Lograr o máximo potencial das nosas pradarías é fácil e posible se usamos os fertilizantes adecuados. Yara pon a disposición dos gandeiros unha ampla gama de solucións de nutrición vexetal que cubran todas as necesidades e casuísticas posibles.
Grazas á súa alianza con Yara, maior fabricante de fertilizantes do mundo, Delagro pon a disposición dos nosos clientes soluciones únicas e innovadoras con dous obxectivos: mellorar a eficiencia dos cultivos e contribuír á redución do impacto ambiental. Unha destas solucións é YaraMila Actyva.
YaraMila ACTYVA é un fertilizante complexo de alto contido en nitróxeno fabricado en base ao método de Nitrofosforación (patente de Yara), e que achega nitróxeno, fósforo e potasio totalmente asimilables (20-7-10). YaraMila® ACTYVA preséntase en forma perlada e resulta especialmente adecuado como abonado de inicio do cultivo.
Desde un punto de vista técnico é un referente en NPK, sobre todo para usar en herba ou mesmo podería ser recomendable para un uso en millo para ciclos curtos combinado con Yara Amidas en coberteira.
Trátase dun fertilizante complexo, polo que todos os nutrientes atópanse en igual proporción en cada perla ou gránulo, asegurando desta maneira unha achega homoxénea en cada un deles. Sería especialmente indicado para gandeiros que teñen pouco xurro ou que o manexan mal.
Actyva contén dúas formas de nitróxeno (nítrico e amoniacal) o que fai que este estea dispoñible para a planta tanto de forma inmediata como a medio prazo. Desta forma, aseguramos unha achega de nutrientes continua á planta. Ademáis, leva xofre, o que fai á planta lle sexa máis fácil absorber nitróxeno en forma amoniacal.
Entre as súas principais características, cabe destacar o seu fósforo de alta solubilidade, que permite ver en pouco máis dun mes efectos positivos sobre as plantas, mesmo en terreos moi abonados. “YaraMila Actyva é un fertilizante que consegue un afillado e callado que con outros produtos é moi difícil de lograr”, tal e como nos di Rafael García. Esta alta solubilidade do fósforo é consecuencia do extraordinario desenvolvemento tecnolóxico que fixo Yara coa tecnoloxía P-Extend, que achega, ademais, un pequeno contido en magnesio e xofre.
O feito de que funcione a baixas doses fai que sexa un produto cuxo uso é moito máis eficiente que outros fertilizantes, especialmente válido para gandeiros que van a dous cortes ou que traballan con pradarías permanentes. Conséguese moi bo afillado, moi boa folla, con dose duns 300 kg aproximadamente por hectárea. Isto permítenos deixar o terreo cunhas condicións de abonado perfectas para un segundo corte ou mesmo para empezar o millo. En segundos cortes para conseguir unha boa produción a dose sería un pouco máis alta, e mesmo se podería abonar con outros produtos con só nitróxeno como Nitrograss, de Yara.
O encalado é un elemento fundamental para que o fertilizante faga o seu efecto. “Grazas a produtos como YaraMila Actyva, que contén na súa formulación xofre, logramos que os catiións das terras ben encaladas móvanse a capas máis profundas, logrando así maior raíz, sobre todo en millo, arrastramos aluminios cara ao fondo polo que logramos un mellor desenvolvemento radicular”, coméntanos Rafael.
Usar abonos de alto valor engadido axuda a optimizar o uso dos fertilizantes, así como a mellorar as producións ao mesmo tempo que se produce unha optimización dos custos de abonado debido ao uso de menores doses. Isto repercute directa e de forma positiva no medio ambiente.