Rey de Miñotelo domina o Concurso da Moexmu

A gandería da Pastoriza faise cos galardóns de Vaca Gran Campiona e Xovenca Gran Campiona, mellor criador de vacas e xovencas e animal con mellor ubre

A vaca Rey 814 Beemer Yuri, da gandería Rey de Miñotelo da Pastoriza, Vaca Gran Campiona na Moexmu 2023

A vaca Rey 814 Beemer Yuri, da gandería Rey de Miñotelo da Pastoriza, Vaca Gran Campiona na Moexmu 2023

A Gandería Rey de Miñotelo volveu a monopolizar o Concurso de Gando da Moexmu, celebrado este sábado no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta. A explotación da Pastoriza gañou 16 das 22 seccións do Concurso, incluídas Vaca Gran Campiona e Xovenca Gran Campiona, mellor criador de vacas e xovencas e animal con mellor ubre. 

A Vaca Gran Campiona foi Rey 814 Beemer Yuri, que se fixo tamén co premio á vaca con mellor ubre do concurso. Trátase dun animal de 4 lactacións que leva 3 anos seguidos sendo a mellor vaca de Galicia e que repite como triunfadora en Muimenta. Foi tamén vaca Reserva no último certame Internacional de Gandagro e vaca Campiona de España Reserva no último concurso celebrado en setembro.

A Vaca Gran Campiona, Rey 814 Beemer Yuri, procede da mesma familia que leva 5 anos consecutivos gañando o título de mellor vaca de Galicia

Como Reserva Gran Campiona foi escollida Cundins Adele Moovin ET, da gandería Pistulario, de Santa Comba. Rey 1085 Moovin Soly ET, un animal pertencente tamén á Gandería Rey de Miñotelo, foi escollida Xovenca Gran Campiona. O encargado de xulgar o certame foi o catalán Pol Collell Sabaté, xuíz nacional de Conafe.

O concurso desenvolveuse en xornada de mañá (xatas) e tarde (vacas), cun cento de animais a concurso de 14 ganderías das provincias de Lugo (A Lagoa Serabel, A Vereda, Casa Pozo, Cavadas, Gaigo, Pena Guisande, Penelas e Rey de Miñotelo), A Coruña (Casa Toldeiro, Casas, O Rubio e Pistulario), Pontevedra (Anila) e Asturias (Gorrello). 

Moexmu 2023-3Os animais gañadores das 22 seccións a concurso foron os seguintes:  

  • Xatas de ata 8 meses: Rey 1193 Haxl Zynal (Rey de Miñotelo)
  • Xatas de 8 a 10 meses: Rey 1174 Thunderstonm Holy (Rey de Miñotelo)
  • Xatas de 11 a 14 meses: Rey 1165 Beemer Esencial (Rey de Miñotelo)
  • Xata Campiona: Rey 1174 Thunderstonm Holy (Rey de Miñotelo)
  • Xata Subcampiona: Rey 1165 Beemer Esencial (Rey de Miñotelo)
  • Xovencas de 15 a 18 meses: Rey 1091 Moovin Zintal (Rey de Miñotelo)
  • Xovencas de 19 a 26 meses: Rey 1085 Moovin Soly ET (Rey de Miñotelo)
  • Xovenca Campiona: Rey 1085 Moovin Soly ET (Rey de Miñotelo)
  • Xovenca Subcampiona: Rey 1091 Moovin Zintal (Rey de Miñotelo)
  • Mellor criador de xovencas: Rey de Miñotelo
  • Segundo mellor criador de xovencas: A Vereda
  • XOVENCA GRAN CAMPIONA:  Rey 1085 Moovin Soly ET (Rey de Miñotelo)
  • Vaca nova ata 28 meses: Cundins Adele Moovin ET (Pistulario)
  • Vaca nova de 29 a 35 meses: Vilarmor Cayenne Nanci (A Lagoa Serabel)
  • Vaca nova Campiona: Cundins Adele Moovin ET (Pistulario)
  • Vaca nova Subcampiona: Vilarmor Cayenne Nanci (A Lagoa Serabel)
  • Vaca intermedia de 3 anos: Rey 946 Jacoby Mahendra (Rey de Miñotelo)
  • Vaca intermedia de 4 anos: Penelas Hurricane Skali (Penelas)
  • Vaca intermedia Campiona: Rey 946 Jacoby Mahendra (Rey de Miñotelo)
  • Vaca intermedia Subcampiona: Rey 947 Thunder Storm Yurieta (Rey de Miñotelo)
  • Vaca adulta de 5 anos: Rey 814 Beemer Yuri (Rey de Miñotelo)
  • Vaca adulta de 6 anos ou máis: Pozosaa Krusander 9450 Xela (Casa Pozo)
  • Vaca adulta Campiona: Rey 814 Beemer Yuri (Rey de Miñotelo)
  • Vaca adulta Subcampiona: Pozosaa Krusander 9450 Xela (Casa Pozo)
  • Mellor criador de vacas: Rey de Miñotelo
  • Segundo mellor criador de vacas: Casa Pozo
  • Mellor ubre: Rey 814 Beemer Yuri (Rey de Miñotelo)
  • Mellor gandería de nova participación: Gorrello (Asturias)
  • Mellor concello: A Pastoriza
  • Segundo mellor concello: Castro de Rei
  • VACA GRAN CAMPIONA: Rey 814 Beemer Yuri (Rey de Miñotelo)
  • Reserva Gran Campiona: Cundins Adele Moovin ET (Pistulario)

Novos Manexadores

Moexmu 2023-1Pol Collell, xuíz do certame da Moexmu, destacou o grande nivel dos animais participantes, o traballo dos seus criadores e a profesionalidade dos gandeiros galegos. 

A Moexmu continúa este domingo, no que terá lugar o concurso de novos manexadores, organizado polo Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia. O venres escolleuse aos mellores preparadores, entre os 7 participantes. A primeira clasificada foi Lorena Rodríguez e como segunda quedou Lorena Iglesias. 

Prezo medio de 2.883 euros na poxa de gando, cunha primeiriza parida que acadou os 4.050 euros 

Moexmu 2023-2A poxa de gando selecto que se leva a cabo dentro do programa da Moexmu incluíu este ano 9 animais, 5 vacas paridas e catro xovencas preñadas, pertencentes a 8 ganderías da provincia de Lugo. Vendéronse todos os exemplares presentados, acadando un prezo medio de 2.883 euros. 

O animal que logrou un maior prezo foi Rego Basic Basica 7101, unha vaca primeiriza de 27 meses parida o 1 de febreiro da Gandería Rego SC de Láncara, que foi vendida en 4.050 euros. É neta dunha vaca Excelente, ten unha cualificación de 81 puntos e está dando neste momento 42 litros. Foi adquirida por Agrociocende, de Boimorto, que mercou outros 3 animais na poxa. 

Agrociocende, de Boimorto, mercou 4 animais e Explotaciones Ferreiro, do Cádavo, 3

Entre as xovencas, a que acadou un maior prezo foi Marey Guay 3964 Lia, de Gandería Marey Castro SC, de Pol. Trátase dunha xata de 21 meses con 6 de preñez, inseminada o 21 de setembro. Foi adquirida por Manuel López López, do Incio. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información