A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“BLUE STAR supuxo un antes e un despois na forma de abonar”

BLUE STAR, da cooperativa Delagro, é unha gama de fertilizantes con bioestimulantes que mellora a calidade do cultivo á vez que promove o crecemento da microbiota do solo, o que favorece un mellor desenvolvemento das plantas.

“BLUE STAR supuxo un antes e un despois na forma de abonar”

Alonso López, Product Manager de Delagro para a zona de Galicia

BLUE STAR destaca polos seus as súas propiedades microbiolóxicas e os seus beneficios, así como a importancia de adecuar e velar pola simbiose solo-planta para obter uns resultados óptimos, tanto en termos de calidade como de eficiencia e cumprimento normativo.

BLUE STAR é un fertilizante bioestimulante único no mercado debido a que leva incorporado na súa formulación dúas bacterias Azospirillum brasilense e Pseudomonas putida. O seu desenvolvemento fíxose pensando nas condicións do chan da cornixa cantábrica, para o que, contouse co apoio de Alltech e Ideagro, empresa líder en investigación.

O resultado de dito desenvolvemento foi un fertilizante bioestimulante que achega nutrientes específicos adaptados á acidez do chan que caracteriza os cultivos do norte de España. En palabras de Alonso López, Product Manager de Delagro para a zona de Galicia: “Ao mellorar a eficiencia das plantas na captación e aproveitamento dos nutrientes dispoñibles no solo, estes fertilizantes contribúen a unha agricultura máis sustentable, reducindo as emisións, a pegada de carbono e as perdas de nutrientes non aproveitados”.

Blue Star dispón de fórmulas específicas para cada cultivo

Grazas ao desenvolvemento tecnolóxico de BLUE STAR pódese aumentar a dispoñibilidade dos nutrientes nos cultivos e ademais estimular á planta para que teña unha maior absorción. Segundo comenta o propio Alonso: “Grazas a BLUE STAR logramos unha redución de custos grazas a estas bacterias que permiten aproveitar nutrientes que quedaran insolubles no chan, a fixar nitróxeno ambiente e a solubilizar o fósforo insoluble no chan. Así, evitamos ter que aplicar grandes cantidades de nutrientes convencionais, á vez que cumprimos coas novas esixencias europeas”.

Abonar con BLUE STAR pode contribuír a mellorar significativamente a produción

Ensaios en forraxe levados a cabo por IDEAGRO en Cordoba no ano 2017 realizados cunha aplicación conxunta de dous microorganismos Azospirillum brasilense e Pseudomonas putida, as dúas bacterias que incorpora Blue-Star, observouse que a aplicación do produto ao chan producía un incremento en diversos elementos como o contido de nitróxeno, fósforo, ferro, manganeso, calcio e magnesio. Ademais, en cultivos extensivos como millo observouse un incremento da produción de gran dun 14%.

Con respecto á produción de forraxes con cultivos como a avea, o centeo e o triticale, a aplicación de Azospirillum + Pseudomonas incrementou a produción nun 43% con respecto ao tratamento convencional. Cando se contabilizou a produción de triticale por separado esta incrementouse nun 55%, mentres que a de centeo fíxoo nun 31%.

O efecto observado sobre a produción de forraxe debeuse probablemente a un incremento da altura das plantas dun 19% con respecto ao tratamento control onde non se aplicaron os microorganismos.

Con respecto á calidade da forraxe obtida, a aplicación de Azospirillum + Pseudomonas (Azos+Pseudo) produciu un aumento do 14% da proteína bruta con respecto ao tratamento control. Ademais observouse tamén un incremento no contido de fibra.

Alonso López termina explicándonos que “BLUE STAR pode ser aplicado directamente ao chan, ben sexa esparexido a voleo en superficie, en fondo ou localizado. En pradaría recoméndase a aplicación en fondo, na implantación do cultivo. No caso do millo, tamén debemos aplicalo en fondo, de forma previa á implantación; para horta, recoméndase unha aplicación ao comezo como abonado de fondo. Tamén dispomos de fórmulas específicas de BLUE STAR para outro tipo de cultivos intensivos, como podería ser, por exemplo, o viñedo”.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *