Tras as intensas choivas rexistradas este inverno, nos próximos días comezará a sementeira de millo en Galicia, o cultivo forraxeiro máis importante na alimentación de vacún de leite na Cornixa Cantábrica.
O control de malas herbas no cultivo de millo é fundamental para obter os mellores rendementos, e unha mellor calidade do ensilado.
Ata agora, cos activos herbicidas dispoñibles no cultivo, logrouse alcanzar un bo manexo das malas herbas presentes no millo. En xeral, os tratamentos realizados en pre-emerxencia ou post-emerxencia temperá son cos que obtemos uns mellores resultados para a maior parte de gramíneas e dicotiledóneas anuais que aparecen no cultivo de millo e, ademais, son infrecuentes os casos de resistencia aos ingredientes activos autorizados neste momento.
Porén, a situación normativa actual de moitos destes activos variou nos últimos anos, con algúns cambios no rexistro dos mesmos. Estas modificacións ás veces establécense cunha diminución de doses, con limitacións de uso de forma plurianual e, no peor dos casos, coa non renovación de aprobación da substancia activa. Este é o caso do s-Metolacloro, principal activo utilizado nos tratamentos herbicidas para o control de malas herbas en millo que, con data 12 de decembro de 2023, a Comisión Europea publicou o Regulamento de Execución 2024/20 no que se indicaba a cancelación do activo, e marcábase o 23 de xullo de 2024 como data límite para o seu uso. Disto enténde que esta campaña será a última na que se poderán utilizar formulados que conteñan s-Metolacloro, sempre que non se aplicara ese herbicida na campaña pasada nun mesmo campo, xa que o activo conta cunha limitación de uso de 1 cada 3 anos.
No caso da terbutilazina, en 2021 publicouse o Regulamento 2021/824 en relación ás condicións de aprobación da substancia activa. Este indicaba unha restrición de aplicación de 1 cada 3 anos. E así poderiamos seguir con moitos dos activos de pre-emerxencia:
- Tiencarbazona-Metil 9% + Isoxaflutol 22,5%: 1 de cada 2 anos.
- Pendimetalina 45,5%: 1 de cada 2 anos.
- Petoxamida 60%: 1 de cada 2 anos.
- Nicosulfurón 2% + Sulcotriona 15%: 1 de cada 3 anos.
- Nicosulfurón 6%: 1 de cada 3 anos.
Ante esta situación, FMC Agricultural Solutions propón unha solución que se adapta perfectamente á tendencia de aplicacións de post-emerxencia temperá, cada vez máis xeneralizada en Galicia: Mojang® + Border® 10. Trátase dunha solución que permite controlar un amplo espectro de malas herbas que aparecen no millo, incluída a xuncia, e que ademais ofrece a suficiente persistencia para manter o noso millo libre de malas herbas durante todo o ciclo de cultivo.
Mojang® é unha ferramenta idónea para incorporar nas estratexias herbicidas de post-emerxencia, cunha alta eficacia en gramíneas e dicotiledóneas, que ademais nos aporta persistencia ao tratamento realizado. É un herbicida sistémico que se absorbe por raíces, coleóptilo e brotes novos, e impide o proceso de xerminación das malas herbas sensibles.
Pola súa banda, Border® 10 complementa a acción fronte a folla ancha, ademais de ofrecer un excelente control da xuncia, unha mala herba moi frecuente ao longo de toda a Cornixa Cantábrica. Presenta actividade pre-emerxente e post-emerxente, penetrando rapidamente nas follas provocando un branqueamento nas mesmas e a necrose das zonas de crecemento activo.
Finalmente, dados os antecedentes da campaña pasada en canto ás incidencias de pragas que apareceron en millo (rosquilla, mythimna, heliothis), FMC Agricultural Solutions recomenda empregar o insecticida Coragen® 20SC. Esta innovadora solución de FMC dota dun excelente control fronte ás principais pragas que poden aparecer no millo, o que nos permite gozar dun cultivo san e productivo desde o inicio, sen temor á aparición de rosquilla e como consecuencia as posibles resembras. Coragen® 20SC consegue tratar antes que outros insecticidas convencionais, grazas á súa persistencia prolongada e á súa triple actividade ovicida, ovo-larvicida e larvicida.