
“As industrias cárnicas españolas sitúanse cunha marxe de resultados de explotación superior ás galegas. Resulta relevante como a galega ten uns maiores niveis de rotación, pero ao traballar con menor marxe non é capaz de compensar esa rendibilidade. O efecto do volume con marxe baixa non lle permite obter a rendibilidade económica da industria cárnica española, e iso explícase en certa medida polo déficit de produtos transformados que hai na galega”, valora Andrade. Hai unha clara correlación entre maior tamaño e rendibilidade das industrias españolas, mentres que no caso galego o comportamento é completamente diferente. Así, as industrias cárnicas máis rendibles en Galicia son as empresas de mediano tamaño, seguidas das pequenas empresas. Mentres, as grandes empresas e as microempresas sitúanse en igualdade de rendibilidade.

As cifras da produción de carne en España e Europa

España, cunha produción de 7,5 millóns de toneladas no ano 2020, é un dos principais produtores de carne de Europa, por diante sitúase só Alemaña, que ten unha produción de 7,9 millóns de toneladas. A produción de carne en Europa tivo un crecemento constante desde 2014, aínda que se rexistrou unha caída das cifras en 2020, coincidindo coa saída da UE de Reino Unido con motivo do Brexit, xa que en terras inglesas prodúcense uns 4 millóns de toneladas.
Galicia é a terceira en canto a vacún, aves e produción cunícola e apenas representa case un 2% da produción porcina española
En España o porcino é o principal subsector de produción en millóns de toneladas, seguido das aves. En terceiro lugar sitúase a produción de carne de bovino e de maneira residual sitúanse tanto o ovino como caprino. Cataluña é o principal produtor de carne en España, con 2,5 millóns de toneladas (33%), seguida de Aragón, Castela e León e Andalucía. Galicia ocupa o oitavo lugar, cun 5,45% da produción cárnica nacional. “Galicia sendo a oitava rexión a nivel nacional, é a terceira en canto a vacún, aves e produción cunícola, mentres que apenas representa un 1,83% da produción porcina española”, explica Andrade.

O sector cárnico: estratéxico para Galicia, cun facturación anual de máis de 1.400 millóns de euros

A sétima edición da reunión anual Casal de Armán, celebrada este xoves en Ribadavia (Ourense), centrouse nos retos do sector cárnico, tanto na súa dimensión nacional, como autonómica. En Galicia, o sector cárnico está conformado por 192 industrias e facturou no ano 2020, máis de 1.400 millóns de euros. Estas foron algunhas das cifras que se apuntaron durante a xornada e que dan conta da importancia do sector en Galicia. Xunto con estes datos e xa no primeiro relatorio da xornada, José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez -da Fundación Juana de Vega e coordinadores da xornada-, apuntaron tamén outros datos de referencia sobre o sector. Andrade incidiu na condición de sector estratéxico para a Comunidade Autónoma, posto que representa un 34% da produción final agraria de Galicia, con 1.200 millóns de euros de valor en gando. Ademais é un sector que xestiona case o 50% da superficie agraria de Galicia, conformado por unhas 43.000 granxas cárnicas. Na súa intervención, José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega tamén resaltou o papel fundamental que este sector -principalmente o vacún- desenvolve na xestión da paisaxe e preservación do territorio, así como xoga un rol salientable na prevención dos incendios forestais.

O sector dende distintos prismas

A reunión Casal de Armán contou cun total de case 40 especialistas entre grandes empresas, cooperativistas, representantes de asociacións, pequenos produtores, Administración e investigadores. O encontro foi inaugurado polo presidente do Foro Económico de Galicia, Emilio Pérez Nieto. Ó longo da xornada celebráronse catro mesas de traballo para abordar desde todas as perspectivas as distintas realidades e problemáticas dun sector primordial, tanto polo volume de facturación coma de emprego, así como pola súa tarefa reguladora do territorio. Tralo primeiro relatorio de contexto xeral, a segunda mesa da mañá abordou os “Retos e perspectivas de futuro do sector cárnico”, participaron nesta mesa Tomás Rodríguez, da Interprofesional do ovino e caprino (Interovic), Alberto Herránz, da Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Branca (Interporc) e Javier López, da Organización Interprofesional de Carne de Vacún (Provacuno). A última mesa da mañá centrouse na produción galega, con distintos actores do sector, tanto de empresas como entidades de representación sectoriais. Interviñeron neste caso Emilio Rial (Coren), José Manuel Núñez Torre (Torre de Núñez), José Ramón González (Unións Agrarias), Pablo Meijomín Hidalgo (Fegapor) e Jesús González Vázquez (Tenreira Galega). A sesión da tarde abordou un subsector non menos importante: a produción de razas autóctonas e as pequenas producións, os problemas aos que se enfrontan na actualidade así como os desafíos do futuro. Nesta mesa interviron Iván Rodríguez Paz (Asoporcel), Laura Arias González (Acruga), José Ramón Xusto Feijóo (Boaga), Amaia Santamarta (Ovica) e Isabel Casariego Vierna (Puraga).

O futuro do sector cárnico en Galicia a debate este xoves na VII Reunión Casal de Armán

Expertos, académicos, empresarios e cooperativistas participarán o próximo xoves 8 de xuño na VII Reunión Casal de Armán para abordar o futuro do sector cárnico en Galicia. O encontro celebrarase, como ven sendo habitual, no Casal de Arman, en Ribadavia (Ourense). O encontro, organizado polo Foro Económico de Galicia, será inaugurado polo seu presidente, Emilio Pérez Nieto. O primeiro dos relatorios da mañá abordará a “Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia 2022-2030. Contexto xeral e principais medidas e accións”. Correrá a cargo de José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez, da Fundación Juana de Vega, que exercen tamén de coordinadores da xornada. A segunda mesa da mañá abordará os “Retos e perspectivas de futuro do sector cárnico” e participarán Alberto Herránz, Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Blanca (Interporc), Javier Lóper, da Organización Interprofesional de Carne de Vacún (Provacuno) e Tomás Rodríguez, da Interprofesional do ovino e caprino (Interovic). A última presentación da mañá centrarase na produción galega con distintos actores do sector galego como empresas ou organizacións. Nesta mesa intervirán Emilio Rial (Coren), José Manuel Núñez Torre (Torre de Núñez), José Ramón González (Unións Agrarias), Pablo Meijomín Fidalgo (Fegapor), Jesús González Vázquez (Ternera Gallega). Pola tarde, será quenda para os produtores de razas autóctonas e pequenas producións en Galicia. Abordarán os problemas actuais e retos de futuro que se lle presentan. Participarán Iván Rodríguez Paz (Asoporcel), Laura Arias González (Acruga), José Ramón Justo Feijóo (Boaga), Amaia Santamarta (Ovica) e Isabel Casariego Vierna (Puraga).

-Consulta aquí o programa en detalle.

 

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando. No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira. En canto á asistencia houbo 1.437 reses, o que supón 7 máis que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.193 cabezas de vacún menor, 12 máis que na sesión anterior. Houbo 100 de vacún mediano (9 menos) e 144 de vacún grande (10 máis que a semana pasada). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (26-IV-2023).

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

A mesa de prezos de Ternera Gallega acordou manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando. No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada pola organización entre os asistentes á feira. En canto á asistencia, houbo 1.424 reses, o que supón 177 menos que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.181 cabezas de vacún menor, 172 menos que na sesión anterior. Houbo 109 de vacún mediano (14 máis) e 134 de vacún grande (19 menos que a semana pasada). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (19-IV-2023).

Subas nos becerros carniceiros noutra semana de prezos récord en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistra este martes unha nova xornada de récords despois de que na última feira tamén se contabilizaran varios prezos destacados. Esta semana houbo prezos máximos para 3 becerros cebados, establecendo novas marcas. Ademais, tamén se sobrepasaron as cotizacións medias de referencia na recría e nos becerros de cebo. Os tenreiros carniceiros experimentaron ademais esta semana subas en boa parte das seccións. Nos prezos da recría non houbo unha tendencia clara, con subas e baixadas dos prezos de referencia nas distintas categorías. O mesmo aconteceu no vacún maior. Nas mesas de cotizacións do porcino, esta semana mantéñense estables os prezos tanto no porco cebado coma nos leitóns. Tampouco o mercado do ovo rexistrou variacións.

Prezos de referencia por categorías

Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Esta semana os becerros de cebo cotizaron á alza. De feito, o prezo medio acadou a mellor cifra da historia da Central, 1.073,25 euros. Ata o momento o máximo acadado foran os 1.072,60 euros do pasado 3 de xaneiro. Tres animais foron ademais os mellor pagados na historia da central. https://www.campogalego.gal/prezo-de-record-por-partida-triple-en-silleda/ En canto ós prezos de referencia das distintas categorías, os becerros frisóns tiveron un valor medio de 821 euros, o que supón unha suba de 10 euros con respecto da semana pasada. Nos becerros de cruces industriais o prezo medio de cotización acadou os 1.138 euros, é dicir 100 máis que na sesión anterior. As femias desta categoría lograron un incremento de 89 euros e están a 986 euros. Nos exemplares de Rubia Galega, os machos tiveron un prezo medio de 1.264 euros (148 euros máis) e as femias descontaron 28 euros ata quedar nos 1.017 euros. Os animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema o valor de referencia foi de 1.053 euros, o que supón unha redución de 22 euros con respecto da semana pasada. Este martes na recría non se aprecia unha tendencia predominante. Nos becerros frisóns, os machos máis novos, os de menos de 20 días, tiveron un valor de 128 euros (23 euros máis). Nos animais de entre 20 e 50 días houbo unha suba de 14 euros, ata situarse nos 169 euros. Nos becerros de máis de 50 días, o prezo medio estivo nos 179 euros, o que amosa unha baixada de 21 euros. A tendencia foi semellante na recría de cruces industriais, os becerros máis novos tiveron un prezo de referencia de 356 euros, logo dunha suba de 3 euros. As femias desta idade tiveron unha suba de 10 euros e chegan ós 275 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días produciuse unha baixada de 29 euros con respecto da semana pasada e quedan nos 394 euros. Nas femias houbo un incremento de 14 euros e teñen un valor de referencia de 322 euros. Nos animais de máis de 50 días, os machos cotízanse a 631 euros, logo dunha baixada de 20 euros. Nas femias incrementouse o seu valor en 9 euros ata os 447 euros. Ademais, esta semana acadouse un novo prezo medio máximo na historia da Central para a recría, situándose nos 339,45 euros, de maneira que se superan os 316,87 euros da semana pasada. Ademais, supuxo que o volume de transaccións fora o segundo maior desta categoría na Central (222.339 euros), tralos 227.100 euros rexistrados o 31 de xullo de 2018. Tampouco no vacún maior houbo unha tendencia clara. Os animais da categoría extra teñen un valor medio de 2.347 euros, o que amosa unha baixada de 19 euros. Mentres, as vacas de primeira sitúanse nos 1.165 euros, logo dun aumento de 31 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio incrementouse en 3 euros e acada os 786 euros. Os animais de desfeito teñen un valor de referencia de 356 euros, o que evidencia unha baixada de 116 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, esta semana reduciuse en 1.691 euros, e quedan de media nos 1.954 euros.

Sen cambios no porcino

As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse esta semana sen cambios tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 2,055 e 2,03 euros o quilo. Os porcos de Canal II están a 2,636 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 107 euros (cun prezo de 5,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 102 euros e cun prezo por quilo de 5,1 euros. O mercado do ovo continúa esta semana sen cambios. Deste xeito, os ovos da XL están a 2,98 euros a ducia, os da L a 2,77 euros, os ovos da M a 2,41 euros e os da S páganse a 2,16 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas tamén se manteñen sen variacións e cotízanse entre os 0,33 e os 0,41 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Prezo de récord por partida triple en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca continúa a superar os seus récords. Así, hoxe fíxoo con tres novas marcas en dúas categorías. Por unha banda, rexistrou o maior prezo pagado por un exemplar de becerro carniceiro por partida triple. Se o récord estaba ata hoxe nos 1.807 euros pagados por un exemplar o pasado 10 de xaneiro, hoxe tres exemplares foron adquiridos por 1.870 euros, 1.876 euros e 2.026 euros. Deste xeito, a partir de hoxe o récord do mercado nesta categoría sitúase nestes 2.026 euros, cantidade pagada por un macho mestizo pertencente a unha gandería de Narón (A Coruña). O animal foi adquirido polo carniceiro Luis Fontán Lago, de Ribadumia (Pontevedra).

Prezos medios máximos

Por outra banda, este martes acadáronse os mellores prezos medios da historia da Central en becerros de recría e becerros carniceiros. Nos primeiros situouse nos 339,45 euros. Superouse así os 316,87 euros da semana pasada, cando o volume de transaccións fora o segundo maior desta categoría na Central, tralos 227.100 euros rexistrados o 31 de xullo de 2018. En canto aos becerros carniceiros, o prezo medio foi de 1.073,25 euros, de maneira que se superan os 1.072,60 euros do pasado 3 de xaneiro nos que se situaba ata hoxe o récord.

Subas na recría no mercado de gando de Amio

O Mercado de gando de Amio celebrado esta mañá rexistrou subas de 5 euros nos prezos da recría, tanto de raza Frisoa coma nos cruces industriais, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira. Ademais, tamén houbo subas, de 10 céntimos nos prezos das canais de vacún mediano clasificados como O e de 20 céntimos para o vacún maior desa mesma categoría. Por razóns de axuste técnico, tamén se incrementaron 1 euro o prezo das canais de vacas especiais. En canto á asistencia, houbo 1.601 reses, o que supón 208 menos que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.353 cabezas de vacún menor, 133 máis que na sesión anterior. Houbo 95 de vacún mediano (20 máis) e 153 de vacún grande (55 máis que a semana pasada). Mentres, as mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades dese gando. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (12-IV- 2023).

Subas na recría e no vacún maior, nunha xornada de récords en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistra este martes unha xornada de récords, tanto nos prezos medios de dúas categorías (becerros de recría e vacún maior), así como cun boi cun prezo histórico. Na recría ademais houbo subas nos prezos, en especial nos becerros de cruces industriais. No vacún maior a tendencia tamén foi á alza. Nos tenreiros de cebo, houbo unha baixada xeral dos prezos medios. Nas mesas de cotizacións do porcino, esta semana estabilizáronse os prezos tanto no porco cebado coma nos leitóns. Tampouco o mercado do ovo rexistrou variacións. Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Un dos prezos de récord da xornada rexistrouse no valor medio dos becerros de recría. En concreto, o valor medio da sesión foi de 316,87 euros, polo que se superaron os 310,30 euros da semana pasada e que supoñían o maior valor acadado dende o 2015. En canto ós prezos da recría frisoa, os animais máis novos descontaron 2 euros con respecto da semana pasada e quedan cun prezo medio de 105 euros. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días, a sección máis numerosa, o prezo medio situouse nos 155 euros, logo dunha suba de 14 euros. O valor de referencia dos becerros de máis de 50 días foi de 200 euros, 1 euro menos que a semana pasada. Nos tenreiros de recría de cruzamentos industriais, os animais de menos de 20 días experimentaron unha suba de 41 euros e quedan cun prezo medio de 353 euros. As femias desta sección tiveron un aumento de 43 euros e cotízanse a 265 euros. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días, o prezo medio foi de 423 euros, cun incremento de 60 euros. Nas tenreiras produciuse un aumento de 11 euros e acadan os 308 euros. Os animais de máis de 50 días experimentaron unha suba de 17 euros e o prezo medio sitúase nos 651 euros. Nas femias o valor medio é de 438 euros, logo dunha baixada de 9 euros, polo que foron a excepción desta sección. Nesta xornada, a tendencia foi á baixa nos prezos de referencia para os becerros carniceiros. Os tenreiros frisóns tiveron un prezo medio de 811 euros, é dicir 43 euros menos. Unha das excepcións foron os machos de cruces industriais, que son tamén a sección máis numerosa. Neste caso tiveron un valor medio de 1.038 euros, o que supón unha suba de 20 euros con respecto da feira anterior. As femias descontaron 50 euros do valor medio da semana pasada, e este martes cotizáronse a 897 euros. Os becerros de Rubia Galega tamén incrementaron o seu valor, neste caso en 56 euros e acadan os 1.116 euros de media. As tenreiras desta raza descontaron 53 euros e quedan nos 1.045 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema o valor medio quedou en 1.075 euros, o que os sitúa en 4 euros máis que o valor da semana pasada. O vacún maior tamén experimentou subas. Os animais da categoría extra teñen un valor medio de 2.366 euros, tras un incremento de 82 euros. Mentres, as vacas de primeira sitúanse nos 1.134 euros, logo dun aumento de 9 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio reduciuse en 5 euros e queda nos 783 euros. Os animais de desfeito teñen un valor de referencia de 472 euros, tras unha suba de 54 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o prezo medio foi de 3.645 euros, o que supón tamén un incremento do valor medio de referencia en 1.800 euros, con respecto da semana pasada. Ademais, o vacún maior foi outra das seccións nas que se acadaron máximos no valor medio das transaccións, ó situarse nos 1.915,24 euros, pasando a ser o maior ata o momento ao superar os 1.769,21 euros do pasado 28 de marzo.

Sen cambios no porcino

As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse esta semana sen cambios tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 2,055 e 2,03 euros o quilo. Os porcos de Canal II están a 2,636 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 107 euros (cun prezo de 5,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 102 euros e cun prezo por quilo de 5,1 euros. O mercado do ovo continúa esta semana sen cambios. Deste xeito, os ovos da XL están a 2,98 euros a ducia, os da L a 2,77 euros, os ovos da M a 2,41 euros e os da S páganse a 2,16 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas tamén se manteñen sen variacións e cotízanse entre os 0,33 e os 0,41 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).