A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 350 asistentes en Portomarín á xornada de portas abertas en gandería Abrita SC

LELY ABRITA 11 webMáis de 350 asistentes déronse cita este xoves, 18 de abril, na xornada de portas abertas na gandaría Abrita SC, unha explotación situada no concello lugués de Portomarín, na parroquia de Vilaxuste. A granxa conta desde o ano 2022 con catro robots de muxido Lely Astronaut A5 e un arrimador de comida Juno Flex da firma holandesa.

A xornada estivo organizada por Lely en colaboración con ABS, De Heus, Agrícola Calvo, Case e BASF.

Asistiron a esta xornada máis de 350 visitantes, principalmente gandeiros de Galicia, pero tamén de Asturias, Cantabria e Castela, que puideron coñecer in situ unha das mellores granxas de vacún de leite do sur da provincia de Lugo.

“A valoración é moi positiva tanto por parte de Lely, como dos patrocinadores, e sobre todo dos visitantes e dos propietarios de gandería Abrita SC, unha granxa que dende que incorporou os robots de muxido incrementou a produción unha media en 6 litros por vaca e día. Boa mostra da súa satisfacción é que para o vindeiro ano teñen previsto seguir medrando e instalar un quinto robot de muxido”, explica  Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

Os asistentes puderon coñecer de primeira man esta gandería e tamén ver o seu peculiar deseño para a instalación dos robots, en L curta, con dous robots por lote, con entre 115 e 120 vacas en produción por cada lote.

“Agradecemos a asistencia de todos os gandeiros, máxime nun momento de actividade no campo co ensilado da herba, e por suposto a gandería Abrita SC e aos patrocinadores, por entre todos lograr que fora unha xornada formativa moi interesante e tamén de carácter festivo”, destaca o representante de Lely.

LELY ABRITA 3WEB LELY ABRITA 10 web LELY ABRITA 9 web LELY ABRITA 8web LELY ABRITA 7web LELY ABRITA 12 web LELY ABRITA 11 web

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *