Dende a asociación piden apoio das administracións para os pequenos proxectos con valor engadidoAsí, indican que as xornadas buscan facilitar un espazo de debate e confrontación de ideas a todas as persoas que forman parte do sector. Resaltan que o futuro do rural galego pasa por desenvolver e potenciar a moitos pequenos produtores e para iso, indican, “é necesario apoio das administracións aos pequenos proxectos de valor engadido” e tamén facer unha vitivinicultura rexenerativa e saudable para o consumidor e os habitantes do medio onde se desenvolve. Dende o colectivo buscan que os monovarietais “non sexan un moneco en mans dos grandes grupos e operadores obsesionados cunha soa variedade, que sexa pan para hoxe e fame para mañá cando fique esquecida por outra novidade”. Nas xornadas mostrarán os grandes territorios do mundo e da evolución das Denominacións de Orixe. Falarán de viños diferenciados, saudables, con proxección internacional, con alto valor engadido e que falen do territorio. Programas das xornadas
“Dentro de pouco haberá un grave problema no relevo dos veterinarios. Tan só un 1 % se especializa en animais de produción”Outro dos convenios que destacou foi con Conafe, co que monitorizan os animais para estudar a eficiencia alimentaria e temas de saúde. Así mesmo, resaltou o convenio coa facultade de veterinaria, “que é moi importante”. Martínez puxo o foco nisto “porque temos un grave problema: actualmente tan só o 1 % dos licenciados se quere dedicar a veterinaria de produción, non se sabe que vai pasar cando nos xubilemos”. Incide en que fai falla atopar motivación para que os veterinarios se queiran especializar neste ámbito. Escolas de formación Entre os traballos que realizan destacou as escolas que realizaron, xunto a Fefriga e o Club de Xóvenes Gandeiros, para novos gandeiros. “É moi satisfactorio e alentador ver a tantos mozos e mozas traballando durante todo o día con tanto entusiasmo”, sinalou Martínez. Engadiu que estas escolas volverán a repetirse este ano. Nese mesmo sentido, engadiu que tamén as charlas informativas e as visitas son outro punto forte, “sobre todo para dar a coñecer o traballo que fan os gandeiros e gandeiras”.
Se se detectan irregularidades na compra de embrións por parte das granxas da provincia, haberá sanciónsA compra de embrións só estará dispoñible para os usuarios que se rexistraron previamente e estarán a venda ás 10 da mañá do día seguinte da recolecta. “Se hoxe fago a recolecta, realizo un mailing para que todas as persoas rexistradas poidan acceder mañá ás 10 da mañá á compra dos embrións. Queremos igualdade de condicións”. Durante os primeiros 14 días naturais só poden comprar os gandeiros de Pontevedra e cada gandeiro só vai poder adquirir dous embrións por recolecta. A efectividade da reserva estará condicionada ao pago do embrión en 5 días naturais. Os gandeiros que solicitan no mesmo trámite a implantación do embrión, disporán de seis meses para retiralo, mentres que os que non ou son de fóra da provincia teñen 30 días. “Con isto queremos evitar que queden os embrións eternamente e logo haxa problemas”. Como calquera regulamento, o mal uso ou o uso non adecuado do servizo leva unhas sancións. Se detectan que algún gandeiro compra embrións con bonificacións para Pontevedra, pero acaban en terceiros e noutras provincias, implica a perda por parte do gandeiro durante 3 anos da bonificación. Ademais terá unha multa e pagará o embrión ao prezo ao que estaba para outras provincias. Se o gandeiro non fai o pago durante os 5 días, o embrión volverá estar dispoñible e non poderá acceder a el esa mesma gandería. Por outro lado, a gandería que non realiza os pagamentos de forma reiterada, restrínxenlle o servizo durante o ano seguinte. Martínez destacou a importancia de xestionar todo isto polas vías electrónicas, “que sabemos que é algo complexo e que causa moitas dúbidas, pero facilita moito o traballo para as ganderías e para nós”.
“Todos sabemos que hai que facer, pero ninguén sabe como facelo, polo que cómpre superar esas barreiras e dialogar” (Carlos Nores)Perspectiva de gandeiros de montaña Outro dos puntos de vista da xornada foi o dos gandeiros de alta montaña. Desde a súa óptica, o lobo representa perdas por danos en ataques e un factor que desincentiva a actividade gandeira nas zonas afectadas. “No 1994 tivemos o premio Príncipe de Asturias a pobo exemplar pola conservación paisaxística; moito foi polo pastoreo de montaña e sen embargo, agora xa hai xente pensando en deixar a actividade; entón que vai pasar co entorno e coas 5 certificacións de calidade de queixo – entre Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas – que ten a zona?”, cuestiona Alberto Valle, gandeiro dos Picos de Europa.
“No 1994 tivemos o premio Príncipe de Asturias a pobo exemplar pola conservación paisaxística, moito foi polo pastoreo de montaña; pero agora hai xente pensando en deixar a actividade” (Alberto Valle, gandeiro de Asturias)Outra das incógnitas que transmite Valle é a incerteza e malestar que se percibe polos ataques. “Que vai pasar con esa xente que firmou a ampliación dunha gandería ou un crédito, e se ve continuamente afectada polo lobo?”, expresa. “Chega a un punto que unha persoa cunha gandería se pregunta: merece a pena seguir? Non queremos que simplemente nos paguen os danos, non queremos alimentar estes animais silvestres despois de estar criando o noso gando”, denuncia Lucía Velasco, gandeira asturiana. Asímesmo, a gandería en extensivo depende en certa medida de pastos e, polo tanto, de fincas. “O custe da aplicación de medidas preventivas contra o lobo é elevado, e aínda que nos concedan 20.000 euros -a aplicar en varios anos- para prevención, de que nos serven se temos 50 parcelas polas que rota o gando?”, sinala Benedicto Rojas, gandeiro dos Picos de Europa.
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, o Cluster Saúde de Galicia, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica celebra este mércores 20 de abril, ás 16.00h, o webinar sobre ‘Ecodeseño e integración de elementos de saúde a través do deseño’. Estas xornadas teñen o obxectivo de destacar a importancia que ten o emprego de materiais naturais na saúde, así como concienciar sobre o fundamental que resulta o contacto coa natureza. A súa asistencia require de inscrición.
Neste webinar interveñen profesionais da madeira, a arquitectura, e da saúde para amosar formas óptimas de integrar elementos de saúde a través do deseño. Luciano Alfaya, de Mmasa Arquitectos; Héber Seco, do Grupo Ramón García, e María Sanjuan, de Atelier 15, farán as súas exposicións acorde á temática nun espazo moderado por Ricardo González, xerente do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.
Esta cita enmárcase no ciclo Conectados, unha serie de charlas entre profesionais de diferentes sectores, como o deseño de interiores, a arquitectura ou a saúde, para abordar posibles solucións a inquietudes sociais desde diversas visións profesionais.