A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Orondis Ultra: Un gran salto fronte ao mildiu en viñedo

ORONDIS SYNGENTA MILDEUAs intensas choivas dos últimos días e a subida de temperaturas que se prevén para esta semana son o caldo de cultivo perfecto para o desenvolvemento do mildiu, a principal enfermidade que afecta á viña en Galicia e que, de non atallarse a tempo con produtos eficaces, pode supor perdas moi importantes na produción de uva.

Precisamente, desde Syngenta España ofrecen aos viticultores Orondis Ultra, un funxicida deseñado para un excepcional control do mildiu, permitindo aos produtores obter unha colleita de gran calidade e cantidade.

Orondis Ultra, é un funxicida específico para o control de mildiu (Oomicetos) grazas ás súas dúas materias activas (mandipropamida e oxatiapiprolina), que lle confiren ao produto unha excelente eficacia.

Usando Orondis Ultra de forma preventiva obtemos os máximos beneficios do produto, pero tamén ten capacidade curativa e antiesporulante.

Os beneficios de Orondis Ultra:

– Gran aliado no control de mildiu.

– Longa duración de protección no control de mildiu.

– Excelente eficacia a doses moi reducidas.

– Dobre tecnoloxía no seu modo de acción.

– Formulación específica desenvolvida para o mercado global de oomicetos.

– Xestión de resistencias mellorada grazas aos seus dous modos de acción.

– Rápida absorción do produto evitando o lavado por choiva.

– Protexe novas follas e brotes ao poderse aplicar na fase de rápido crecemento.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *