O fenómeno Comté, o queixo que garante a rendibilidade de 2.400 ganderías francesas

Coñecemos como funciona a denominación de orixe que serviu para salvar a produción láctea no Franco-Condado, creando valor para os gandeiros, agrupados ao redor de 140 queixerías cooperativas, e preservando a raza autóctona da zona, a montbeliarde

Vacas montbeliard, la única raza permitida para la elaboración de queso Comté

Vacas montbeliarde en GAEC Du Caron. É a única raza permitida para a elaboración do queixo Comté

Francia é unha das grandes potencias lácteas europeas. Con 23 millóns de toneladas de leite ao ano, é o segundo país en produción tras Alemaña. A maior parte da recollida de leite concéntrase nas rexións de Bretaña e Normandía, no noroeste do país, cun sistema produtivo máis parecido a Galicia, pero existen outras zonas con peculiaridades propias, centradas na produción de queixos de calidade diferenciada.

A evolución do sector lácteo francés na última década, sobre todo trala da desaparición das cotas lácteas en 2015, seguiu un camiño diferente ao resto de países da UE, con peculiaridades que se acentuaron neste último ano.

Mentres nos primeiros meses de 2023 a produción de leite no conxunto da UE aumentou un 1% con respecto a 2022, en Francia a recollida de leite nas explotacións segue rexistrando un descenso con respecto ao ano anterior dun 1,2%.

O aumento de prezos máis ben moderado do leite en Francia en 2022 en comparación co resto de países da UE non impulsou un aumento da produción

Francia, que perdeu un 25% das súas explotacións leiteiras na última década, perde peso no contexto lácteo europeo cunha produción en descenso e prezos baixos, que estiveron á cola da UE durante a revalorización da materia prima en orixe vivida en 2022.

Hoxe os prezos en toda Europa fóronse nivelando e o leite convencional pagouse en Francia en xullo a 44,6 céntimos, a medio camiño entre os países do norte e os do sur de Europa: 7 céntimos menos que en España e Italia e 4 menos que en Portugal pero 5,5 máis que en Irlanda, 3 máis que en Dinamarca, 2,5 máis que en Alemaña e 1,5 máis que en Holanda.

Explotacións mixtas de tamaño medio

Mentres en países como España ou Italia o final das cotas lácteas incentivou o crecemento en número de cabezas das ganderías, Francia segue apostando por un modelo de explotacións de tamaño medio, cunha dimensión axustada ao volume de terras dispoñibles.

Máis da metade das explotacións lácteas francesas, onde hai un total de 50.000 granxas, teñen menos de 70 vacas

O 60% das explotacións lácteas francesas, onde hai un total de 50.000 granxas leiteiras, ten menos de 70 vacas e só 2.000 (un 4% do total) ten máis de 150 animais. A cabana gandeira total do país minguou considerablemente nos últimos anos pasando de 4,5 millóns de vacas leiteiras no ano 2000 a 3,5 en 2022, cunha produción media por vaca en Control Leiteiro de 7.350 quilos ao ano, fronte aos 10.900 de España.

A rexión de Bretaña concentra 1 de cada 5 vacas leiteiras de Francia. É unha das poucas rexións que mantén un crecemento, aínda que sexa moderado, na produción. Desde 2007 a produción láctea bretoa incrementouse un 15% (a un ritmo dun 1% anual, máis do dobre que en toda Francia) ata alcanzar 5,3 millóns de toneladas ao ano.

A produción media por vaca en Control Leiteiro en Francia é de 7.350 quilos ao ano

Pero nese mesmo período, os produtores de leite na rexión pasaron de 17.000 a pouco máis de 9.000, xa que ao problema do relevo xeracional (en Francia uno de cada tres gandeiros ten máis de 55 anos e só 1 de cada 4 ten menos de 40 anos) súmase o feito de que moitas ganderías decidiron abandonar ou reducir a produción de leite e centrarse na de cereais, menos demandante de man de obra e máis rendible cos prezos de venda actuais.

Moitas granxas apostaron nos últimos anos por aumentar o cultivo de cereais e reducir a produción de leite

De feito, en 2022, a situación de ingresos das ganderías francesas foi dispar entre os diferentes sistemas produtivos. As explotacións mixtas que manteñen cultivo e gandería acadaron importantes ingresos, grazas á subida do prezo dos cereais, mentres se deterioraron as rendas das explotacións leiteiras puras, e máis aínda das ecolóxicas, que producen o 5% do leite francés.

O camiño seguido por moitas ganderías francesas foi reducir o seu nivel de intensificación, recuperando prácticas como o pastoreo nos meses de primavera e outono e substituíndo insumos importados, como a soia, por cereais e forraxes de produción propia (millo, trigo, colza, xirasol).

Denominacións de orixe

Queixo de denominación de orixe Comté, producido na rexión Borgoña-Franco Condado

Queixo de denominación de orixe Comté, producido no leste da rexión Borgoña-Franco Condado

Outra das características do sector lácteo francés é a súa diferenciación produtiva. O 17% da recollida total do leite está amparada baixo algunha Denominación de Orixe, enfocada principalmente á produción de queixos, que acaparan preto do 50% da produción láctea francesa.

Entre os 46 queixos franceses con Denominación de Orixe (29 deles con leite de vaca) o Comté é un dos máis consumidos en Francia. Este queixo de pasta prensada en grandes rodas de ata 40 kg prodúcese en 140 queixerías, moitas delas de estrutura cooperativa participada polas propias ganderías, un total de 2.389 explotacións.

O queixo Comté foi un dos primeiros en conseguir o selo de Denominación de Orixe, en 1958, e é un dos máis vendidos en Francia

As granxas do macizo do Jura, na rexión Franco-Condado, limítrofe con Suíza, practican un modelo semiextensivo de gandería, coas vacas alimentadas con pasto fresco desde a primavera ata o outono e con herba seca no establo durante a estación invernal. A ensilaxe de herba e o cultivo de millo están prohibidos dentro da denominación de orixe.

En 2022 os gandeiros franceses tiveron que enfrontar un ano climático historicamente cálido e seco, que reduciu a produción de forraxe en todo o país. Esta primavera foi diferente. As choivas de maio reverdeceron os prados, pero os custos de produción seguen sendo elevados debido aos efectos duradeiros da guerra de Ucraína sobre os prezos dos cereais, a enerxía, os combustibles e os abonos.

Autolimitación na produción

Feria y concurso de raza montbeliarde que todos los años se celebra en Besançon

Feira e concurso de raza montbeliarde que todos os anos se celebra na localidade de Besançon

Ante este escenario, os gandeiros, que controlan tamén todo o proceso de produción e venda de Comté, xa que son socios das queixerías onde se elabora o queixo, decidiron conter a produción como unha estratexia para elevar os prezos.

Os gandeiros establecen uns cupos de produción para cada granxa, ao estilo das antigas cotas lácteas

Cada unha das case 2.400 granxas dispón dunha cota de produción fixada pola propia denominación de orixe, que é a encargada de repartir as etiquetas para marcar os queixos fabricados polas queixerías locais que recepcionan diariamente o leite e que non poden estar a máis de 25 km do lugar onde se moxe.

Esta estratexia de contención da produción queixeira, levada a cabo na última década, serviu para elevar o prezo do produto final, así como da materia prima que o fai posible, incrementando a rendibilidade das explotacións, o seu relevo xeracional e o valor actual das granxas.

Prestixio no mercado interno

Las vacas salen al pasto de abril a noviembre

As vacas saen ao pasto de abril a novembro e aliméntanse con herba seca a outra metade do ano

Hoxe o queixo Comté goza dun importante prestixio en toda Francia, onde se comercializa o 90% das 70.000 toneladas producidas. A súa imaxe asóciase a vacas pacendo en liberdade, aínda que medio ano teñan que estar confinadas no establo debido á dureza da climatoloxía da zona.

O mercado interno absorbe a maior parte das 70.000 toneladas de queixo producidas

Trátase do sistema de manexo tradicional do gando nesta rexión fronteiriza con Suíza, que a denominación de orixe quixo preservar, do mesmo xeito que a raza autóctona da zona, a montbeliarde, na actualidade a raza leiteira que máis medra en Francia e a segunda, trala frisoa, en número total de animais nos censos, grazas ao traballo de recuperación desenvolto pola cooperativa Coopex, que integran máis de 15.000 gandeiros.

Esta percepción por parte do consumidor dunha produción tradicional respectuosa co medio ambiente débese tamén a estritos límites e regulamentacións en canto á carga gandeira (1 vaca por hectárea), alimentación (en base a pasto e herba seca, sen ensilaxes) uso de concentrados (máximo 1.800 kg/vaca/ano), abonado das praderías (50 unidades de nitróxeno químico por hectárea) e produción por hectárea (4.600 litros de leite).

“Ter limitado o concentrado obríganos a facer unha boa forraxe para o inverno”

Los hermanos Florian y Fabien Audy, titulares de la explotación

Os irmáns Florian e Fabien Audy, titulares da explotación familiar GAEC Audy

GAEC Audy é unha explotación familiar situada na comuna de Lavans-Vuillafans con 777.400 litros anuais de cota de produción dentro da denominación de orixe Comté. O leite transfórmase na queixería local da que tamén son socios, cun prezo medio en 2022 de 65 céntimos por litro.

