No marco da campaña informativa lanzada polo Sindicato Labrego a finais do pasado ano para alertar do que consideran industrialización da IXP Ternera Gallega, este xoves 25 de xaneiro desenvolverá no Centro Etnográfico de Teixeiro a xornada “Os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto. É a herba alimento abondo para alimentar rumiantes?”, en horario de 11 a 14h. A xornada, aberta ao público e medios de comunicación, é de balde e para asistir non é necesaria inscrición previa.
A primeira parte da mesma estará centrada na exposición de diversos estudos académicos e traballos de investgación arredor do acabado en pasto. Partciparán a gandeira de leite e Secretaria Xeral do SLG-CCLL, Isabel Vilalba; o enxeñeiro técnico agrícola do grupo de investgación da Universidade de Santago de Compostela “Carne de vacún a pasto”, Xan Pouliquen; o enxeñeiro técnico agrícola Eloi Villada e a investgadora do Centro de Investigación y Formación Agraria CIFA Cantabria Enma Serrano.
Ás 13h. terá lugar unha mesa de experiencias labregas onde se establecerá un coloquio entre persoas labregas de carne.