Representantes dunha das maiores cooperativas gandeiras de Italia visitan CLUN

Representantes da CIA Agricoltori delle Alpi e da AGACA visitaron este mércores a sede da cooperativa e unha das súas ganderías socias no marco do proxecto Erasmus+ “Up-Farming”. Unha gandeira socia de CLUN participou neste proxecto

visita clun agaca unO director da CIA Agricoltori delle Alpi (Confederación Italiana de Agricultores) xunto con dúas persoas da súa Área de Proxectos e Formación e representantes da AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), visitaron este mércores dúas das ganderías socias da cooperativa rural galega CLUN, así como a súa sede en Ames. Acompañándoos estivo José Ángel Blanco Purriños, presdiente da cooperativa CLUN e Rafael García, responsable de compras de leite de CLUN.

O motivo deste evento é o peche do proxecto Erasmus+ “Up-Farming”, un proxecto impulsado por AGACA e pola CIA Agricoltori delle Alpi. Con esta iniciativa preténdese apoiar ás pequenas explotacións propoñendo solucións vinculadas á aplicación da sustentabilidade, actuando en dúas vertentes: sensibilizar ás explotacións agrícolas/agricultores, e apoiarlles para que comuniquen ao público (provedores, consumidores, e sociedade en xeral) o que realmente fan en materia de sustentabilidade. De feito, durante esta xornada farase unha presentación dos resultados do proxecto a diferentes stakeholders, así como a potenciais consultores ou explotacións interesadas en formar parte dunha nova rede para darlle continuidade ó mesmo.

visita clun agaca tres

Para lograr este obxectivo, no marco do proxecto desenvolveuse un curso para formar a consultores capaces de acompañar aos agricultores no camiño da sustentabilidade, no cal participaron 10 xóvenes gandeiros, 5 de Italia e 5 de España. Unha das estudantes participantes no proxecto foi Andrea Canosa, da explotación Dego S.C. socia de CLUN.

A través do encontro de hoxe, os representantes da AGACA e da CIA Agricoltori delle Alpi, unha das organizacións agrícolas profesionais máis grandes de toda Europa, coñeceron o que se fai en materia de sostibilidade (e comunicación) nas explotacións da nosa rexión da man de CLUN.

A directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey Gómez, realizou unha presentación sobre todo o traballo que realizan dende a cooperativa CLUN. Seguidamente, AGACA e a CIA Agricoltori delle Alpi presentaron este proxecto internacional impulsado por ambos e que inclúe formacións e estudos para axudar a gandeiros e gandeiras a explicar a sustentabilidade e o impacto que xeran as súas explotacións. Finalmente tiveron a oportunidade de coñecer o proxecto de Mulleres de Seu, un proxecto impulsado en 2013 pola cooperativa CLUN para fomentar a visibilidade, o empoderamento e o desenvolvemento profesional e persoal das mulleres rurais. Trátase dun grupo interxerneracional de mulleres gandeiras que está presidido por Carmen Rodríguez, tamén vicepresidenta de la cooperativa CLUN. Precisamente Carmen Rodríguez foi a persoa encargada de presentar dita asociación e o seu funcionamento.

visita clun agaca dous

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información