A Xunta presenta un manual para axudar ás adegas nos trámites administrativos

A publicación impulsada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria titúlase Guía para a xestión dos requisitos administrativos aplicables a adegas e está elaborada polo Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo

Publicidade
A Xunta presenta un manual para axudar ás adegas nos trámites administrativos

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, vén de participar na presentación da Guía para a xestión dos requisitos administrativos aplicables a adegas, unha publicación que servirá como ferramenta para axudar ás bodegas nos trámites administrativos.

Deste xeito, esta publicación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria -elaborada polo Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo coa colaboración de funcionarios da Consellería do Medio Rural e técnicos dos consellos reguladores e doutras administracións- recompila, ordena e explica os requisitos e obrigas das adegas fronte aos diferentes organismos públicos, coa finalidade de facilitar a súa comprensión e, polo tanto, o seu correcto cumprimento. Trátase, polo tanto, dunha publicación de gran interese para o sector, en particular para as preto de 500 adegas pertencentes a algunha das diferentes denominacións de orixe (DO) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) vitivinícolas de Galicia.

Debe terse en conta que as adegas deben elaborar e presentar diferentes documentos en distintos momentos do ano, facer diversas declaracións no caso de determinadas operacións e cumprir outros trámites administrativos específicos deste sector. Isto supón unha carga de traballo administrativo importante para estas empresas, as cales teñen dificultades -sobre todo as de menor dimensión- para estar ao día e cumprir con estas obrigas en forma e prazo.

En definitiva, esta publicación pretende facilitar o traballo administrativo das empresas vitivinícolas informándoas exhaustivamente e de xeito claro e pedagóxico dos requisitos administrativos que deben cumprir e da forma en que deben facelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información