A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Max Verde, a revolución do eucalipto nitens para evitar a micosfarela

Viveros Mañente observou que o Max Verde produce un 50% máis de madeira en zonas afectadas pola micosfarela

Max Verde, a revolución do eucalipto nitens para evitar a micosfarela

Comparación do eucalipto Max Verde cunha plantación afectada por micosfarela.

A explosión nos últimos anos da micosfarela, unha enfermidade fúnxica que defolia as plantacións xuvenís de eucalipto, trae de cabeza aos propietarios forestais de eucalipto. Desde que se comezou a detectar o problema, alá por 2016, en Viveros Mañente (Foz, Lugo) iniciaron un traballo de selección de procedencias de nitens que presentasen resistencia aos fungos.

O resultado foi o lanzamento no 2021 do eucalipto nitens Max Verde, que nestes últimos anos confirmou en plantacións comerciais as esperanzas que suscitara nos ensaios. En zonas con alto impacto de micosfarela, as plantacións de Max Verde logran un 65% máis de produción en madeira que unha plantación convencional e entre un 20 e un 30% máis en crecementos en diámetro e altura, converténdose na primeira elección das empresas de plantación.

Son todos datos dunha rede de 25 parcelas de ensaios de Viveiros Mañente, con auditoría externa e certificación da firma Xesforest.

Fungo da tinta do castiñeiro

O Max Verde, ademais de resistir aos fungos da micosfarela, presenta tamén a vantaxe de ser resistente nun 98% ao fungo da tinta do castiñeiro, que está tamén afectando as raíces das plantacións de eucalipto nos últimos anos, causando nalgúns casos unha alta mortandade da planta.

En Viveros Mañente, líderes europeos en produción de eucaliptos nitens, son partidarios dunha selección de planta en función da zona e características da parcela, polo que insisten na conveniencia de que empresas de plantación e propietarios forestais se asesoren cos profesionais do viveiro sobre a elección máis adecuada.

Max Verde, xunto a eucalipto convencional.

Max Verde, xunto a eucalipto convencional.

Abonado das plantacións de eucalipto

Para optimizar a rendibilidade das plantacións, en Mañente lembran asimesmo a conveniencia de efectuar un correcto calendario de abonado, xunto con roza, nos dous primeiros anos da plantación.

En Galicia, o abonado durante a plantación é unha práctica ben establecida, pois garante unha plantación con maior rendibilidade. Viveros Mañente conta cun equipo técnico experto cun doutoramento en nutrición de eucaliptos, que deseña as súas propias fórmulas de abono, ricas en fósforo e equilibradas en nitróxeno e potasio, adaptadas ao que realmente necesita a túa plantación.

Durante os primeiros 12 meses, o eucalipto require unha cantidade significativa de fósforo para desenvolver un sistema radicular sólido e resistir mellor os ataques de fungos.

Recomendamos utilizar 50 – 60 gramos de fórmula NPK 10-28-7, con magnesio e boro, da marca PLANTACOTE, para aplicar no burato de plantación ou 60-70 gramos da fórmula 11-24-6 con boro, xofre e magnesio da marca TOP PHOREST, para aplicar superficialmente a 10 cm da planta. Aos 3 meses seria conveniente botarlle 30 gramos de boro e cando a planta teña 2 anos, habería que abonalos con Crecentor.

Recomendacións de abonado de plantacións de eucalipto
Fases Fertilizante e dose
Plantación Opción 1
Buraco de plantación
Plantacote 10-28-7 + Mg+ Boro
50 – 60 gramos
Opción 2
A 10 cm. da planta
Top Phorest 11-24-6 + Boro, azufre e magnesio
60 – 70 gramos
3 meses Boro, 30 gramos a 30 cm. da planta
2 anos ‘Crecentor’, 400 – 500 gramos por planta

Más información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *