Aberto o prazo para solicitar stands na Moexmu e para apuntar vacas para o Concurso de Gando

O certame morfolóxico de raza frisona esta 40 edición será xulgado por Bonet Cid, vinculado desde cativo a esta cita de referencia para o sector na provincia de Lugo

Cartel da Moexmu 2024, obra un ano máis de Paula Francos

Cartel da Moexmu 2024, obra un ano máis de Paula Francos

A Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) celebra este ano unha cita moi especial. Por un lado, porque cumpre catro décadas de maneira ininterrompida e por outro porque o esforzo que ano a ano realizan os veciños da localidade, a través das distintas comisións organizadoras, acaba de ser recoñecido co Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Pero o traballo para esta cita de referencia para o sector agrogandeiro da provincia de Lugo, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril, continúa. O prazo para a reserva de stands e parcelas expositivas xa está aberto e pode realizarse a través do enderezo moexmu@gmail.com ou do teléfono 982504002, chamando preferiblemente polas tardes.

Tamén está aberto o prazo para apuntar xatas e vacas ao Concurso de Gando, o único destas características que se segue a celebrar na provincia. A inscrición debe facerse a través de Africor Lugo no teléfono 982250714.

Xuíz do Concurso

O encargado de xulgar o certame deste ano será Bonet Cid, xuíz de Conafe desde o ano 2008 e con experiencia como xuíz en distintos concursos, como o Nacional celebrado en Xixón no 2016, os concursos rexionais de Cataluña e Euskal Herria e numerosos certames locais (Galizano, Renedo, Valle de Carriedo, Villaviciosa, Nava ou Gordesola).

Bonet é un gran coñecedor da Moexmu, xa que, dende moi noviño, e xunto ao seu irmán Iván participaban no concurso de xóvenes gandeiros, con cabezas de gando da granxa familiar, ubicada no concello de Barreiros, que atesoura distintos premios en concursos morfolóxicos tanto a nivel galego como nacional, como o de Vaca Gran Campeona no Concurso Nacional 2007, logrado con Rosalía James, elixida vaca do ano 2007. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información