A granxa pertence aos irmáns Florian e Fabien Audy, que decidiron modernizar as instalacións que creara o seu pai en 1995 coa construción dun novo establo, operativo desde hai un ano, e que incorpora sistemas automatizados de alimentación e encamado e unha serie de medidas que buscan garantir o máximo benestar aos animais e mitigar a contaminación ambiental.

Os animais en produción, 103 neste momento, están en cama quente de palla sen cubículos. “Buscamos que as vacas duren máis, pero ademais tanto para as terras como a nivel de emisións atmosféricas tamén é mellor o esterco que o xurro”, asegura Fabien.

GAEC Audy dispón desde hai un ano dunha granxa moderna con instalacións punteiras

A nave, na que investiron 2 millóns de euros, é aberta, buscando deste xeito xerar unha menor contaminación por amoníaco, malia as habituais nevaradas dos meses de xaneiro e febreiro nesta zona. “A temperatura no inverno é baixa pero para as vacas non supón un problema e nós poñémonos un pouco máis de roupa”, bromea.

Robotización

Los animales están en estabulación libre, con parrillas en la zona de alimentación y cama caliente de paja en la zona de descanso

No novo establo construído fai un ano os animais están en estabulación libre, con parrillas na zona de alimentación e cama quente de palla na zona de descanso

A segunda das decisións adoptadas foi a de automatizar algúns dos procesos que máis tempo de traballo consumían na explotación. O encamado era un deles, do mesmo xeito que a alimentación. “Antes faciamos todo a man, pero agora gañamos tempo e calidade de vida”, destaca.

A denominación de orixe prohibe os robots de muxido

Do 1 de abril ao 20 de novembro as vacas están en pastoreo, suplementadas unicamente con 2 kg de herba seca e 4 de concentrado. A outra metade do ano, sen embargo, a ración baséase en 12 kg de herba seca (6 do primeiro corte e 6 do segundo), 6 kg de concentrado e 25 kg de remolacha, que aprotan 5 kg de materia seca.

“A vantaxe de automatizar a alimentación é que agora podemos facer distintas combinacións para os diferentes lotes”, explica Fabien. Aínda que non poden mesturar a ración (prohíbeo a denominación de orixe), van depositando directamente sobre o pesebre as distintas cantidades e a herba do primeiro e segundo corte de forraxe.

169 hectáreas de superficie

En enero y febrero la nieve es permanente y las vacas están confinadas en los establos

En xaneiro e febreiro a neve é permanente e as vacas están confinadas nos establos

A denominación de orixe non permite dar máis de 1.800 quilos de penso por vaca e ano, polo que secan antes ás vacas e poñen especial énfase na calidade da herba que recollen. “O límite aos concentrados obríganos a facer unha boa forraxe”, asegura Florian.

O prezo de compra da hectárea nesta zona rolda os 3.500€

Dispoñen dunha superficie agraria total de 169 hectáreas, das que 73 son pastos naturais, 32 praderías artificiais e o resto distintos cultivos de cereal. Un terzo das terras son en propiedade e o resto alugadas. O prezo de compra en Francia está regulado pola Administración e a hectárea nesta zona, situada a 650 metros de altitude e cunha media anual de precipitacións de 800 mm, rolda os 3.500€.

Taxa de reposición do 20%

GAEC AUDY (Francia) establo de madeira

A media de produción por vaca de GAEC Audy en 2022 foi de 7.527 kg anuais, cun 4,08% de graxa e un 3,7% de proteína. É un dos aspectos máis valorados por parte das queixarías nesta zona, o que lles supón 2 céntimos por litro de prima nesta gandería.

O 62% das vacas chega ao terceiro parto, logrando unha media de 3,6 lactacións

A taxa de reposición é só do 20% grazas ao control de enfermidades e os bos resultados reprodutivos. “Máis da metade das vacas quedan preñadas ao primeiro intento. No establo vello, onde tiñamos espazo para 60 vacas e metiamos 100, necesitabamos 2,1 doses por preñez, pero agora baixamos a 1,7”, aclara Fabien.

Recría

GAEC AUDY (Francia) amamantadora becerras recria

A tempada de concentración de partos prodúcese no outono. As tenreiras están o primeiros catro días de vida coa nai para tomar o costro e despois pasan á amamantadora.

Coa amamantadora logramos un maior crecemento das tenreiras, reducindo en 20 días a idade ao primeiro parto

Tralo destete, os animais continúan en lotes colectivos e empezan a alimentarse con concentrado, herba seca e remolacha pola mañá e pola tarde. Unha vez preñadas, as xovencas reciben 500 gramos de soia máis a forraxe no inverno e 1 kg de cereal máis o pasto na primavera, no verán e no outono.

Buscamos animais funcionais, con boa produción de leite e de proteína e con boas patas

Un terzo do seme que utilizan é sexado e todas as femias que nacen recríanse, unha parte para eles e outra para exportar a países como Alxeria ou Mongolia. “Xenotipamos a todas as tenreiras e en función dos resultados decidimos con cales quedamos. Buscamos animais funcionais con boa produción de leite e de proteína e con boas patas para saír a pacer”, indica Fabien.

