Granja Comas: Producir leite a base de alfalfa nunha zona “vulnerable” co aluguer da terra en 600 euros a hectárea

A comarca catalá de Osona é unha das 13 áreas establecidas polo Goberno da Generalitat como zona vulnerable á contaminación por nitratos dentro da Directiva comunitaria de protección de augas. Coñecemos as implicacións que supón para unha explotación láctea

Josep Comas, junto a sus vacas en la granja ubicada a 3 km de Vic (Barcelona)

Josep Comas, xunto ás vacas da familia na granxa ubicada a 3 km de Vic (Barcelona)

Localizada no municipio de Santa Eugènia de Berga, a 3 km de Vic, na comarca de Osona, Granja Comas muxe case 200 vacas e apostou pola diversificación, transformando unha parte da súa produción de leite en iogures e outros derivados.

Falamos con Jopep Comas e o seu fillo Guillem, que constitúe a cuarta xeración na masía familiar, para pescudar a historia da granxa e coñecer as limitacións que para unha explotación láctea supón estar nunha zona declarada vulnerable á contaminación por nitratos.

“Pagamos uns polos outros. Osona é a comarca con máis sector gandeiro de Cataluña, pero o problema non son as vacas, senón os porcos. No noso municipio somos 2.400 habitantes, pero hai un matadoiro que sacrifica 15.000 porcos ao día”, explica Guillem.

Con tantos xurros as granxas de porcos o que necesitan son terras e iso compromete ás demais explotacións de vacún para poder crecer

“Con tantos xurros as granxas de porcos o que necesitan son terras e iso compromete ás demais explotacións de vacún para poder medrar”, asegura Guillem. Por iso, di, “a nosa filosofía non é crecer máis, porque para ampliar teriamos dificultades e as terras dispoñibles son limitadas”. 

Comparativamente con outras comarcas catalás, Osona aínda mantén unha importante presenza de granxas leiteiras, aínda que son menos da metade das que había fai 30 ou 50 anos, e as que quedan son dun certo tamaño, cun volume medio de entre 150 e 200 cabezas en muxido.

Leite A2A2

Guillem está incorporado a la explotación y se dedica a la parte de transformación

Guillem dedícase á parte de transformación

Diferenciación e valor engadido son os obxectivos que persegue esta gandería familiar. “Cremos nunha boa calidade e bo servizo. Eu penso que o que temos que facer as ganderías é diferenciarnos e transformar para dar valor engadido. Nós non temos intención de medrar máis en tamaño de explotación e buscamos que cun volume contido ao redor das vacas que muximos hoxe, entre 180 e 185, e das 400 cabezas totais que temos, xerar máis ingresos”, indica Guillem.

Buscamos xerar máis ingresos cun volume de explotación contido ao redor das 180-185 vacas en muxido e 400 cabezas totais

Coa intención de diferenciar os seus produtos no mercado, hai 5 anos empezaron a traballar a nivel xenético para lograr animais A2A2 e hoxe practicamente o 100% da cabana produce leite con betacaseína A2A2.

“Nestas pequenas cousas é no que nos podemos diferenciar. As industrias téñeno máis difícil ao mesturar e homoxeneizar o leite, pero para que isto gañe valor é certo que os grandes se teñen que sumar, porque ao ser pequeniños tes unha capacidade xusta de comunicación”, recoñece.

Terceira xeración de gandeiros desde 1920

La explotación recibe visitas de escolares y personas que compran directamente en la granja

A explotación recibe visitas de escolares e persoas que compran directamente na granxa

A masía Mais Roure suma xa a cuarta xeración. Iniciou a granxa Ramón Comas en 1920, cando se instalou nesta antiga residencia de verán do bispado de Vic como masovero, cultivando a finca a cambio dunha parte da colleita.

O seu fillo Manel enseguida comprou unhas vacas leiteiras para fornecer á próxima poboación de Vic, converténdose na primeira xeración de gandeiros da familia Comas. Josep e o seu irmán Ramón, continuaron co negocio en 1978, encargándose Ramón do traballo das terras e a parte agraria e Josep da atención da granxa e o coidado dos animais.

Atopámonos nunha fase de restructuración, tanto na xestión da granxa como na transformación, para gañar capacidade produtiva na parte de elaboración

Hoxe en día a cuarta xeración, representada por Guillem, o fillo de Josep, e por Elisabet, a filla de Ramón, está incorporada á empresa, aínda que centrada sobre todo na parte de transformación e venda. “Agora mesmo atopámonos nunha fase de restructuración, tanto da produción leiteira como da parte de transformación”, admite Josep.

“Tanto o meu irmán coma min estamos xa na idade de xubilación e temos que buscar unha alternativa para a xestión da granxa. Necesitamos tamén un novo obrador para aumentar a transformación propia porque estamos capados polas infraestruturas coas que contamos”, indica.

Transforman o 30% do leite que moxen

GRANJA COMAS (Cataluña) transformación elaboración

No obrador traballan 5 personas para elaborar até 30 referencias diferentes

En Granja Comas traballan en total 11 persoas para tender a explotación e o obrador. Ademais de Guillem, Josep e Ramón, contan con 8 empregados. A día de hoxe moxen unhas 185 vacas e producen entre 5.500 e 6.000 litros diarios de leite, dos que transforman o 30%. O 70% restante véndenllo á industria, concretamente a Pascual, que conta cunha fábrica na localidade barcelonesa de Gurb.

O excedente de leite véndeno a Leite Pascual, con planta de transformación en Gurb

O prezo de venda do leite na actualidade é de 55 céntimos, tras sufrir unha baixada de 5 céntimos na última renovación de contrato, o día 1 de maio. Pero a vixencia do contrato é de só 3 meses e temen novas baixadas.

“Nos últimos anos investimos sobre todo en transformación, para darlle o valor engadido que merece o noso leite e non depender para iso dos demais. Na venda de leite hai monopolio da industria e sempre vai ser así”, afirma Guillem.

Elaboración propia

Granja Comas. Santa Eugènia de Berga, Vic-Osona. Gener 2022. /Carles Palacio

Os iogures son o principal produto de Granja Comas / Foto: Carles Palacio

En 1992 a familia Comas construíu unha pequena queixería para empezar a elaborar produtos derivados a partir do seu leite para desta forma darlle maior valor engadido. “Empezamos elaborando requeixo, seguimos cos iogures naturais, os desnatados, e aos poucos fomos completando a gama con iogures con marmeladas, batidos, kéfires, flans, etc”, explica Josep.

Na actualidade elaboran máis de 30 variedades de lácteos, como batidos, iogures, flans ou leite fresco, aínda que este é un produto máis residual debido ás dificultades de transporte e distribución.

Estamos a facer un bo produto e queremos defendelo

Comercializan directamente na granxa e venden en tendas gourmet, froiterías e supermercados. A rede de distribución complétase con cadeas como Aldi, para a que fabrican flans de marca branca, aínda que a súa presenza neste tipo de grandes superficies é “comedida”.

“Tentamos cubrirnos as costas. O noso principal punto de venda é a tenda especializada e delicatessen que se quere diferenciar e coida o produto. Chegamos a toda Cataluña a través de distribuidores e repartimos practicamente a diario na provincia de Barcelona”, detalla Guillem. A parte comercial e de loxística é externa, a través de distribuidores e vehículos subcontratados.

“Pedagoxía” do valor do local

La explotación recibe visitas de escolares y personas que compran directamente en la granja

A intención da familia Comas é abrir tamén unha agrotenda na propia granxa para dar ao consumidor a posibilidade de atopar un produto de proximidade sen intermediarios. “Estamos a 3 km de Vic, onde viven 47.000 persoas; temos moi preto ao potencial cliente”, di Guillem.

Estamos a 3 km de Vic, onde viven 47.000 persoas; temos moi preto ao potencial cliente

Con ela queren facer tamén “pedagoxía”. “Queremos concienciar ao consumidor de que coa súa decisión de compra diaria ou semanal está a beneficiar ou prexudicar ao sector. Non é necesario comprar leite de marca branca, existen outras posibilidades”, afirma.

Guillem defende a autosuficiencia alimentaria. “Hai que volver crer no produto local, ao que por culpa de políticas cuestionables non se lle está dando a importancia que realmente ten. Por que temos que importar o yogurt de Alemaña e o leite de Francia? Da globalización pódense aproveitar cousas, pero o alimento temos capacidade de xeralo nós aquí”, di.

Incremento dos custos de produción

Las vacas secas y las novillas salen a pastar todos los días

As vacas secas e as xovencas saen a pacer todos os días

Os custos de produción do litro de leite incrementáronse ata alcanzar en 2022 os 36 céntimos nesta explotación e a seca extrema que este ano sofre toda Cataluña non fixo máis que empeorar a situación.

“Levamos dous anos moi secos. Vimos arrastrando xa un ano con pouca comida. Tivemos que comprar en Lleida bastante cantidade. Estes días caeu algunha pinga, esta semana 15 litros. A situación non está mellor, porque para a comida de primavera imos tarde e a produción foi menor, pero a ver se estas choivas arranxan algo, a ver se salvamos polo menos a alfalfa, que brota rápido, para facer un par de cortes”, indica Guillem.

A seca extrema que este ano sofre Cataluña empeorou a situación das ganderías

Os custos de transformación tamén se dispararon. “De luz pagamos o dobre, o cartón, o plástico, subiu todo. O ano pasado foi difícil a nivel de transformación de produto, porque tratabas de aguantar e non repercutir todo ao consumidor”, relata.

Polo tipo de produtos que fabrican, aumentar a porcentaxe de leite que transforman faise máis complicado. “Para facer un quilo de queixo necesitas 10 litros de leite, pero cun só litro de leite fas 8 iogures”, explica.

Alfalfa, o alimento principal

GRANJA COMAS (Cataluña) alfalfa3

O ingrediente esencial na dieta das vacas de Granja Comas é a alfalfa. A ración diaria de alimentación dos animais en muxido está formada por entre 16 e 17 quilos de alfalfa, silo de millo, palla e concentrado, que preparan nun carro unifeed con 4.500 quilos de comida diarios.

Case non usamos soia. A ración unifeed leva 16 quilos de alfalfa, palla e silo de millo

A alfalfa ensílana en microsilos, cun presecado longo para que perda humidade antes de facer as bólas. “Buscamos conseguir moita proteína, chegamos a un 18%, con máis dun 60% de materia seca”, explica Josep.

“Cando hai anos bos de alfalfa practicamente non temos consumo de soia, só compramos fariña de millo para suplir a falta de enerxía”, indica. Aprovisiónanse na cooperativa Plana de Vic, que conta tamén con fábrica de penso. “A fariña de millo historicamente sempre estivo a un prezo razoable; o que nos custa caro é a proteína e por iso tentamos producila nós e autoabastecernos coa alfalfa”, recalca.

Rotación de cultivos

“Traballamos cun sistema de produción de círculo pechado, no que incluímos agricultura, gandería e elaboración. E o primeiro paso son os cultivos. A alimentación das nosas vacas é unha cuestión que coidamos moito”, insiste Josep.

En Granja Comas utilizamos un sistema de produción de círculo pechado e o primeiro paso é o cultivo propio da alimentación das nosas vacas

“Utilizamos un sistema rotativo de cultivos, que consiste en alternar os cultivos para que a terra sexa o máis fértil posible, evitando así as malas herbas, pragas e problemas ocasionados por sementar sempre a mesma forraxe. Principalmente traballamos con leguminosas (alfalfa) e gramíneas (sorgo, trigo, millo)”, detalla.

