Cambios que se aveciñan no abonado co Real Decreto sobre Nutrición Sostible de solos agrícolas

O Ministerio de Agricultura espera pechar nas próximas semanas os flocos pendentes en aspectos como aplicación de xurros ou a posta en marcha dos plans de abonado. Agarda que a normativa estea aprobada na segunda metade do 2022

inyector purinA Red RUENA (Rede de Uso Eficiente do Nitróxeno en Agricultura), vén de analizar nunha xornada as novidades e implicacións da aprobación do proxecto de Real Decreto de Nutrición Sostible. Esta Xornada puxo en común a perspectiva do Ministerio de Agricultura, das empresas de fertilizantes e dos propios agricultores, así como a presentación de distintas ferramentas de xestión de nutrintes e cultivos dispoñibles para os agricultores na actualidade, como FaST (desenvolvida pola Comisión Europea), FertiliCalc (pola Universidade de Córdoba) ou Sativum (pola Junta de Castela e León).

No transcurso desta xornada en liña, cuxos vídeos dos relatorios están xa dispoñibles na seguinte ligazón, María Luisa Ballesteros, responsable desde o ano 2011 da área de Fertilizantes da Subdirección de Medios de Produción Agrícola do MAPA, que é a persoa que estivo traballando máis directamente no novo Real Decreto, detallou algúns dos cambios que se aveciñan na xestión de abonos e fertilizantes.

A nova filosofía é botar só o necesario no momento necesario

O novo Real Decreto afectará tanto á agricultura como á actividade forestal. “Téñense en conta a produción primaria agrícola e tamén as plantacións forestais de crecemento rápido, por exemplo de chopos ou eucaliptos destinados ás papeleiras, porque en certa medida, aínda que os ciclos de cultivo son distintos, utilízanse criterios de fertilización similares aos que poderían aplicarse nun cultivo de millo”, xustifica María Luisa.

Aspectos atrancados

A nova normativa regula tanto a aplicación de abonos orgánicos (como xurros, estercos ou lodos de depuradora) como de fertilizantes químicos (utilización de urea, por exemplo). Estableceranse ademais períodos de prohibición de abonado e fixaranse zonas vulnerables nas distintas comunidades autónomas, nas que as condicións de fertilización e aplicación serán máis estritas. Estas prohibicións irán en consonancia co Real Decreto 818/2018 sobre medidas para a redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos, impulsado desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

O Real Decreto está a ter unha tramitación longa porque é un documento complicado e hai moitos flocos aínda pendentes que esperemos que poidan desatascarse nas semanas vindeiras

“O Real Decreto está a ter unha tramitación longa porque é un documento complicado e hai moitos flocos que esperemos que poidan desatascarse nas próximas semanas”, recoñece. “Non podemos entrar aínda moi en profundidade porque hai moitos aspectos que están aínda en discusión e hai que esperar a ver se se van perfilando, pero a filosofía fundamental é que calquera material que acheguemos ao chan debe ter unha xustificación e producir un beneficio agronómico ao chan e ao cultivo. En resumo, a nova filosofía é botar só o necesario no momento necesario”, conclúe.

En canto ao calendario de aplicación, estímase que a nova normativa quede aprobada na segunda metade de 2022 e a partir de aí empezaría a implantarse paulatinamente en paralelo á nova PAC e á fixación dos ecoesquemas.

Co foco posto no nitróxeno

Mapa de riesgo sobre el uso de nitrógeno en la UE

Mapa de risco sobre o uso de nitróxeno na UE

“É necesario reflexionar sobre os nutrintes no chan, especialmente sobre as achegas de nitróxeno, que é onde se están poñendo moitos focos”, avanza María Luisa Ballesteros. Neste sentido, o Real Decreto define períodos nos que non se pode realizar un abonado de nitróxeno porque existe risco de perda.

A representante do Ministerio defendeu a necesidade de considerar todos os nutrintes de forma conxunta, tendo en conta o que achega cada fonte e as necesidades do cultivo, é dicir, planificar as achegas de nutrintes en función da rotación de cultivos prevista.

Calquera material que acheguemos ao chan debe ter unha xustificación e producir un beneficio agronómico ao chan e ao cultivo

“Todo isto necesita unha planificación e unha certa formulación a futuro. Aportas por exemplo palla ao chan porque achega materia orgánica, pero non estás a considerar que tamén che achega nitróxeno, fósforo e potasio, e iso hai que telo en conta nos plans de fertilización posteriores”, exemplifica.

Deixar de fertilizar?

O Real Decreto de Nutrición Sostible englóbase dentro da visión da Comisión Europea plasmada no marco do Pacto Verde Europeo, que busca transformar a UE nunha economía eficiente no uso dos recursos.

“Hai toda unha estratexia para facernos, no conxunto da UE, menos dependentes do exterior e conseguir un sistema de produción de alimentos que sexa sostible e para iso vai ser fundamental a xestión dos chans agrícolas e os nutrintes”, xustifica María Luisa.

Se temos un problema de emisión de gases de efecto invernadoiro por culpa da fertilización, a solución non é deixar de fertilizar

“Temos que pensar que os chans que se poden dedicar á produción agraria non van aumentar, ao contrario, moi posiblemente vaian diminuír, mentres que a poboación mundial está a medrar e chans que son moi válidos para a agricultura están perdidos pola urbanización e os asentamentos de poboación, que se produciron historicamente nos chans máis fértiles”, argumenta.

“Dentro do Pacto Verde Europeo búscase deixar de producir emisións netas de gases de efecto invernadoiro e amoníaco en 2050 e hai que conseguir que toda a UE avance ao mesmo tempo, sen que haxa sectores que queden atrás”, insiste.

“Se temos un problema de emisión de gases de efecto invernadoiro por culpa da fertilización a solución non é deixar de fertilizar, porque temos que asegurar a seguridade alimentaria con alimentos suficientes e alcanzables a toda a poboación”, razoa.

A nova PAC vai estar moi ligada a como o agricultor manexe os nutrintes e niso vai ser moi importante controlar a lixiviación de nutrintes cara ás augas

“Pero se como agricultor logras reducir a utilización de fertilizantes sen baixar a produtividade da terra a través dun manexo máis eficiente, lograrás tamén reducir os teus custos, porque ese é un dos gastos máis importantes. Con esta mellora da competitividade faremos tamén máis interesante para as novas xeracións o medio rural”, argumenta a representante do Ministerio.

“A nova PAC tenta abordar este tema, entrando de cheo no manexo de nutrintes, aínda que os ecoesquemas estean aínda sen acabar de concretarse e definirse. Pero as axudas van estar moi ligadas a como o agricultor manexe os nutrintes e niso vai ser moi importante controlar a lixiviación e a posible contaminación cara aos acuíferos”, indica.

Estercos e xurros

esterco

Os obxectivos do Real Decreto son o mantemento ou incremento da materia orgánica dos chans agrarios, a redución de emisión dos gases de efecto invernadoiro e amoníaco e a prevención da contaminación das augas por nitratos.

O Real Decreto define períodos nos que non se pode realizar un abonado de nitróxeno porque exista risco de perda

“Temos que manexar moi ben os nutrintes, especialmente o nitróxeno. Non é doado, porque ás veces as medidas que tomamos para reducir os gases de efecto invernadoiro fan que teñamos máis risco de contaminación por nitratos. As emendas orgánicas son un dos grandes buracos negros que temos á hora de facer unha planificación de fertilización. Necesitamos saber cales son os contidos en nutrintes destes produtos e materiais, polo que a partir da entrada en vigor do novo Real Decreto o produtor de xurros e estercos debe dispoñer dun balance de masas a través dunha analítica para facilitar ao agricultor que vaia usar esas emendas”, avanza María Luisa.

Proponse que se enterren os estercos antes das catro horas e a prohibición de esparexer xurros en abanico

Permítese o emprego de estercos e xurros para achegar nutrintes cun periodo mínimo de dous meses entre a aplicación e a colleita e proponse que, no caso dos estercos, estes sexan enterrados antes das catro horas, así como a prohibición de esparexer xurros en abanico, aínda que se dá marxe ás comunidades autónomas para poñer requisitos específicos, sobre todo en zonas vulnerables.

Van ser, por exemplo, as comunidades, as que definan en que períodos se prohibe facer unha fertilización con nitróxeno en función das súas características climáticas, ou as que establezan límites máis estritos aos fixados pola normativa actual. 

A cantidade máxima de esterco aplicada ao terreo nas zonas vulnerables será a que conteña 170 kg/ha de nitróxeno

A restrición básica de 170 unidades fertilizantes de nitróxeno de procedencia de estercos animais parte dunha directiva da UE que regula a contaminación por nitratos procedente de fontes difusas que o novo Real Decreto non vai cambiar.

Desta forma, a cantidade máxima de esterco aplicada ao terreo nas zonas vulnerables seguirá sendo a que conteña 170 kg/ha de nitróxeno, segundo as obrigas recollidas na Directiva 91/676/CEE, de protección das augas contra a contaminación producida por nitratos, a mesma cifra que está incluída dentro dos requisitos legais de xestión da condicionalidade da PAC actual.

Límites ao uso de urea

O Real Decreto di que sempre que sexa posible priorizarase o uso de fertilizantes orgánicos nos chans, ao mesmo tempo que limita a utilización de fertilizantes ureicos. No último borrador do texto feito público dise que só o 25% das necesidades de nitróxeno dun cultivo poderá achegarse mediante fertilizantes ureicos, aínda que non se aclara se esa porcentaxe é exclusivamente a que provén de urea e solucións nitroxenadas ou tamén inclúe o nitróxeno ureico que forma parte, por exemplo, dos fertilizantes compostos NPK. “É un dos puntos que está en discusión”, recoñece, aínda que é clara: “Temos un problema moi grave coas emisións de amoníaco que temos que atallar”.

O Real Decreto prioriza a fertilización do chan con abonos orgánicos e limítase o uso de urea ao 25% das necesidades de nitróxeno dun cultivo

Desta forma, limítase o uso da urea aínda que non se prohibe totalmente. “É un fertilizante barato que se se emprega correctamente pode vir moi ben”, recoñece a representante do Ministerio. Permítese o seu uso con medidas de mitigación, por exemplo achegala mediante fertirrigación ou mesturada con inhibidores da ureasa.

Lodos de depuradora

Un dos obxectivos do Real Decreto é o mantemento da saúde dos chans, cun control de contaminantes no chan agrario, para evitar a súa degradación. Entre outros aspectos concretos, limítase a cantidade de metais pesados que os chans poden recibir anualmente. “Custa moito facer un chan agrario produtivo, pero este pódese degradar moi rapidamente con certa facilidade”, argumenta María Luisa.

Para preservar a saúde dos chans limítase a cantidade de metais pesados que poden recibir anualmente

Para iso, insiste, “unha parte moi importante é mellorar as propiedades biolóxicas dos chans agrarios, porque esa microbiota vai facer que con menos fertilización logremos mellores resultados”.

O uso de lodos de depuradora requirirá dun informe técnico previo que xustifique a súa necesidade

Establécense tamén condicións para o uso de lodos de depuradora, que “teñen un valor agronómico importante pero a súa utilización xera riscos de aumento de metais pesados no chan”, recoñece María Luisa.

Plans de Abonado

balance de nutrientes abonado

Outra das ferramentas fundamentais no novo Real Decreto son os Plans de Abonado, considerados esenciais para racionalizar o uso de fertilizantes. O Plan de Abonado deberase incorporar ao Caderno de Explotación, no que se rexistre cada parcela (datas, doses, medidas de mitigación empregadas, etc). “Búscase que o agricultor sexa máis consciente de como está a facer as achegas, cunha avaliación agronómica e económica, que é bo tela”, razoa.

O Real Decreto de Nutrición Sostible obrigará aos agricultores a elaborar un Plan de Abonado con carácter plurianual, aínda que circunstancias como cambios na planificación de cultivos ou as condicións meteorolóxicas poderían varialos

Non se pide especificamente, pero o agricultor debería facer un seguimento do cultivo e unha avaliación final cun cálculo de custos de abonado. “Moitos agricultores levarían unha sorpresa, xa que achegando menos no momento preciso pódese lograr un maior rendemento cun menor custo. É un balance necesario en calquera empresa”, xustifica a representante do Ministerio.

O Real Decreto de Nutrición Sostenible obrigará aos agricultores a elaborar un Plan de Abonado con carácter plurianual (3 anos en cultivos de secano e 2 en regadío) a partir de 2026

O Plan de Abonado deberá ter carácter plurianual (3 anos en cultivos de secano e 2 en regadío) e será obrigatorio a partir de 2026, aínda que circunstancias como cambios na planificación de cultivos ou as condicións meteorolóxicas poderían obrigar ao agricultor a variar o seu Plan de Abonado plurianual. 

Faltan por definir na redacción final do Real Decreto determinados aspectos en relación ao Plan de Abonado, aínda que María Luisa Ballesteros avanza que “o Caderno de Explotación vai ser obrigatorio para case todos os agricultores, aínda que poida que haxa unha excepción para as pequenas explotacións de carácter familiar”.

Guías de Boas Prácticas

Para concretar os distintos aspectos normativos, elaboraranse Guías de Boas Prácticas en fertilización de chans agrarios e nutrición sostible de cultivos por parte do Ministerio e as comunidades autónomas e en caso de discrepancia entre ambas o MAPA dirixirá recomendacións ás comunidades.

