Archives

España baixa un 10,6% as emisións de amoniaco, o que reduce presión sobre o xurro

O agro español marcha polo bo camiño no cumprimento dos compromisos comunitarios de emisións agrarias. O Ministerio de Agricultura calcula que España reduciu un 10,6% as súas emisións de amoniaco con respecto ó ano 2005, segundo os datos que se deducen do sistema informático Ecogan, dirixido principalmente a medir as emisións das ganderías intensivas. Agricultura destaca o esforzo do agro na mellora de prácticas en materias como fertilización ou alimentación animal, o que sinala que permitiu reducir as emisións. “España non só cumpre por segundo ano consecutivo co compromiso de reducións fixado na ‘directiva de teitos’, senón que triplica os compromisos de diminución de emisións que tiña para todo o periodo 2020 – 2030, que se situaban no 3%”. De cara ó futuro, o Ministerio subliña a importancia de continuar desenvolvendo a ferramenta Ecogan, un sistema informatizado que permite estimar as emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro dunha granxa ao longo do seu proceso produtivo. A plataforma do sistema Ecogan compila ademais as mellores tecnoloxías dispoñibles (MTD) para contribuír á redución de emisións das granxas. A información recollida polo sistema contribúe a facer os cálculos de emisións agrarias en España en amoniaco, óxido nitroso e outros gases nitroxenados. Flexibilidade para as aplicacións de xurro na Cornisa Cantábrica Os cálculos que apuntan a un descenso das emisións de amoniaco en España danlle máis aire á Cornisa Cantábrica en materia de aplicación de xurros, xa que España ten certa marxe no cumprimento das esixencias comunitarias. Tal e como avanzou o Ministerio recentemente, as granxas poderán seguir aplicando o xurro con sistemas como o prato invertido, sen necesidade de empregar inxectores ou tubos colgantes, como se lexislara nun principio. https://www.campogalego.gal/xunta-autorizara-o-uso-prato-invertido-como-sistema-de-aplicacion-de-xurros-en-galicia/

Landra, o proxecto do polígono agroforestal de Chantada para criar porcos en ecolóxico

Julio Taboada, cos porcos da súa explotación de Sabadelle (Chantada) Julio Taboada e Ramón Fernández empezaron hai 4 anos a criar porcos en extensivo na parroquia de Sabadelle, en Chantada. Contaban cunha superficie de monte que levaba anos en situación de abandono pero que ofrecía boas posibilidades para a alimentación dos animais, ao contar con castiñeiros e carballos. “Onde temos os porcos non se daba nin entrado, había unha corredoira moi estreita. Hai 4 anos preparamos o sitio cunha pa e metemos os animais. O primeiro ano empezamos con 15 porcos e despois xa fomos aumentando”, explican. Neste momento dispoñen dunha extensión de 11 hectáreas pechadas e teñen solicitado un polígono agroforestal para ampliar a superficie da explotación. Serían outras 40 hectáreas en Vilameá, na zona de monte que rodea as casas, pertencentes a uns 80 propietarios. É superficie particular dos veciños que neste momento está sen uso, con parcelas de prados (unhas 5 hectáreas) e o resto de monte con presenza de castiñeiros e carballos.
Cambiámolos de parcela e encalamos para que o monte se recupere
A superficie total en conxunto permitiría criar uns 500 porcos ao ano en extensivo. “Faríamos parcelas de entre 4 e 5 hectáreas para poder ir rotando os animais e que se fose recuperando o monte unha vez que eles pasen e desbrocen. Neste momento, das 11 hectáreas das que dispoñemos, temos 3 en descanso. Normalmente cambiamos de parcela logo de dúas campañas”, explica. O valor de criar porcos en extensivo Julio destaca dous aspectos positivos da cría de porcos en extensivo: “por un lado temos os montes limpos para que non ardan e por outro producimos carne de moita calidade que non ten nada que ver coa de porcos criados nunha granxa, aínda que a raza poida ser a mesma”, defende. “A calidade é totalmente distinta, porque ademais da raza ten que ver moito a alimentación”, asegura. Neste caso, “o que comen é natural para que o sabor da carne lembre á dos porcos de antes”, di. Ademais do que eles comen no monte danlles tamén un pequeno aporte de cereal.
Suplementámolos unicamente cun quilo de cereal ecolóxico por animal e día; o resto do que comen é o que eles atopan no monte
“Suplementámolos con algo de penso ecolóxico, un quilo por animal e día, pero sobre todo eles aliméntanse do que atopan. Toda esta zona era monte con moita castaña e moita bellota”, indica. Ademais, non se xeran problemas de puríns ou contaminación. “Aquí non hai emisións de amoníaco como pode haber nunha granxa porcina convencional. Iso sábese tan só polo olor, neste sistema de manexo non hai cheiros”, asegura. Facer o ciclo de cría completo A explotación está focalizada polo momento no cebo, pero pretende completar o ciclo. "Até o de agora mercabamos os porcos de pequenos, xa destetados, e introduciámolos no monte, pero agora xa contamos con varias reprodutoras e un macho para facer tamén nós aquí a cría. Para a campaña do ano que vén xa os criaremos nós aquí todos", indica Julio. Dentro da parcela dispoñen dun cobertizo onde os animais se poden resgardar da chuvia e o frío, onde reciben a ración diaria de cereal e onde teñen bebedoiros. É tamén a zona de manexo para os tratamentos e a desparasitación e o lugar de carga para a saída dos porcos cebados cara ao matadoiro. Os peches, o máis importante Pechar ben as parcelas é “o máis importante e tamén o máis custoso”, recoñece Julio. “Nós pechamos con malla en todo o perímetro e logo poñémoslles a maiores o pastor. É importante non só para que non se boten eles senón tamén para que non entre o xabarín”, explica. Revisan case a diario o estado dos peches, algo que lle supón bastante tempo, xa que son perímetros de varios quilómetros con zonas algunhas delas difíciles de andar. “Fago o percorrido todo ao redor cada dous días por se puido caer algunha póla, por exemplo, e lévame hora e media. Case é o que máis traballo dá”, recoñece. Raza duroc Os porcos son de raza duroc 100%, que se caracteriza por un bo crecemento e unha axeitada infiltración de graxa. “Probamos distintas razas, desde porco celta a landrán, e tamén cruce de landrán con petrén, pero decantámonos por esta. É a que mellor aguanta o frío e ten un xamón moi entrefrebado. É a que máis rendible nos sae", asegura Julio.
Nun ano gañan uns 100 quilos de peso
Nós pesámolos cando entran e cando saen. Entran con entre dous meses e dous meses e medio e veñen pesando entre 30 e 35 quilos. Logo témolos aquí entre un ano e catorce meses e veñen saíndo con entre 130 e 140 quilos. Sala de transformación Polo de agora Julio e Ramón non contan con instalacións propias nin para sacrificar nin para elaborar, polo que dispoñen de acordos con outras empresas ás que tamén lles venden os porcos cando teñen excedentes unha vez que están cebados. "Matámolos no matadoiro, tanto aquí no de Taboada como en Lugo, e logo elaboramos nunha sala de transformación autorizada para poder vender o produto con tranquilidade", indica. Pero a súa idea a medio prazo é contar cunha sala de despece e elaboración propia e facer uso do servizo de matadoiro móbil que acaba de poñer en marcha a Xunta.
O sobreprezo deste tipo de porcos con respecto a un de granxa non é moito e sen embargo a calidade é outra moi diferente
Venden tanto a particulares que buscan un porco de calidade para a matanza como tamén a bares e restaurantes. Ofrecen tamén para grupos, e previa reserva a través do número de teléfono 647521992, a posibilidade de degustar nunha casa tradicional do século XVIII un cocido elaborado coa carne e as salazóns que eles fan. Dispoñen ademais dalgunha tenda que comercializa xa os seus produtos elaborados (chourizo, chourizo ceboleiro, butelo e androlla, entre outros).
Ofrecen para grupos a posibilidade de degustar un cocido previa reserva
Neste momento a produción que teñen é máis estacional e concéntrase sobre todo nos meses do inverno, que é tamén cando hai máis demanda pola tradición das matanzas nas casas, pero cando teñan a pleno funcionamento o polígono agroforestal, cos 500 porcos, a súa idea é ter produción durante todo o ano e que os seus embutidos e produtos salgados e curados poidan mercarse nas tendas. “E o que non sexamos capaces de transformar e vender nós seguirémolo vendendo a outras industrias cárnicas de transformación que hai en Galicia e que apostan polos produtos de calidade igual ca nós. Hainas que están interesadas en mercarnos a produción”, di Julio.

Vacas cachenas para manter limpos os prados

Nos prados pace un rabaño de dúas ducias de cachenas Na casa de Julio en Sabadelle houbo vacas de leite pero cando a explotación pechou as fincas fóronse abandonando e enchendo de maleza. Por iso decidiu introducir vacas de carne, de raza cachena, coas que manter coidados os prados. “Empecei con 5 e agora teño 24”, detalla. Coa carne de cachena tamén fai venda directa. “Ao principio non había moita saída, pero agora non se dan producido becerros, hai moita demanda”, asegura. Os animales están todo o ano fóra, "tanto en verán como en inverno”, explica. Máis aló do que pacen, nos meses de agosto e setembro ten que suplementar con silo ou herba seca porque “isto é moi seco”, conta.
Para cambialas de prado teño que manexalas eu só; son animais con bastante temperamento
O manexo que fai é sinxelo, simplemente vai cambiando de finca as vacas coas súas crías. A raza cachena ten fama de ter temperamento, pero Julio explica que no seu caso bota man dunha das vacas máis vellas do rabaño, que é a máis mansa, para levala diante e que as outras a sigan. “Teño que manexalas eu só, iso si”, recoñece. Para Julio tanto a cría dos porcos como as vacas cachenas é polo de agora unha actividade complementaria, polo que ten que buscar un sistema de manexo o máis sinxelo posible e que requira a menor carga de traballo posible.
As cachenas non dominan o monte, os porcos si
Aínda que a cachena é unha raza rústica que pace e é capaz de alimentarse en zonas arbustivas, “a vaca non domina o monte”, asegura Julio, polo que a maleza e a vexetación acabaría pechándoo. Por iso pensaron nos porcos que, nese sentido, “desbrozan moito máis que as cachenas”, di. “Os porcos pacen igual que as vacas, pero acaban tamén coas silvas e os toxos; deixan todo limpo e despois aí medra a herba”, valora. O ano pasado no outono, cando retiraron os porcos da parcela de monte na que levaban dous anos, encalaron para favorecer a desinfección do terreo e o nacemento da pradeira, grazas ao mellor aproveitamento do abono depositado polos propios animais.

O mercado gandeiro de Silleda comeza o 2024 con escasa afluencia de animais e prezos á baixa na recría

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou este martes o seu primeiro mercado gandeiro do 2024 con escasa afluencia e prezos á baixa, algo habitual nestas datas, e tralo récord de asistencia da última poxa celebrada o pasado 19 de decembro. Como mostra, a asistencia rexistrada foi de 130 becerros de recría e de 43 de vacún maior, fronte aos 758 e 248 animais, respectivamente, da última poxa. Nas mesas de prezos, non houbo cambios nas cotizacións dos ovos e da carne de porco, pero si se rexistraron subas nos leitóns.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 2 euros o seu valor e sitúanse nos 70 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- tiveron un valor medio de 99 euros (-9 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 100 euros (-57 euros). Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 218 euros, logo dunha baixada de 86 euros. As femias desta sección cotízanse a 198 euros (-29 euros). Pola contra, nos animais de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa-, rexistrouse unha leve suba: o valor medio dos machos está nos 401 euros, tras subir 27 euros con respecto da feira anterior, e as femias marcaron un prezo de referencia de 289 euros (+ 19 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos baixaron de prezo unha media de 95 euros e sitúanse nos 438 euros. Mentres, as femias descontaron 55 euros con respecto da cotización de hai dúas semanas e quedan cun valor de referencia de 295 euros. No caso dos becerros de cebo  apenas houbo asistencia (17 becerros) polo que as cifras tampouco son representativas. No vacún maior só os animais de primeira e de desvelle experimentaron subas esta semana,mentres que no resto de categorías impuxéronse as baixadas. Así, nos de primeira o prezo incrementouse 20 euros e acadan os 1.162 euros. Pola contra, nos de segunda houbo unha baixada de 51 euros e sitúanse nos 699 euros. Nos animais da categoría extra houbo tamén un descenso de 176 euros e quedan cun valor de referencia de 1906 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 522 euros, o que supuxo unha suba de 86 euros con respecto á ultima poxa.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 94 euros (cun prezo de 4,7 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 89 euros e cun prezo por quilo de 4,45 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 21 de decembro.

A aldea modelo de Fisteus, en Quiroga, lista para poñer en marcha unha gandería de porcino en extensivo

A Consellería do Medio Rural rematou os traballos de acondicionamento deseñados para desenvolver a actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga. Esta aldea, na que se prevé instaurar unha explotación de gando porcino en extensivo, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas distribuídas en 269 parcelas de 38 titulares catastrais. Neste sentido, traballouse na zona para realizar unha serie de actuacións para poñer a punto os terreos. Construíuse un peche para delimitar o perímetro da aldea modelo e instaláronse comedeiros, bebedoiros e unha manga de curral, ademais doutras instalacións auxiliares como un pastor eléctrico solar recargable. O investimento para levar a cabo estes traballos foi de algo máis de 157.000 euros. Ademais, tamén se instalaron dous dormitorios para os futuros animais, con madeira de piñeiro, baixo o obxectivo “de minimizar ao máximo posible o impacto que poden ter este tipo de estruturas no entorno e a paisaxe”, sinalan desde a Consellería.

Mantéñense as subas nos prezos dos leitóns en Silleda

Esta semana non houbo gando na Lonxa Agropecuaria de Silleda pola celebración do Nadal e só se celebraron as mesas de prezos. A actividade recuperarase a próxima semana, na sesión do día 2 de xaneiro, cando volva haber gando vacún para a venda. En canto ás Mesas de prezoas, nas cotizacións do porcino, esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 92 euros (cun prezo de 4,6 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 87 euros e cun prezo por quilo de 4,35 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, nos da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello experimentou unha baixada de 0,2 euros e cotízase a 2,45 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

A Central pecha o ano cunha xornada de récord de afluencia de becerros carniceiros

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca pecha hoxe o ano con récords na categoría de becerros carniceiros. Así, esta mañá, na última poxa de 2023, rexistrouse tanto o maior número de tenreiros carniceiros nunha sesión, cun total 217, como a maior cifra de adxudicados, con 206. Ata o de agora a máxima asistencia foran 215 animais e o maior número de adxudicados 196, unhas cifras rexistradas o pasado 8 de agosto. Consecuentemente con este récord de afluencia tamén se acadou o maior volume de transaccións, con 215.538 euros, polo que se supera a cifra máxima ata o momento, os 206.974 euros, tamén da poxa do 8 de agosto. Porén, en canto ós prezos de referencia nesta categoría non houbo unha tendencia clara. Pola súa banda, na recría houbo unha baixada xeral, tanto nos becerros de recría coma nos de cruces industriais. No caso do vacún maior, esta semana os prezos experimentaron unha suba nas categorías de primeira e segunda. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana.
A próxima poxa será o 2 de xaneiro, ó suspenderse a do día 26 de decembro
Esta é a última sesión do ano, logo de que dende a Central acordaran suspender a poxa do próximo martes día 26. Así, a seguinte sesión celebrarase xa no ano novo, o día 2 de xaneiro.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 25 euros o seu valor e sitúanse nos 72 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 107 euros (-31 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 156 euros (-15 euros). Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 304 euros, logo dunha baixada de 30 euros. As femias desta sección cotízanse a 227 euros (-50 euros). Nos animais de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 374 euros, tras descontar 34 euros con respecto da feira anterior. As femias marcaron un prezo de referencia de 270 euros (- 29 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos foron a excepción e incrementaron o seu valor en 54 euros e sitúanse nos 542 euros. Mentres, as femias descontaron 60 euros con respecto da cotización da semana pasada e quedan cun valor de referencia de 350 euros. No caso dos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha suba de 49 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e o prezo de referencia foi de 1.082 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 53 euros e quedan cun valor medio de 913 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 72 euros. As femias desta raza están nos 1.055 euros (-13 euros). Os becerros frisóns rexistraron esta semana unha suba de 523 euros ata un valor de referencia de 795 euros, logo de que a semana pasada marcaran un mínimo de 272 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.074 euros (- 153 euros). No vacún maior só os animais de primeira e segunda experimentaron subas esta semana. Así, nos de primeira o prezo incrementouse 13 euros e acadan os 1.142 euros. Nos de segunda a suba foi de 23 euros e sitúanse nos 749 euros. Nos animais da categoría extra houbo unha baixada de 94 euros e quedan cun valor de referencia de 2.081 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 436 euros, o que supuxo unha baixada de 36 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 1.962 euros, 512 euros menos que na feira anterior.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 91 euros (cun prezo de 4,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 86 euros e cun prezo por quilo de 4,3 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Que tendencia de produción e prezos seguirá a gandería na UE ata 2035?

Menos vacas e menos produción de leite, pero con máis valor engadido, da man de lácteos funcionais e sostibles. Tamén un menor consumo de carne de vacún e porcino, compensado por un aumento da demanda da carne de ave. Son algunhas das tendencias que se marcan nun informe que acaba de elaborar a Comisión Europea sobre as perspectivas agrarias para 2035. Como é habitual, é un informe suxeito a numerosas incertezas, como se pode comprobar con anteriores informes, que envelleceron peor que o leite por factores económicos, ambientais ou xeopolíticos. Gandería de leite: produción e prezos A produción de leite crecerá a nivel mundial un 1,6% anual na próxima década, pero por contra, na UE espérase unha redución de entregas cada ano dun 0,2%. O sector verase limitado na UE por estritas políticas ambientais e de benestar animal, se ben un elemento positivo é que é esperable a produción de leite con maior valor engadido para as granxas, procedente de sistemas extensivos, liñas ecolóxicas ou con menores insumos externos. A cabana de vacas de leite espérase que se reduza un 13% no período 2023-2035, aínda que a produción apenas se resentirá porque se espera un aumento medio de rendementos dun 0,9% anual por vaca. En canto a prezos, tras os picos de prezos de 2022 e 2023, a previsión é que o valor do leite no campo siga a liña da inflación na próxima década coa inflación, polo que en realidade o valor real do leite espérase que se manteña plano. Produción e consumo de lácteos O consumo interno absorberá na próxima década ao redor dun 88% da produción e espérase que se manteña estable, cunha baixada de só un 0,1% anual. A peor parte, segundo a previsión, lévana os produtos lácteos frescos (-0,7% anual) e o leite líquido, así como o leite enteiro en po. Na parte positiva, espérase un aumento da produción de queixo e soros, en boa medida polo tirón das exportacións de ambos os segmentos. A manteiga tamén ten boas perspectivas, igual que o leite en po desnatado. Para o ioghurt, entre tanto, prognostícase estabilidade, quizais con lixeiros incrementos, da man de produtos funcionais (por exemplo os proteícos) ou de consumo cómodo (bebibles). A tendencia a produtos funcionais e segmentados tamén se deixará notar no leite líquido, onde se espera que o envellecemento da poboación fortaleza as liñas de leites con vitaminas e minerais engadidos. É previsible tamén que os consumidores máis novos se decanten por produtos con menos graxas e azucres, así como adaptados a intolerancias, como as gamas sen lactosa. Exportacións lácteas A UE consolidou nos últimos anos a súa posición como líder mundial en exportacións lácteas, en empate técnico con Nova Zelandia, sumando a UE e Nova Zelandia case a metade das exportacións mundiais. Na próxima década, as exportacións continuarán sendo importantes na UE e representarán ao redor dun 12% da súa produción. Con todo, é de destacar que o mercado mundial do leite se desacelerará pola esperada redución da demanda chinesa. En parte, compensarase con maior demanda doutros países, como os do Sueste asiático ou norte de África, aínda que estas rexións tamén é previsible que aumenten a súa produción interna na próxima década.

O consumo de carne seguirá á baixa

O consumo de carne de vacún na UE experimentou unha diminución en 2023 debido aos elevados prezos, a escasa oferta e unha crecente preocupación pola sustentabilidade. Proxéctase que esta tendencia á baixa manterase, levando a unha redución no consumo per cápita de carne de vacún, que dos actuais 10 Kg./ano pasará a 9,5 kg, representando unha diminución do 6,9%. Estas cifras, aínda que diferentes, levan o mesmo ton en termos produtivos: estímase que a produción de carne de vacún na Unión Europea diminuirá un 9,2% en comparación coa media dos anos 2021-2023. En canto á carne de porcino, o informe da Comisión Europea manifesta que cuestións como as preocupacións ambientais e sociais, ou a composición relativamente máis graxa da carne de porco afectarán o seu consumo. É por iso que se proxecta un menor consumo per cápita de carne de porco na UE, coa previsión de que diminuirá anualmente a razón dun 0,7%, alcanzando oa 29,7 kg en 2035. Esta cifra representa unha caída significativa do 7% en comparación cos xa baixos niveis rexistrados no período 2021-2023. Por último, aínda que se prevé que o ritmo de crecemento do consumo de aves de curral na UE se desacelere, a tendencia á alza seguirá a razón do 0,3% anual de aquí a 2035, situando o cociente anual per cápita en 24,9 kg, en comparación cos 23,7 kg actuais. A Comisión Europea explica o repunte co prezo relativamente alcanzable, a imaxe máis saudable da carne de ave en comparación con outras carnes (especialmente a de porco), a facilidade de preparación e a ausencia de restricións relixiosas asociadas ao consumo de aves de curral.

Baixadas no vacún maior e nos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou esta semana unha baixada dos prezos de referencia tanto nos becerros de cebo como no vacún maior, despois de que na feira anterior houbera subas en ambas categorías. Nos becerros de recría tamén houbo baixadas das cotizacións, aínda que non en todas as seccións. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron en 29 euros o seu valor e sitúanse nos 97 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 138 euros (+ 24 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días foron a excepción nesta raza cunha baixada de 19 euros, o que deixa un prezo de referencia de 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 343 euros, logo dunha suba de 31 euros. Nos animais de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 408 euros, logo dunha baixada de 21 euros con respecto da feira anterior. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos descontaron 38 euros e pasan a cotizarse de media a 488 euros. No caso dos tenreiros de cebo case tódalas categorías rexistraron unha caída dos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha baixada de 104 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e o valor de referencia foi de 1.033 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 31 euros e quedan cun valor medio de 966 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.169 euros, ó rexistrar unha baixada de 35 euros. As femias desta raza están nos 1.068 euros. Foron das únicas seccións nas que se rexistrou unha suba (+ 92 euros). Os becerros frisóns rexistraron esta semana unha forte caída do prezo prezo medio, pasando dos 1.039 euros que se pagaron a semana pasada ós 272 euros desta. Tamén as femias pintas experimentaron unha baixada do prezo, aínda que non tan destacada. O valor de referencia é de 541 euros (- 92 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.227 euros (+ 66 euros). No vacún maior a tendencia foi de novo á baixa, agás nos animais da categoría extra,  que tiveron unha suba de 52 euros e quedan cun valor de referencia de 2.175 euros. Pola súa banda, as vacas de primeira experimentaron unha baixada de 18 euros e quedan nos 1.129 euros. Os exemplares de segunda tiveron unha redución de 16 euros e teñen un valor de referencia de 726 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 472 euros, o que supuxo unha baixada de 57 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.474 euros, 4 euros máis que na feira anterior.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 89 euros (cun prezo de 4,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 84 euros e cun prezo por quilo de 4,2 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, nos da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no vacún maior e nos becerros de cebo en Silleda

