Carne

Xornadas de demostración sobre tipos de peches para gando ovino e cabrún

Terán lugar os vindeiros sábados 11 e 25 de maio en horario de mañá e tarde, de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h, no Centro Social de Becerreá e Granxa Teixeiro E Pistón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/05/2024 3:32 p.m.

Os Ancares Lucenses Reserva da Biosfera e a Deputación de Lugo organizan unha xornada demostrativa en granxa sobre diferetes tipos de peches eléctricos para gando ovino e cabrún. Terán lugar os vindeiros sábados 11 e 25 de maio en horario de mañá e tarde, de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h, no Centro Social de Becerreá e Granxa Teixeiro E Pistón.

Trátase dunha actividade gratuíta con aforo limitado a 15 plazas polo que será obrigatorio inscribirse a través do 982 227 812 ou enviando un correo electrónico a ancareslucenses@diputacionlugo.org. 

Durante a dinámica desta acción formativa abordaranse as nocións básicas de electricidade en peches; os tipos e materiais entregados; o deseño e execución segundo tipo de animal; normativa aplicable, e mantemento e conservación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nestas xornadas colaboran a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, Granxas de Lousada, Granxas Teixeiro E Pistón e o Concello de Becerreá. En sí, contan coa financiación de Ancares Lucenses Reserva da Biosfera e Deputación de Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada