Curso gratuíto en Ourense sobre técnicas para mellorar o cultivo da viña

Os cursos realizaranse entre o 21 e 31 de agosto e do 6 ao 8 de novembro en horario de tarde nas instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Publicidade

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza un curso sobre técnicas de cultivo para o sector vitícola. Os cursos realizaranse entre o 21 e 31 de agosto e do 6 ao 8 de novembro en horario de tarde, nas instalacións da Evega. Estes cursos realízanse tamén coa colaboración da Fundación Juana de Vega.

Ao longo deses días, sucederanse relatorios impartidos por expertos e expertas da Consellería sobre temas relacionados co cultivo de viño. Trataranse cuestións como a plantación do viñedo, o correcto mantemento do solo, a detección de enfermidades e o uso de fitosanitarios. O curso contará un taller práctico sobre a poda e enxerto.

CURSO VITICULTURA EVEGA PROGRAMA 23 1 CURSO VITICULTURA EVEGA PROGRAMA 23 2

Este curso está orientado a agricultores, viticultores e gandeiros activos con producións con orientación comercial; titulares, asalariados ou contratos a proba dunha explotación agraria; persoas en idade laboral con expectativas de incorporarse ao sector primario ou á industria transformadora; investigadores e público xeral.

Os obxectivos son que os asistentes se formen sobre temas fundamentais que se poidan poñer en práctica, como as pautas a seguir para establecer o viñedo, coñecer a posibilidade da diversidade varietal galega, como establecer pautas axeitadas para o manexo do solo cara unha viticultura sustentable, coñecer as técnicas de manexo -enxerto, formación da planta, poda e sistemas de condución- e introducir ao uso sustentable de fitosanitarios.

Os cursos contan cun número limitado de 20 prazas e os interesados poden preinscribirse a través desta ligazón ata o 15 de agosto. A inscrición será confirmada a través de correo electrónico.

CURSO EVEGA viticultura_2

Ligazón á inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información