O vacún maior mantivo esta semana a tendencia á alza na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca con subas en case tódalas categorías. Tamén os becerros de cebo rexistraron esta semana subas en todas as seccións. Mentres, nos tenreiros de recría frisóns houbo unha baixada xeral dos prezos de referencia. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana. Este martes dende a organización da Central tamén fixeron público o calendario das próximas feiras. Por mor das festividades de Nadal suspenderase a feira do día 26 de decembro, mentres que se manterá a do día 2 de xaneiro. 

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 13 euros e sitúanse nos 68 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 114 euros (-7). Os becerros pintos de máis de 50 días foron a excepción, cunha suba de 19 euros, o que deixa un prezo de referencia de 160 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á alza, agás os tenreiros máis novos, os exemplares con menos de 20 días. Así, nos machos houbo unha baixada de 51 euros e cotízanse a 312 euros e as femias descontaron 17 euros con respecto da semana pasada e o prezo de referencia é agora de 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 429 euros, logo dunha suba de 41 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o incremento foi de 23 euros e quedan cun valor de referencia de 302 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 39 euros e pasan a cotizarse de media a 526 euros, mentres que as femias tiveron un aumento de 10 euros e sitúanse nun valor medio de 396 euros. No caso dos becerros de cebo houbo subas en todas as categorías. Nos machos de cruces industriais rexistrouse un incremento de 78 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia foi de 1.137 euros. Nas femias produciuse un aumento de 275 euros e acadan un valor medio de 997 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.204 euros, ó rexistrar unha suba de 107 euros. As femias desta raza están nos 976 euros, logo dun incremento de 58 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (+94 euros). No vacún maior a tendencia foi de novo á alza, agás nos animais de segunda, que descontaron 3 euros con respecto da semana anterior e quedan cun valor de referencia de 742 euros. Pola súa banda, as vacas da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.123 euros, o que amosa unha suba de 69 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 15 euros e quedan nos 1.147 euros. Os exemplares de descarte cotizáronse a un prezo medio de 529 euros, o que supuxo un aumento de 71 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.470 euros (+198 euros).

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 87 euros (cun prezo de 4,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 82 euros e cun prezo por quilo de 4,1 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,01 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,74 euros e os da M a 2,04 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no vacún maior en Silleda

Os prezos medios do vacún maior rexistraron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca. Mentres, nos becerros, tanto na recría como nos de cebo, a tendencia foi á baixa.  Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado mantense estable e os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 3 euros e sitúanse nos 81 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días foron unha das excepcións, e o valor medio está nos 121 euros (+2 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días descontaron 14 euros e caen ós 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral tamén foi á baixa nos machos, a excepción dos animais máis novos, que cun incremento de 5 euros con respecto da semana pasada acadan un valor medio de 363 euros. Pola súa banda, as femias rexistraron subas en todas as categorías. Nas femias máis novas, o incremento foi de 13 euros e sitúanse nos 253 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 388 euros, ó descontar 7 euros con respecto da semana pasada. Nas femias desta categoría o incremento foi de 24 euros e quedan cun valor de referencia de 279 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 37 euros e pasan a cotizarse de media a 487 euros, mentres que as femias tiveron unha suba de 12 euros e sitúanse nun valor medio de 386 euros. Tamén cotizaron á baixa os becerros de cebo, aínda que coa excepción dos machos de cruces industriais, onde se rexistrou un incremento de 32 euros con respecto do prezo medio da semana pasada. Deste xeito, esta categoría marcou un prezo de referencia de 1.059 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 403 euros e quedan cun valor medio de 722 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 34 euros. As femias desta raza están nos 918 euros, logo de descontar 285 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.067 euros (-52 euros). A tendencia foi á alza no vacún maior, agás nos animais de descarte e nos comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nos primeiros, houbo unha baixada de 21 euros e teñen un prezo medio de 458 euros. Mentres, nos exemplares de Vaca e Boi o prezo de referencia situouse 100 euros por debaixo da última feira, nos 2.272 euros. Pola súa banda, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.054 euros, o que amosa unha suba de 43 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 37 euros e quedan nos 1.132 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 745 euros, o que supuxo un aumento de 13 euros con respecto da semana pasada.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 85 euros (cun prezo de 4,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 80 euros e cun prezo por quilo de 4 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,03 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,73 euros e os da M a 2,03 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Presentado o matadoiro móbil para pequenas granxas de ovino, cabrún e porcino

