Convocadas axudas para elaboración e comercialización de viño

Publicidade
Publicidade
Convocadas axudas para elaboración e comercialización de viño

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231227/AnuncioG0426-141223-0005_gl.html

Prazo: Ata 31/01/2024

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de publicar as bases das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas. As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro para facer a súa solicitude. Os posibles beneficiarios destas achegas son as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica, as organizacións interprofesionais e as organizacións profesionais.

Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto e os gastos administrativos, sempre que en conxunto non superen o 4 % dos custos subvencionables totais da operación. Tamén serán subvencionables a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.

Orzamentos e obxectivos
Trátase dunhas axudas anuais que se convocan por un importe de 4.500.000 euros, co financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). Farase con cargo dos orzamentos xerais para o ano 2024 cunha dotación de 2.000.000 euros, e para o ano 2025 cunha dotación de 2.500.000 euros.

Con esta convocatoria búscase fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario. Tamén impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, da eficiencia enerxética global, da utilización de enerxías renovables e da valorización e tratamento dos residuos. Outro dos eixos é fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Entre os obxectivos tamén está favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información