Leite Río non descarta subas do prezo do leite nos vindeiros meses, mentres que a Xunta aposta polo "equilibrio"
Nunha visita á planta do Ceao, María José Gómez avogou pola "estabilidade", asegurando que "non é bo que o leite suba demasiado". En relación ao papel da Consellería, di, "o mercado consiste na oferta e a demanda; non podemos as Administracións actuar aí"