A Xunta de Galicia presentou o matadoiro móbil para pequenas granxas de ovino, cabrún e porcino. O servizo -asegura a Xunta- permitirá mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e a distancia dos matadoiros convencionais. O servizo contará cunha decena de traballadores e, para optimizar o seu funcionamento, habilitarase proximamente un número de teléfono específico e un acceso web, co fin de resolver dúbidas e facilitar a petición de citas. En canto ao custo, os prezos van dende os 10 euros para animais ovinos e cabrúns menores dun ano (contabilizando só o sacrificio e a preparación do canal) ata os 50 euros para os porcos, no caso de incluír tamén o almacenamento e transporte a punto de distribución. O conselleiro de Medio Rural presenta o matadoiro móbil en Chantada O conselleiro de Medio Rural, José González, presentou esta iniciativa nun acto que tivo lugar en Chantada, a base do matadoiro, e no que estivo acompañado polo director xeral de Gandaría, José Balseiros, polo alcalde desta localidade luguesa, Manuel Varela, e polos delegados territoriais da Xunta en Lugo e Ourense, Javier Arias e Gabriel Alén, respectivamente. No acto sinalou que este matadoiro móbil busca optimizar a xestión das explotacións de ovellas, cabras e porcos, ao reducir os custos de transporte do gando e mellorar ao tempo a calidade da carne e o benestar animal. Tamén destacou que con esta iniciativa se busca “impulsar as pequenas explotacións, traballar no benestar animal e innovar para mellorar a situación do rural galego”. Engadiu que en Galicia, pola “dispersión das súas explotacións, este proxecto ten especial razón de ser” e definiu as instalacións como “moito máis que dignas” para arrancar con este servizo. Vista interior do matadoiro móbil O conselleiro, que defendeu esta iniciativa como “pioneira en España”, explicou que para a súa posta en marcha estudáronse os antecedentes noutros países, caso de Suecia, así como as posibles explotacións interesadas. A partir de aí creouse un matadoiro que se basea en dous eixo principais. Por un lado, a propia unidade móbil de sacrificio de gando, montada sobre un semi-remolque frigorífico, dotado da súa correspondente cabeza tractora. Por outra banda, unha instalación base con sede en Chantada, que permitirá, entre outras cousas, o almacenamento das pezas en canal en cámaras frigoríficas, o mantemento e desinfección da unidade móbil e a xestión administrativa e de residuos. No acto, o conselleiro avanzou que, no marco desta iniciativa, vaise desenvolver unha marca como certificación de calidade, que amparará os produtos resultantes dos animais sacrificados como de proximidade e cun alto grao de benestar animal, entre outras vantaxes recoñecibles.

Subas nos prezos da recría e os becerros carniceiros en Silleda

Os becerros, tanto de cebo como a recría, experimentaron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia Abanca. Mentres, no vacún maior a tendencia foi á baixa, coa excepción das vacas de desvelle e os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nas mesas de porcino e logo de varias semanas á baixa, o prezo do porco cebado estabilízase. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 6 euros e sitúanse nos 84 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 119 euros (+2). Os becerros pintos de máis de 50 días mantéñense sen cambios e teñen un prezo medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais tamén houbo mínimas subas nalgunhas seccións, aínda que noutras os prezos foron máis baixos que a semana pasada. Os tenreiros máis novos sumaron 9 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 358 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 4 euros e sitúanse nos 240 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 395 euros, ó sumar 6 euros. Pola súa banda, as femias descontaron 39 euros e quedan nos 255 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 6 euros e pasan a cotizarse de media a 524 euros, mentres que as femias descontaron 30 euros e sitúanse nun valor medio de 374 euros. Aínda con algunha excepción, en boa parte das seccións dos becerros de cebo houbo subas. Os machos frisóns acadan un prezo medio de 981 euros, logo de cotizarse a semana pasada a 378 euros. Os machos de cruces industriais incrementaron en 20 euros o seu valor en comparación coa feira anterior e acadan os 1.027 euros. As femias cotizáronse a 1.125 euros, é dicir 100 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.131 euros, ó rexistrar unha baixada de 57 euros. As femias desta raza están nos 1.203 euros, ó sumar 114 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.119 euros (-53 euros). No vacún maior a tendencia foi á baixa, con dúas excepcións. Así, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.011 euros, o que amosa unha redución de 17 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 44 euros e quedan nos 1.095 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 732, o que supuxo descontar 15 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 479 euros (+9 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 88 euros e tiveron un prezo de referencia de 2.372 euros.

