O sector agarda coller folgos logo de 6 ou 7 anos malos, primeiro pola avispiña e despois polos fungosOs produtores prognostican que haberá moita castaña e agardan que a calidade sanitaria sexa boa para que os prezos tamén poidan se acordes. O sector agarda que isto poida servir para coller folgos, tras varios anos malos pola chegada da avispiña e pola grande afectación posterior por neumoniose (unha enfermidade emerxente coñecida como podredume parda e provocada polo fungo Gnomoniopsis smithogilvyi). Chuvia salvadora
A colleita mellorou claramente coa chuvia dos últimos días pero a campaña aínda se pode torcer; depende moito do que pase este mes“A colleita mellorou claramente coa chuvia dos últimos días pero a campaña aínda se pode torcer”, advirte. “Depende moito do que faga neste mes. Que non haxa moitos días de calor e humidade, que favorece a aparición de pragas como a neumoniose ou verne”, detalla. En canto á avispiña, di, “o torimus tena bastante controlada, aínda que quedan zonas onde non chega a actuación e afecta máis. Pero hai un antes e un despois da solta do torimus, iso témolo claro. Está facendo que non afecte de forma moi significativa á colleita”, asegura.
A recollida vén adiantada, pero queda mes e medio aínda“Parece que a recollida vén algo adiantada debido á calor que fixo. Os ourizos vese que están adiantados na zona de máis calor; no norte menos. Pero nas zonas importantes falta un mes e pico. Agora empezarán a caer os híbridos, que para a industria non teñen un interese importante, pero o groso da campaña decidirase en outubro”, di. Dos 20 millóns de quilos aos 15 millóns agardados este ano
A produción cae porque as plantacións novas non dan cuberto o que se vai perdendo polo abandono dos soutos tradicionais“As plantacións vellas non teñen a rendibilidade suficiente como para que a xente nova as retome. Levamos máis de 20 anos pedindo plantacións profesionais que substitúan a produción destes soutos tradicionais”, engade Jesús. Prezos entre 1 e 2 euros Os prezos dependen da zona, da variedade e da cantidade. “Galicia ten moitas peculiaridades e non hai un prezo fixo. Hai unhas zonas nas que se alcanzan os 2 euros o quilo , que sería o prezo ideal, pero noutras non se chega a el”, avanza.
As zonas mellores pasan dos 2 euros e as máis malas quédanse en 1 euro ou euro e pico, dependendo da variedade e a sanidadeO mercado internacional segue demandando castaña, sobre todo en industria. “O fresco está máis estabilizado pero a demanda de produtos de castaña en Europa e no mundo está en aumento”, asegura Jesús. A situación agardada en Portugal, O Bierzo ou Estremadura, que son, dentro da península, zonas produtoras de competencia para a castaña galega, é semellante este ano . “O clima afectou por igual e as chuvias tamén viñeron para todos. Hai un congreso europeo agora en Portugal onde veremos a situación no resto de países”, di. Necesidade de rego Jesús insiste na necesidade de profesionalizar a produción de castaña en Galicia e pon o exemplo do que se está a facer en comunidades como Estremadura nos últimos anos. “Alí hai moita cooperativa e a cousa está máis regulada. Hai máis agricultores que viven da cereixa e doutros froitos e están organizados en cooperativas. Aquí é máis difícil. Estámolo intentando pero topámonos ás veces coa burocracia e non conseguimos marcar unha liña de futuro. Incorporouse algunha xente con plantacións novas, pero non o que tiña que ser. É un cultivo do que podería vivir moita xente nova no interior de Galicia”, asegura.
É un cultivo do que podería vivir moita xente nova no interior de Galicia“Era un cultivo que se mantiña só, pero hai que cambiar o método. Hoxe é necesario regar, cada vez máis. O clima cambia. Noutros países levan regando moitos anos. Hai que regar para producir antes e para producir mellor. Pedimos ás Administracións que faciliten o rego, con autorizacións e con subvencións para quen queira instalalo. O cultivos profesionais hai que atendelos e hoxe unha plantación nova se non se rega daría moito menos e tería pouco futuro”, conclúe.
Vaise adiantar toda a colleita, cada variedade unha ou dúas semanas con respecto á súa épocaEn canto á produción agardada este ano, coincide en que o sector necesita un ano bo. “Levamos 5 ou 6 anos bastante malos entre a avispiña, os fungos e a seca, que afectou o ano pasado ao interior de Ourense”, lembra. Para o prezo, di, prima sobre todo a calidade da castaña. “Levamos uns anos moi malos. Se non hai rendibilidade, non anima. En Lugo e Ourense hai soutos tradicionais abandonados por falta de relevo xeracional. Pero se a economía da castaña vai ben, se a castaña empeza a saír adiante, sempre haberá xente que se anime e lle vexa futuro”, defende.
Campañas adiantadas coma esta sempre significan un problema de mercado“Eu persoalmente son anti hibridos porque a castaña vén moi cedo comparado coas autóctonas e porque teñen menores cualidades de aproveitamento para a conservación. Para consumo en fresco teñen a súa demanda nalgún caso, pero desde o punto de vista da transformación non teñen boas cualidades, porque en xeral pelan mal”, argumenta. Valor engadido máis que cantidade Miguel agarda que este ano a calidade da materia prima sexa mellor que a das últimas campañas. “Durante os últimos anos houbo unha serie de problemas fitosanitarios moi fortes. Empezamos fai 7 ou 8 anos cos ataques fortes de avispilla e logo polo cambio das condicións climáticas e polo estado de debilidade no que quedaron moitos castiñeiros, houbo moitos problemas de neumoniose, a podredume da castaña, castañas que externamente ves perfectas pero que por dentro están cheas de fungos”, lembra.
Os híbridos non teñen boas cualidades para a transformación porque pelan malEsta situación levou a Naiciña a reducir as compras. “Tivemos que baixar volumes. Antes deses problemas andábamos entre 700 e 1.000 toneladas anuais. O ano pasado superamos as 300 e este ano será parecido, sempre que as condicións de produtos acompañen. Estamos nunha fase de menos é máis”, asegura. Naiciña foi a primeira empresa da península ibérica en facer fariña de castaña, desde o ano 1998. Contan tamén cunha liña de pelado e conservado que lles permite facer conservas durante todo o ano. Fan crema de castañas, castañas en almíbar, puré de castañas, marrón glasé e castañas cocidas envasadas ao baleiro. “Non somos os máis grandes, pero si a industria máis completa en liñas de produción, temos moita diversificación”, evidencia.
Navigator, unha compañía papeleira con fábricas en Portugal, España e Reino Unido, acumula 70 anos de experiencia na xestión de terreos forestais. En Galicia, Navigator é desde hai un par de décadas un comprador de referencia de madeira de eucalipto e, desde 2018, ademais, aluga e compra terreos forestais aptos para o cultivo de eucalipto. Na actualidade ten máis dun cento de contratos asinados con propietarios e comunidades de montes galegas e asturianas.
Repasamos as opcións de contrato que a empresa ofrece a propietarios particulares e comunidades de montes. O responsable do equipo técnico de Navigator en Galicia e Asturias, Óscar Fernández, explícanolas.
Duración dos contratos
“Traballamos con tres períodos de duración estándar: 15, 24 e 30 anos, pero é algo que se pode modificar en función das circunstancias”, sinala.
“Se, por exemplo, a parcela que nos ofrece un propietario ten un lote de madeira a medio turno, podemos encargarnos da xestión da parcela ata o final do turno e executar a seguinte plantación”, explica Óscar.
Os arrendamentos ofrécense cunha duración estándar de 15, 24 ou 30 anos
No caso de parcelas con madeira a final de turno que acorden un alugueiro posterior á corta, Navigator tamén pode ofrecerlle ao propietario a compra da madeira. Normalmente, Navigator compra eucalipto en Galicia só a empresas madeireiras subministradoras, pero nos casos de contratos de alugueiro tamén traballa directamente co propietario.
Fórmulas de pagamento
As modalidades de pagamento son flexibles e adáptanse igualmente ás necesidades do propietario ou da comunidade de montes. Pódese acordar desde un pagamento anual ata un pagamento ao final do turno ou un pagamento inicial, existindo tamén fórmulas mixtas negociables.
“Dependerá sobre todo das necesidades do propietario. Non é o mesmo o caso dunha persoa xubilada que o dunha persoa nova con fillos ou o dun propietario de mediana idade sen responsabilidades financeiras”, sinala Óscar Fernández. “O importante para o propietario é a fiabilidade do que se asina. Navigator ten 70 anos de experiencia en xestión forestal e nunca deixou de investir no bosque, cumprindo sempre todos os seus compromisos”, destaca.
As modalidades de pago son flexibles, en función dos intereses do propietario
“Nese sentido, podemos falar dos acordos que asinamos como plans de pensións asegurados ou como herdanzas aseguradas”, considera.
Características das parcelas e xestión
As parcelas que Navigator aluga ou compra en Galicia e Asturias teñen que ser aptas a nivel legal para a plantación de eucalipto. A empresa solicita unha parcela mínima de 5 hectáreas, aínda que, se un propietario alcanza esa superficie coa suma de dúas parcelas próximas, tamén é posible chegar a un acordo.
Nestes momentos, Navigator ten máis dun cento de contratos asinados en Galicia e Asturias.
Estudo da parcela e elección da planta
Antes de facer unha oferta polo alugueiro ou a compra da parcela, o equipo técnico de Navigator encárgase de realizar, de forma gratuíta, un completo anteproxecto da plantación, que inclúe a análise e caracterización dos solos e a elección das especies máis adecuadas.
Navigator traballa cun catálogo de plantas que inclúe clons de eucalipto globulus —que garanten un aumento da rendibilidade de ata un 40 % en relación cunha planta de semente non mellorada—, eucalipto nitens e híbridos.
“Contamos co mellor material xenético, adaptado a distintos riscos, como fungos, pragas ou temperaturas elevadas, para que a plantación sexa segura e cos menores riscos posibles”, subliña Óscar Fernández.
“Contamos co mellor material xenético, adaptado a distintos riscos, para que a plantación sexa segura” (Óscar Fernández)
Nesta tarefa de elaboración do proxecto de plantación, Navigator conta co asesoramento do Instituto Raíz, o centro de maior prestixio de Europa na mellora xenética do eucalipto.
Xestión da plantación: abonados e rozas
Tras a plantación, a empresa encárgase da súa xestión durante todo o ciclo. Así, están previstos dous abonados de mantemento —ademais do inicial—, así como rozas periódicas cando sexa preciso, co obxectivo de garantir a maior produtividade posible do cultivo.
“O propietario despreocúpase, pois a xestión da plantación faise de forma profesional”, resume Óscar Fernández.
O equipo técnico de Navigator en Galicia conta con persoal cualificado, con moitos anos de experiencia e integramente galego.
"Desde pequeno viña coas cabras e ovellas ó monte. Daquela eramos 200 persoas na aldea, hoxe quedamos 6"O monte era entón un espazo vivo, cheo de actividade. "Toda unha vida no monte", resume. "Cando eramos novos, porque non había outra cousa, os novos, os rapaces, pois andábamos co gando. Era o que facíamos." Cabras, ovellas e vacas percorrían as ladeiras, exercendo unha desbroza natural que mantiña o monte limpo.
Hai importantes áreas de frondosas, con carballeiras e reboleiras que ocupan o 55% da superficie xestionada, xunto a masas de piñeiro silvestre, negral e alercesUn monte certificado e ben xestionado A pesar do despoboamento, o monte de Riomao -coñecido como Biduedo e Serra do Eixe- mantense vivo grazas a unha xestión activa e profesional. Con case 1.700 hectáreas, das cales máis de 1.100 son monte arborado, é un dos montes máis extensos do concello da Veiga, o municipio de maior superficie da provincia de Ourense, con preto de 30.000 hectáreas. A especie principal é o piñeiro silvestre, adaptado a esta zona de montaña, pero o monte conta cunha notable biodiversidade: unhas 300 hectáreas de piñeiro negral (tanto corsicana como hispánica), ademais de plantacións de piñeiro uncinata e alerce. Hai tamén importantes áreas de frondosas, con carballeiras e reboleiras que ocupan o 55% da superficie xestionada. Benjamín destaca ademais a calidade dos castiñeiros: "Saía moita castaña de Riomao. Ademais moi boa. É unha castaña moi doce, moi boa para comer, para asar, todo iso." "O monte agora está moi ben preparado, está moi ben coidado", asegura Benjamín. "Os pinos ben podados, está todo ben coidado. As pistas, para poder entrar, para poder limpar, traballar nel, pois están limpas." E pon en valor un feito crucial: "Tivemos a sorte que non nos ardeu, porque os que traballan nel, os que o coidan, pois estiveron ao tanto e non deixaron entrar o lume."
