A Confederación Nacional de Raza Frisona Española (CONAFE) celebra en Galicia a edición número 60 da súa Escola Nacional de Xuices Gandeiros, cun completo programa que terá lugar os días 19, 20 e 21 en distintas localizacións das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
Participarán gandeiros de toda España así como aspirantes a xuíces e xuízas chegados de distintas comunidades, que visitarán distintas explotacións galegas, como por exemplo SAT Lodos e Pérez (A Pastoriza), Finca La Asunción (Touro) ou Gandería Carro SC (Mesía), onde este mércores terá lugar a primeira das prácticas de xuíces.
Participarán gandeiros de toda España, que visitarán distintas explotacións galegas
A calificación de animais terá lugar o xoves 20 durante todo o día no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, que acolle todos os anos o Concurso de Gando da Moexmu.
Catro ganderías da provincia de Lugo colaboran con esta cita aportando animais: SAT A Vereda, SAT Teixeiro, Rey de Miñotelo e Casa Pozo. Pola mañá calificaranse vacas e pola tarde xatas.
O recinto feiral da Moexmu xa acollera outra Escola Nacional de Xuíces no ano 2005
O venres a sesión práctica trasládase ao recinto feiral de Lalín, onde se xulgarán vacas e xatas procedentes doutras catro ganderías: SAT Carballeiras, A Costa, Midón e Rato.
Este tipo de formacións son a base para os futuros xuíces e xuízas da raza, pero tamén son de utilidade para todos os criadores de gando frisón, que aprenden a valorar e a seleccionar os seus animais con criterios obxectivos, o que lles axuda a mellorar o rabaño existente nas súas explotacións.