Curso avanzado de viticultura e enoloxía no CFEA de Guísamo

Publicidade

A Fundación Juana de Vega promove unha formación práctica de nivel avanzado en enoloxía e viticultura seguindo o ciclo vexetativo de variedades brancas e tintas, así como da produción e control de elaboración de viños en adega. Todas as sesións (60 horas) terán lugar no CFEA de Guísamo de Bergondo (AGACAL) en horario de tarde entre febreiro e decembro, seguindo o ciclo vexetativo das plantas.

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permitirá a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega. Os asistentes participarán en todas as fases do proceso, desde a implantación e o mantemento da vida aos procesos de elaboración do viño na adega. Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo.

Obxectivos
Ao remate do curso, o alumnado:

-Terá acadado unha especialización práctica no cultivo da vide e no coñecemento das variedades de uva autóctonas e alóctonas máis interesantes.
-Contará cunha preparación técnica adecuada que permita a xestión do viñedo
-Terá un nivel de preparación suficiente para afrontar diferentes producións vitivinícolas e xestionar unha pequena adega a nivel técnico.

Requisitos
É recomendable ter uns mínimos coñecementos para afrontar as diferentes actividades prácticas para a realización deste curso. Por iso, para a realización, os interesados/as deberán xustificar algunha das seguintes titulacións:

Curso de Viticultura e enoloxía de nivel básico de edicións anteriores.
Ciclo Superior en Paisaxismo e medio rural.
Ciclo Medio Aceites de Oliva e Viño.
Ciclo Superior Vitivinicultura.
Titulados das ramas agrarias universitarias.
Total de horas: 60
Prazas: 20
Custo: 150€

Lugar
Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo), salvo a xornada de inauguración de base teórica que será na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros). Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.

Coordinadores xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL)
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega

Coordinador técnico
Luis Quinteiro González

Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.

viticultura

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información