"Por responsabilidade social corporativa non facemos plantacións monoespecíficas", subliña Hugo.Innovación e ciencia ao servizo do monte Hugo Rodríguez García, director técnico e CEO de Ametlam S.L., a empresa encargada da xestión, explica que no monte se desenvolven proxectos punteiros. O máis destacado é o marteloscopio -unha parcela de investigación forestal dunha hectárea na que cada árbore está numerada e xeoposicionada-, que conta con 636 pés e forma parte da rede europea de marteloscopios.
O monte conta cun marteloscopio, unha parcela de investigación dunha hectárea"Estamos nunha plataforma dixital para que calquera universidade ou centro tecnolóxico poida vir facer prácticas cos seus alumnos", sinala Hugo. Ademais, existe un xemelgo dixital do marteloscopio, creado tanto cun escáner láser portátil (SLAM) como cun dron equipado con Lidar (un sistema de medición por láser). O monte está involucrado en proxectos europeos como Heat for Forest, para a detección temperá de fumes de incendios, e conta con sensores de son e fototrampeo para establecer unha liña base de biodiversidade, analizando as aves forestais e morcegos presentes. Tamén se están a realizar campañas de clasificación de madeira estrutural e existen parcelas de ensaio con diferentes tecnoloxías lidar. A restauración hidrolóxico-forestal é outra das liñas de traballo. Tras un incendio causado por un raio en 2016, restauráronse unhas 50 hectáreas con catro especies diferentes (tres de coníferas e unha de frondosa caducifolia) para crear un cortalumes verde. "Por responsabilidade social corporativa non facemos plantacións monoespecíficas", subliña Hugo. O presente e o futuro da xestión forestal A xestión do monte de Riomao é un exemplo de como a tradición e a innovación poden camiñar da man. Ametlam, creada en 2018, desenvolveu un software propio chamado Sinergia, que integra simuladores forestais, calculadora de carbono e un módulo de trazabilidade que permite que o 100% da madeira posta no mercado -máis de 30.000 metros cúbicos o ano pasado- estea trazada na orixe. Esta ferramenta, ademais, serve de canle de comunicación cos propietarios, permitíndolles facer un seguimento en tempo real da xestión dos seus montes. O futuro do monte pasa por diversificar os recursos. Ademais da madeira, estase a traballar na creación dun coto micolóxico e na explotación de froitos do bosque, como o arando silvestre. Tamén hai proxectos de resinación noutros montes xestionados.
Un exemplo de que mesmo as comunidades máis pequenas, cando hai compromiso, poden facer moito pola conservación da biodiversidade e o futuro do territorio.Unha mirada esperanzada Benjamín Fernández Balboa pecha a conversa cunha reflexión agridoce. Sabe que o seu pobo, como tantos outros, camiña cara á desaparición, pero tamén ve como o monte, grazas ao traballo de xestión, se mantén vivo e xeneroso. "Oxalá que non", di sobre o futuro do pobo, "pero penso que si. Que pode que se acabe isto." Porén, o legado que deixan é inmenso: un monte ben coidado, certificado e que xera recursos, emprego e coñecemento. Un exemplo de que mesmo as comunidades máis pequenas, cando hai compromiso, poden facer moito pola conservación da biodiversidade e o futuro do territorio. A CMVMC de Riomao demostra que a xestión forestal sostible non só é posible, senón que é o camiño para que estes montes, testemuñas dunha forma de vida en extinción, sigan sendo un recurso para as xeracións vindeiras. Con ese obxectivo, a certificación PEFC do monte preséntase como o recoñecemento a décadas de traballo e a certeza de que, a pesar do despoboamento, hai quen segue a coidar o monte con ollada de futuro.