O millo americano garantirá o suministro de pensos ó gando español

Os fabricantes de pensos, agrupados en CESFAC, anuncian un inmintente desbloqueo das importacións de millo de Estados Unidos, Canadá e Arxentina, así como de xirasol e torta de xirasol transatlánticos. Estas materias primas permitirán sustituir ó millo procedente de Ucrania

O millo americano garantirá o suministro de pensos ó gando español

Millo almacenado no porto da Coruña. // Foto de arquivo. Agafac.

A UE vai autorizar de maneira inmediata medidas que permitirán reabastecer as necesidades de alimentación do gando, segundo as informacións contrastadas pola Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (Cesfac) coas administracións nacional e comunitaria. 

Antes do estalido da guerra en Ucraína, Cesfac, xa solicitara ás autoridades un permiso excepcional de importación de millo de orixe estadounidense, canadense e arxentino, así como de xirasol arxentino, actualmente dispoñible no mercado internacional.

Nestes momentos hai dispoñibles e invendidas 13,6 millóns de toneladas de millo en EE.UU., 7,5 millóns de toneladas de millo en Arxentina e 100.000 toneladas de semente de xirasol e 400.000 toneladas de torta de xirasol tamén en Arxentina. Ademais, a partir de finais do mes de marzo, estarán dispoñibles outros 15,4 millóns de toneladas de millo da colleita nova arxentina.

Por razóns técnico-regulatorias, non vinculadas a temas de calidade ou de seguridade alimentarias, non se esperaba a exportación á Unión Europea desas cantidades: “Esas cantidades servirían para cubrir sobradamente as necesidades da produción española de alimentos compostos para animais ata a nova campaña, e boa parte da demanda europea”, indican dende Cesfac.

Desde Ucrania, importábase aproximadamente un 22% de todo o millo mercado no exterior por España, polo que cómpre buscar alternativas o antes posible. A flexibilización dos criterios de importación do millo americano é a opción máis viable.

“É necesario un levantamento temporal das restriccións e que esa decisión sexa urxente. Se non se fai así, a alternativa é iniciar o sacrificio selectivo de gando en España” (Jorge de Saja, CESFAC)

A cuestión de fondo é que neses continxentes de millo e xirasol, poden existir pequenas partidas de materias primas que, por distintos motivos, non cumprían coa normativa europea. Unha das razóns é a existencia de transxénicos que non tiñan completada a súa tramitación para poder ser importados na UE. Outro dos motivos é a posibilidade de que existan residuos de fitosanitarios non autorizados en Europa, se ben desde CESFAC consideran que se trata de cuestións “moi puntuais” que en ningún caso poñen en risco a calidade e seguridade alimentaria das materias primas.

“É preciso un levantamento temporal destas restriccións e que esa decisión se adopte de xeito urxente. Se non se fai así, a alternativa é iniciar o sacrificio selectivo de gando en España”, conclúe o director xerente de CESFAC, Jorge de Saja.

Autorización europea

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación levou estas e outras peticións de Cesfac ao Consello Extraordinario de ministros de Agricultura europeo, reunido en Bruxelas o pasado día 2 de marzo. Porén, Bruxelas remitiuse o estudo e posterior toma de decisións sobre estas medidas a outra reunión o próximo 21 de marzo.

“Desde Cesfac sabiamos que a situación do mercado de materias primas para alimentación animal europeo e, particularmente, o español, non podía esperar a esas datas, dado o desabastecemento real e a feroz especulación en prezos de materias primas, polo que non cesamos de reclamar a todos os niveis da administración española e en medios de comunicación, a toma dunha decisión valente, amparada polo dereito comunitario, pero que tivese efectos inmediatos”, sinalan.

A organización asegura agora que as Administracións están a tomar medidas para autorizar e acelerar a importación do millo americano.

Neste momentos, dende Cesfac apuntan que están en contacto con organismos e produtores dos países de orixe para acelerar ese fluxo de exportación dos cereais. 

Cultivos excepcionais

Por outro lado, ademais das medidas para garantir a flexibilización das importacións americanas de cereais, o Ministerio de Agricultura tamén solicitou a Bruxelas que se poidan plantar excepcionalmente nesta campaña as superficies de interese ecolóxico e os barbeitos; se ben non hai polo de agora unha resolución ao respecto.

Una idea sobre “O millo americano garantirá o suministro de pensos ó gando español

  1. Atlantia

    Poñédevos a plantar millo no campo e deixádevos de chorar pra que vos subvencionen a importación de merda tranxénica!
    Panda de vagos!

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información