Estas guías incluirán medidas como a xestión do nitróxeno, para evitar a contaminación de acuíferos por nitratos ou a redución das emisións de amoníaco polo uso de fertilizantes minerais.

Será necesario un asesoramento técnico ou a utilización dun programa no que a través dun algoritmo axude ao agricultor para tomar decisións de abonado

Na redacción definitiva da nova normativa hai un apartado específico para as abonadoras, que deben estar en bo estado e “na medida do posible” calibradas. “Pero este é un dos puntos do Real Decreto que hai que definir máis, porque este aspecto das abonadoras é fundamental para un esparexido uniforme e un control das doses aplicadas”, razoa María Luisa.

Será necesario un asesoramento técnico ou a utilización dun programa no que a través dun algoritmo axude ao agricultor para tomar decisións de abonado, con necesidade de informe técnico para utilización de certos materiais, por exemplo os lodos de depuradora.

O Caderno de Explotación vai ser obrigatorio para case todos os agricultores, poida que só se faga unha excepción para pequenas explotacións de carácter familiar

“Os asesores deberán estar rexistrados no REGFER e as comunidades autónomas poderán ofrecer un servizo público de asesoramiento. O asesor deberá ter coñecementos de cultivos, agronomía e impacto dos distintos materiais utilizados no medio ambiente pero está a estudándose que este asesoramento poida ser substituido por unha serie de algoritmos e aplicacións informáticas que faciliten o manexo de nutrientes ao agricultor”, detalla.

Uso de fertilizantes minerais en España: 7 millóns de toneladas anuais

mapa localizacion plantas fabricacion fertilizantes

O Real Decreto de Nutrición Sostible inclúe unha obrigación para os fabricantes e operadores de fertilizantes, que deberán rexistrarse nun rexistro específico (REGFER) en cada comunidade autónoma na que teñan instalacións e declarar as vendas anuais dos distintos tipos de fertilizantes que fabriquen (minerais, orgánicos, organominerais e bioestimulantes).

En España consómense anualmente uns 7 millóns de toneladas de fertilizantes minerais: 5 millóns de toneladas anuais de fertilizantes e 2 millóns de toneladas de macronutrintes (aproximadamente 1 millón de toneladas de N; 500.000 toneladas de P205 e 400.000 toneladas de K20).

Os fabricantes deberán declarar en cada comunidade autónoma na que teñan instalacións as súas vendas de fertilizantes

Este aspecto da normativa levanta receos no sector, xa que se piden datos de vendas que as empresas consideran confidenciais. A Asociación Nacional de Fabricantes de Fertilizantes (ANFFE) agrupa ás principais empresas (está formada por 14 membros), a maioría delas con plantas de fabricación en España (en concreto, 19 centros de produción).

Priorizar a utilización de abonos orgánicos

A maiores dos fertilizantes químicos, en España empréganse anualmente con finalidade agrícola uns 111 millóns de toneladas de esterco e uns 48 millóns de metros cúbicos de xurros procedentes dos distintos tipos de explotacións gandeiras.

En España empréganse anualmente uns 111 millóns de toneladas de esterco e uns 48 millóns de metros cúbicos de xurros

ANFFE acolle favorablemente a iniciativa do Ministerio de regular a achega sostible de nutrintes aos chans agrarios e que non se teñan en conta só os fertilizantes, senón todas aquelas actividades que acheguen nutrintes ao chan.

empresas fabricantes de fertilizantes

“Felicitámonos que haxa unha regulación sobre a mellora da produtividade dos chans agrarios e a redución da contaminación, con directrices para a elaboración dun plan de abonado e sobre boas prácticas agrícolas”, asegura Paloma Pérez, representante de ANFFE, que pide coherencia entre as medidas fixadas polo Ministerio e as comunidades autónomas, “porque o agricultor debe ter as cousas claras”, defenden os fabricantes.

“É importante destacar que en España o agricultor xa está a facer as cousas ben, pero sempre se pode mellorar. A agricultura europea é das máis eficientes do mundo, pero se se reduce a produtividade dos chans na UE e é necesario importar máis alimentos iso será menos sostible”, insisten os fabricantes de fertilizantes en relación á intención da Comisión Europea de avanzar na produción ecolóxica e reducir o uso de abonos químicos.

“Unha fertilización mineral, se se realiza adecuadamente e con nutrintes facilmente dispoñibles para as plantas, é menos contaminante que a fertilización orgánica, onde a mineralización é impredicible no tempo e depende de factores non controlables como a humidade e temperatura e pode achegar metais pesados”, argumentan as empresas integradas en ANFFE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información