Subas nos leitóns

O porco cebado estabilízase esta semana, logo de acumular varias sesións con baixadas. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 83 euros (cun prezo de 4,15 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 78 euros e cun prezo por quilo de 3,9 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Suba nos prezos da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos maiores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior e nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados. Mentres, os leitóns experimentaron unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 78 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 117 euros (+27 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de 38 euros e acadan un valor medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á alza. Os tenreiros máis novos sumaron 35 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 349 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 42 euros e sitúanse nos 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 389 euros, ó sumar 27 euros. Nas femias houbo un incremento de 25 euros e acadan os 294 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha suba de 31 euros e teñen un prezo de 530 euros, mentres que as femias sumaron 33 euros e sitúanse nun valor medio de 404 euros. Nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 378 euros, cunha destacada caída de 568 euros con respecto dos valores de referencia da feira pasada. Os machos de cruces industriais tamén tiveron unha baixada do prezo, aínda que non tan pronunciada (44 euros) e quedan cun valor medio de 1.007 euros. As femias cotizáronse a 1.025 euros, é dicir 111 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.188 euros, ó rexistrar unha suba de 51 euros. As femias desta raza están nos 1.089 euros, ó sumar 107 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.172 euros (+11). Tampouco no vacún maior houbo unha tendencia predominante. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.028 euros, o que amosa unha redución de 12 euros. As vacas de primeira experimentaron unha suba de 9 euros e quedan nos 1.139 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 747 euros, o que supuxo descontar 3 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 470 euros (+37 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 723 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 2.284 euros.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado volveu experimentar unha nova baixada aínda que máis moderada. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,01 euros e quedan nos 1,675 e 1,650 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros, tras unha baixada de 0,013 euros. Os animais de descarte mantéñense sen cambios e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 80 euros (cun prezo de 4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 75 euros e cun prezo por quilo de 3,75 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello mantense nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixada nos prezos da recría frisoa e o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou este martes a actividade por completo, logo de que a semana pasada se suspendese a poxa de becerros de recría por mor da festividade nacional de Todos os Santos. A comparativa cos prezos da última poxa celebrada o pasado día 24 de outubro na que concorreu este tipo de gando, amosa unha baixada dos prezos da recría frisoa e nas femias de cruces industriais. No vacún maior tamén hai este martes unha baixada en comparación dos prezos manexados a semana pasada. Nos becerros carniceiros a tendencia tamén é a baixa, pero houbo varias excepcións. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. No caso da recría, a comparativa realizámola cos prezos rexistrados na última poxa que contou con este tipo de gando, a celebrada o pasado 24 de outubro. Nos animais de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días descontaron só un euro e mantéñense nos 45 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días o valor medio está nos 90 euros (-4). Nesta sección tamén se contabilizaron case o dobre de animais que na última feira. A baixada máis destacada produciuse nos becerros pintos de máis de 50 días, que descontaron 83 euros con respecto da última poxa e teñen un valor de referencia de 117 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á baixa, pero con varias excepcións. Os tenreiros máis novos foron unha delas, ó sumar 40 euros con respecto da última poxa e acadar un valor medio de 314 euros. As femias desa categoría descontaron 42 euros e sitúanse nos 194 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 362 euros, ó descontar 5 euros. Nas femias houbo unha baixada de 18 euros e quedan nos 269 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron un incremento de 10 euros e acadan os 499 euros, mentres que as femias descontaron 18 euros e sitúanse nun valor medio de 371 euros. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa aínda que houbo excepcións como os machos frisóns, que tiveron un prezo medio de 946 euros (+267 euros). Mentres nos machos de cruces industriais, o valor medio foi de 1.051 euros, o que supón unha baixada de 37 euros. As femias cotizáronse a 914 euros, é dicir 30 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.137 euros, ó rexistrar unha baixada de 124 euros. As femias desta raza están nos 982 euros, ó descontar -144 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (-69). Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.040 euros, o que amosa unha redución de 53 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 12 euros, polo que quedan nos 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 751 euros, o que supuxo unha suba de 9 euros con respecto da semana pasada e foron a excepción. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 433 euros (-59 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio caeu 254 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 1.561 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 1,685 e 1,66 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros, tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte descontaron 0,02 euros e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,7 e 2 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. Nas galiñas de descarte semipesadas mantívose o prezo esta semana. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúanse entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).