Os prezos do leite mantéñense ata marzo ante o medo aos efectos da EHE sobre a produción en 2024
As empresas que recollen en Galicia estiran os seus contratos ata a primavera sen reducións significativas no prezo de compra. O Grupo Lence e Celta tratan de compensar no primeiro trimestre de 2024 a baixada que aplicaron ás súas explotacións no mes de novembro