Récord de vendas de becerros de recría este martes en Silleda

O recinto de Silleda alcanzou os 340.694 euros ao acadar unha asistencia de animais desta categoría de 1.079 exemplares

Récord de vendas de becerros de recría este martes en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o maior volume de transaccións de becerros de recría da súa historia, con 340.694 euros; supera así os 248.862 euros que se rexistraron o pasado 20 de febreiro (última maior cifra).

Esta marca está motivada esencialmente pola grande asistencia de animais desta categoría, a cal supuxo a segunda maior da Central, con 1.079 exemplares que só foron superados polos 1.102 que concorreron o 31 de xullo de 2018. Unha asistencia que á súa vez foi consecuencia da suspensión da poxa de becerros de recría a semana pasada (a cal forma parte do calendario de suspensións xa fixado). Tamén contribuíu a esta marca o prezo medio da categoría, o cal foi de 322 euros, o quinto máis alto no que vai de ano.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 143 euros; os de 21 a 50 días a 169 euros e os de máis de 50 días a 227 euros. En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 353 euros; os de 21 a 50 días chegaron aos 408 euros e os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 540 euros.

07_05_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron 113 euros e alcanzaron un valor medio de 1.072 euros; mentres que as femias subiron 63 euros. Pola súa banda, os de Loura Galega vendéronse a 1.016 euros de media os machos, o que supón un descenso de 190 euros e as femias tamén baixaron8 euros e alcanzan un valor medio de 1.072 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron o seu valor un euro, até conseguir un prezo de referencia de 1.136 euros.

No vacún maior houbo baixada en case todas as categorías, excepto nos da categoría extra que subiron 95 euros e quedaron nun valor medio de 2.221 euros, e os da categoría segunda que se mantiveron igual nos 762 euros. Os animais da categoría primeira baixaron 4 euros e alcanzaron os 1.170 euros de valor medio, mentres que os de categoría desfeito quedaron nos 411 euros (-126). Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia incrementaron o seu valor medio en 639 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 3.772 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 101 euros (cun prezo de 5,05 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 96 euros e cun prezo por quilo de 4,8 euros. En ambos os casos houbo un descenso de 4 euros.
07_05_2024_page-0002
O mercado do ovo presenta baixadas con respecto á semana pasada, excepto os da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os da L presentan unha baixada de 0,02 e alcanzan os 2,26 euros. Nos da M o descenso é de 0,04 e nos da S de 0,03, quedando nun valor medio de 2,04 e 1,74 euros, respectivamente.

O prezo do coello mantense igual, nos 2,20 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información