Os machos están en boxes individuais e son vendidos ás 5 semanas. Se son montbeliard puros teñen un valor duns 250€ e se son cruces con azul belga uns 450€.

“Co secadeiro para a herba melloramos a produción por vaca en 5 litros diarios”

Zona del secadero de forraje construido en 2019

Zona do secadeiro na nave de almacenaxe da forraxe construída no 2019 por GAEC Du Caron

GAEC Du Caron está situada no departamento de Bouclans, a 430 metros de altitude e cunha pluviometría media anual de 1.254 mm, unhas condicións que lle proporcionan unha maior produción forraxeira que a moitas outras explotacións de queixo Comté.

Frabrice Lombardot, que se incorporou no ano 2004, e Arnaud Gaillot, que entrou a formar parte da sociedade 10 anos despois, explican que son capaces de obter ata 4 cortes de herba ao ano, entre a primavera e o outono, mentres as ganderías situadas na montaña téñense que conformar moitos anos con só 2 cortes.

Para mellorar a calidade nutritiva da forraxe, GAEC Du Caron decidiu en 2019 construír un secadeiro. En total, supúxolles un investimento de 300.000 euros, pero que se notou na produción das vacas.

Fan 4 cortes de herba ao ano cunha media de proteína do 12%

“Melloramos a produción en 5 kg de media por vaca e día. Agora podemos cortar máis verde a herba e secala en menos tempo, co que gañamos en proteína”, explican. A media en toda a forraxe que recollen ao longo do ano é do 12%.

Dispoñen da maquinaria necesaria para levar a cabo as distintas tarefas agrarias (segadora, equipos de araña, remolques autocargadores, etc). Tras segar a herba, esténdena sobre a parcela para facer un presecado, que dura máis ou menos tempo en función das condicións climatolóxicas. No primeiro corte, por exemplo, realizado na primeira quincena de maio, deixan dous días de presecado á herba antes de levala ao secadeiro, pero no verán ségana pola mañá e recóllena pola tarde.

A instalación onde almacenan e secan a forraxe conta con 4 divisións, onde van descargando os distintos remolques. “É fundamental distribuír ben a herba cubrindo todo o chan para que o aire non se escape e o secado sexa uniforme”, explican.

GAEC DU CARON (Francia) secadeiro forraxe3

A herba deposítase a granel no secadeiro, onde se conserva todo o ano

A herba entra con entre o 60 e o 70% de materia seca, é dicir, mantén aínda entre un 30 e un 40% de humidade, polo que non meten máis de 1,5 metros de altura de herba cada vez para evitar que fermente. “Se a temperatura sobe por encima de 25ºC quéimanse os azucres, hai risco de fermentación e perde calidade a forraxe”, aseguran.

O funcionamento do secadero é sinxelo pero efectivo. Utilizan a calor xerada polo sol baixo o teito da nave para facer circular ese aire quente polas reixas da parte baixa do secadeiro, sobre as que se coloca a herba. “Temos o gasto enerxético dos ventiladores, pero non o de quentar o aire”, indican.

Instalaron 250 Kw de placas solares para complementar os ingresos lácteos

Coa intención de abaratar a factura eléctrica e diversificar os ingresos da granxa, GAEC Du Caron instalou en 2021 paneis solares, cunha potencia de 100 Kw, aos que sumaron outros 150 Kw este mesmo ano, tanto para autoconsumo como para venda á rede dos excedentes.

Prezo de 69 céntimos

GAEC DU CARON (Francia) herba seca

A granxa ten unha cota de produción de 637.000 litros de leite ao ano. Son transformados na queixería da cooperativa Des Monts de Joux. O prezo de venda do leite é de 69 céntimos grazas á importante prima por proteína (7,5 céntimos).

En 2022, o custo de alimentación, con 5,5 kg de penso de media ao día, ascendeu a 15,5 céntimos por cada litro de leite producido

A produción media por vaca foi en 2022 de 8.004 litros, cun 3,79% de graxa e un 3,49% de proteína. Teñen en total 122 cabezas (90 vacas en muxido e 32 xatas) e 140 hectáreas de superficie para alimentalas, 115 delas a pastos naturais e a praderías artificiais sementadas.

O custo de alimentación, con 5,5 kg de penso ao día como máximo, foi de 762€ por vaca o pasado ano, 15,5 céntimos por litro de leite. “En 2022 notamos menos o incremento de custos de produción. Tiñamos stock de abono e o concentrado subiu fundamentalmente na primavera, por mor da guerra de Ucraína, cando nós temos ás vacas fóra e usamos menos penso”, explican.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información