A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Jesús Sánchez: “PROCROP ISR activa os xenes das defensas naturais da vide para protexerse da entrada de fungos”

Publicidade
Jesús Sánchez (Delagro), técnico especialista en viña de Galicia

Jesús Sánchez (Delagro), técnico especialista en viña de Galicia

Aínda non hai moito tempo, os maiores problemas aos que se enfrontaban os viticultores eran as enfermidades fúnxicas como o oidio, mildiu ou a botryte. O escenario ao que nos enfrontamos hoxe en día é máis complexo. As políticas sobre fitosanitarios e a caída de materias activas fan que os laboratorios e investigadores comecen a abordar a sanidade con produtos, moi tecnolóxicos, baseados na nutrixenómica, poñendo ao dispor do agricultor solucións moi eficientes e con baixo perfil toxicolóxico.

A resistencia inducida ten como base a activación dos mecanismos de defensa natural das plantas antes da chegada dun patóxeno. Este tipo de resistencia en plantas é o equivalente á “inmunización ou vacinación” dos seres humanos contra enfermidades, pero difire dela en que o estado inducido non é específico contra un só patóxeno, senón que pode ocasionar un incremento xeral na resistencia da planta a varios tipos de patóxenos.

A resistencia inducida é complementaria co control químico tradicional. A resistencia inducida por axentes bióticos ou abióticos non ten efectos inmediatos drásticos, pero se ten un efecto moito máis duradeiro. A reacción de resistencia comeza moi axiña, despois da aplicación do axente inductor e os beneficios duran, un tempo determinado, por iso é necesario repetir periodicamente o tratamento.

Procrop ISR é un activador de resistencia inducida enfocado na protección do cultivo que se basea neste sistema de defensa, contén carbohidratos complexos derivados da parede celular do fermento Saccharomyces cerevisiae. Procop ISR está formulado para aplicalo de forma foliar ou en fertirrega durante o ciclo do cultivo expón á planta a estes compoñentes que activan, como mecanismo de defensa, a produción de fitohormonas.”

As condicións ambientais son un factor determinante no desenvolvemento das cepas. Nun contexto onde o cambio climático se acentúa cada vez máis e os episodios de seca e altas temperaturas son máis extremos, as viñas vense sometidas a un estrés para o que, en moitas ocasións, a planta non está preparada. Mesmo en zonas tradicionalmente húmidas, como pode ser a Cornixa Cantábrica, este cambio é cada vez máis evidente.

A pesar da resistencia das plantas de vide á seca, os efectos ambientais do cambio climático impactan negativamente no crecemento e a produtividade das cepas. Actualmente hai múltiples investigacións que indican que o aumento da temperatura e a intensificación da seca reducen o rendemento e a calidade das uvas, mentres que outros estudos sinalan cambios nos eventos fenolóxicos e nas estacións de crecemento. Os viticultores enfróntanse ao reto de ser capaces de reverter esta situación e lograr que as plantas se vexan afectadas por estes procesos na menor medida posible. Neste contexto, o principal reto é conseguir unha adecuada protección do cultivo.

Jesús Sánchez (Delagro), técnico especialista en viña de Galicia, cunha dilatada experiencia en cultivos intensivos tanto en España como en países como Chile ou Suíza sinala que a obtención de viños de calidade comeza por cultivar unha uva nas mellores condicións. Para lograr chegar a ese punto, debemos poñer un especial coidado na vide. “O coidado da vide comeza moito antes do momento de floración. Debemos poñer especial atención ao solo desde antes mesmo que a brotación. É importante que comecemos a familiarizarnos co concepto de saúde de solo”.

En palabras do propio Jesús Sánchez, “Os activadores de resistencia inducida demostraron ser útiles para mellorar a calidade da uva, especialmente cando as viñas están sometidas a condicións de estrés. Os efectos negativos do estrés sobre a viña non só inciden en producións moito menores, senón que tamén afecta á calidade da uva”. “Porén, non todos os activadores de resistencia inducida son iguais, nin tampouco funcionan da mesma maneira. Saber o xeito de actuación de cada un, cal debemos usar segundo as circunstancias e o momento correcto da súa aplicación é clave”, puntualiza.

Solucións como Procrop ISR poden axudar á planta para mellorar os seus defensas e os procesos metabólicos. Isto tradúcese en que a planta cando é tratada con Procop ISR (imaxe 1) mellora notablemente a súa actividade fotosintética. Tal e como nos explica Jesús Sánchez (Delagro) “con Procrop ISR a vide resiste moito mellor o estrés por seca, é capaz de lograr maior homoxeneidade, coloración e vitalidade da masa foliar. Redúcese o desecamento das follas por elevadas temperaturas, desta forma logramos unha mellor e máis homoxénea maduración, con acios máis compactos e maior enchido. Á súa vez, mellórase a composición fenólica e capacidade antioxidante dos acios, isto tradúcese nun viño de maior calidade”.

DELAGRO VINHA 2

Procop ISR é un produto que foi testado en diferentes zonas de España, entre elas a DO Rías Baixas con resultados moi favorables. En viñedos onde se usou o activador de resistencia inducida Procrop ISR, os estudos realizados pola multinacional americana Alltech Crop demostran as vantaxes do seu uso (imaxe 2).

DELAGRO VINHA 3

Para máis información:

jesus.sanchez@delagro.org

662938735

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información