Facemos algo de sorgo e millo, pero estamos a deixar de cultivalo polo cambio climático

“Coa alfalfa podemos facer rotacións bastante longas, é un cultivo plurianual que nos dura 4 ou 5 anos, e para facer as rotacións metemos cereal, por exemplo trigo ou cebada. A alfalfa fixa o nitróxeno e esa terra xa nos serve para labrala directamente despois, sen ter que abonar. Aramos profundo e funciona ben con pouca auga. O millo ao necesitar moita auga estamos a deixar de cultivalo e todo o que podemos sementar con alfalfa témolo con alfalfa”, explica.

Prezo disparado da terra

GRANJA COMAS (Cataluña) alfalfa1

Gran parte do traballo agrario realízano eles directamente. Traballan ao redor de 100 hectáreas, un terzo propias e dous terzos alugadas. “Hai algunhas que están lonxe, a 20 minutos da granxa”, recoñecen.

“Todo o que se puido foise adquirindo a base de anos e de moito traballo, pero a terra está carísima na nosa zona”, indican. A competencia que exercen as explotacións de porcino, necesitadas de superficie agraria na que aplicar os xurros que xeran, contribuíu a elevar os prezos.

A hectárea págase na zona en arrendo entre 500 e 600 euros ao ano

O grupo aragonés Jorge, propiedade da familia Samper, unha das principais empresas europeas exportadoras de carne de porcino a China, mantén unha importante presenza na zona e lanzouse a comprar terras.

“Desde entón disparáronse moito os prezos, chegando a máis de 60.000 euros a hectárea, e o custo de arrendo móvese entre 500 e 600€/ha ao ano e é secano, é dicir, dependes de que chova para ter boa produción”, explica Josep. Granja Comas non dispón de regadío, pouco habitual en Osona, a diferenza por exemplo do que acontece na zona de Lleida.

Veráns calorosos

Disponen de techos aislados y ventiladores para aliviar el estrés por calor de las vacas

Dispoñen de teitos aislados e ventiladores para aliviar o estrés por calor das vacas

Santa Eugènia de Berga ten un clima de interior con oscilacións térmicas importantes. “Somos extremos. Onde estamos situados no inverno vai frío e no verán calor. Aínda que os invernos son cada vez menos fríos, chegamos a -7 graos de mínima, e no verán superamos os 30 graos e podemos chegar puntualmente aos 35”, explica Guillem.

A recría sae ao exterior ata o momento do primeiro parto, con dous anos de idade

Para reducir o estrés térmico das vacas dispoñen de ventiladores, teitos illados e cortinas para evitar o sol directo sobre os animais. As vacas en produción non saen fóra, pero o lote de secas e a recría sae a diario a un campo que conecta coas instalacións da granxa.

Cruces cárnicos e cebo na propia explotación

Na actualidade realizan a recría na propia granxa, aínda que Josep aínda lembra cando a substitución necesaria cubríase comprando xovencas en Francia e ás vacas da explotación poñíanlles cruces cárnicos para cebo. “Nese momento era rendible comprar en Francia, pero iso xeraba algún problema sanitario e as xovencas de importación subiron moito de prezo”, recoñece Josep.

A base xenética do rabaño é a raza holstein, aínda que están a valorar outras razas, como a montbeliard

Hoxe inseminan entre un 20 e un 25% con holstein para garantir recría propia con vocación leiteira e ao resto poñen limusín para lograr un cruzamento industrial para cebo, que realizan eles mesmos nun establo pertencente a un dos empregados da explotación.

Desde hai dous anos recuperaron esa fonte de ingresos complementaria á produción láctea da explotación. “Decidimos aproveitar os machos. O meu tio e o meu pai facíano ao principio, hai máis de 30 anos, aínda que despois deixárono un pouco de lado para centrarse en producir leite”, explica Guillem.

Utilizan un 75% de cruzamento con limusin para dispoñer de tenreiros de engorde

“A xente que vén á granxa a comprar os nosos lácteos é susceptible de comprar tamén a carne. O que facemos é levar o tenreiro ao matadoiro e facer lotes de 7 quilos para venda directa a particulares e hamburguesas para algún colexio. O volume é moi baixo polo momento pero creo que pode ter un certo desenvolvemento porque a xente responde ben”, indica. A maior parte dos tenreiros son vendidos por agora á industria, a un prezo medio de 5,60 euros o quilo.

“Estar nunha zona declarada como vulnerable limítanos no noso traballo”

GRANJA COMAS (Cataluña) Josep

A ameaza da declaración de zonas vulnerables á contaminación por nitratos planea sobre varias comarcas galegas, como A Limia en Ourense e O Deza en Pontevedra. A Xunta tratou de atrasar esta decisión, que tería importantes consecuencias sobre o funcionamento das ganderías existentes, a súa futura ampliación e o establecemento de novas explotacións nestas áreas.

A multiplicación nos últimos anos de granxas intensivas porcinas nestas zonas agrava un problema que sofren desde hai anos en Cataluña, onde un terzo do seu territorio está baixo vixilancia continua e a actividade agrogandeira fortemente condicionada.

Do mesmo xeito que ocorre no Deza, na comarca de Osona conviven granxas porcinas con explotacións lácteas. “Sufrimos as consecuencias dun problema creado por outros, polas granxas de porcos que hai instaladas nesta zona”, explica Josep.

A burocracia está a comernos, fainos perder moito tempo

A área na que está situada Granja Comas está declarada zona vulnerable á contaminación por nitratos desde o ano 2009, o que lles supón restricións á hora de fertilizar os seus campos, cunha redución de 220 a 170 unidades de nitróxeno por hectárea como máximo, e unha infinidade de controis. “Padecemos moita burocracia, que nos fai perder moito tempo e non nos facilita en nada o traballo”, quéixase.

O 45% dos municipios cataláns declarados vulnerables

O 45% dos municipios cataláns están declarados como vulnerables á contaminación por nitratos de orixe agrícola. A Generalitat de Cataluña designou desde o ano 1998 un total de 13 zonas vulnerables, o que representa un 33,8% da superficie total de Cataluña.

Traballar nestas zonas supón un control exhaustivo de períodos de aplicación, doses empregadas, momentos de sementeira e parcelas utilizadas, cun calendario estrito de abonado.

Ás granxas instaladas nestas zonas vulnerables esíxenselles prácticas agronómicas específicas que exceden as recollidas no novo Real Decreto de Nutrición Sostible de chans agrícolas. “Hai anos que usamos cisterna con tubos colgantes para aplicar o xurro”, exemplifica Josep.

Valorando o paso a ecolóxico

GRANJA COMAS (Cataluña) vacas pastoreo1

Aínda que críticos coa forma de aplicar a norma e a burocracia que iso conleva, a familia Comas coida as súas terras “por convencemento”. “Tratamos de traballar ben a terra, de ser sostibles, de xerar o mínimo impacto sobre o medio ambiente e creo que o logramos”, asegura Guillem.

“Practicamente non usamos abono químico de ningún tipo, unicamente o xurro que xera a propia granxa, que utilizamos para abonar as terras da explotación”, explica. Este modelo de economía circular compleméntase coa súa aposta polo cultivo de alfalfa, unha leguminosa que lles axuda a fixar nitróxeno atmosférico no chan e reducir as necesidades de abonado.

Practicamente non usamos abono químico de ningún tipo, unicamente o xurro que xera a propia granxa

Este tipo de prácticas respectuosas co medio ambiente, primadas na nova PAC, entran tamén dentro dos preceptos da agricultura ecolóxica, á que están estudando se se incorporan. “Plantexámolo, pero o tema burocrático e o custo da certificación bótanos para atrás. Aínda que se vemos que o mercado o valora, daremos o paso, porque o que facemos a día de hoxe non é moi distinto, teriamos que facer unicamente pequenos cambios”, indica Guillem.

“Neste momento estamos a valorar se merece a pena ou non dar o paso, freamos un pouco a decisión porque cando entras en ecolóxico tes que comprometerte a estar unha serie de anos, agora son 5 anos como mínimo, e isto supón algún problema para os arrendamentos das terras, xa que hai propietarios aos que ese tipo de alugueiros de longa duración bótaos para atrás”, explica Josep.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información