A Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), que representa a máis de 60 empresas do sector, que transforman en conxunto o 95% da producción española de alimentos lácteos, presentou este martes o Barómetro do sector lácteo, una iniciativa destinada a difundir de maneira periódica os datos máis relevantes do sector.
Nesta primeira entrega as industrias lácteas quixeron poñer de manifesto que España conta co leite en orixe pagado ao gandeiro máis caro de toda a Unión Europea (exceptuando Malta e Chipre), o que propiciou a entrada masiva de produtos lácteos elaborados estranxeiros, en particular queixos, a prezos máis baixos, desprazando nos lineais e na cesta da compra aos queixos nacionais.
Segundo os últimos datos do Ministerio de Agricultura e da Comisión Europea, o prezo do leite cru de vaca en España no mes de agosto foi de 0,515 euros por quilo, fronte aos 0,410 de Alemaña ou os 0,452 de Francia. A media da Unión Europea situouse nos 0,436 euros por quilo.
Os gandeiros españois cobraron en agosto 10 céntimos máis por litro que os alemáns e 6 máis que os franceses
Este feito xerou unha competencia desigual nos mercados, prexudicando aos produtos lácteos españois, asegura a FENIL. A situación é especialmente preocupante no mercado dos queixos e no dos derivados lácteos (leite en po, manteiga, soro,etc.). No caso do leite de ovella e cabra, o prezo pagado en orixe en España, tradicional líder europeo na súa produción, é o máis elevado da serie histórica, o que está a estimular novas e modernas producións noutros países da Unión Europea.
Descenso na produción
Luís Calabozo, director xeral da FENIL, expresou: “Vemos con especial preocupación para o futuro do sector lácteo no noso país que, a pesar de que os gandeiros españois están a recibir os prezos máis altos da historia polo seu leite, non se consegue estimular a produción”.
Existen factores estruturais distintos ao prezo que hai que analizar para garantir a supervivencia do sector
Isto indica que existen factores estruturais distintos ao prezo que hai que analizar para garantir a supervivencia e o crecemento do sector, asegura. “Necesitamos identificar e favorecer as condicións para atraer ao sector persoas e capital que estimulen o crecemento e a eficiencia das producións. É de vital importancia lograr unha industria láctea rendible e competitiva para asegurar o futuro do sector e garantir o acceso ao consumidor español destes alimentos esenciais e que sexan producidos no noso país, para o que é condición necesaria preservar a nosa competitividade”, insiste Calabozo.
Perda de competitividade do sector
Así mesmo, afirmou que a incerteza ante o descenso no volume de produción de leite cru no campo, o aumento da oferta internacional e as dificultades do contexto económico mundial xera presións adicionais á industria láctea española.
O custo da materia prima erosiona as marxes e a rendibilidade das industria láctea
Luís Calabozo concluíu: “A industria láctea española en xeral, e a queixeira en particular, están a perder competitividade, o que nos está levando a perder posicións nos mercados. Esta situación propiciou a entrada en masa en España de produtos lácteos estranxeiros, principalmente queixos, a prezos máis baixos, desprazando no lineal e na cesta da compra os lácteos do noso país”.
Todo iso, insistiu, sumado ás “estratexias históricas de venda por parte da distribución a uns prezos no lineal artificialmente baixos (leite UHT principalmente)”, representa “un gran desafío para unha industria láctea cunha rendibilidade e unhas marxes moi erosionadas pola crise de custos que se atravesa (enerxía, envases, transporte, laborais etc.), pero moi especialmente, polo custo da materia prima leite”, culpabilizou.