As explotacións ligadas a terra, son o mellor exemplo de economía circular en canto terían a posibilidade “ideal” de ser autosuficientes, tanto na alimentación do gando, aproveitando os pastos e forraxes, como no abonado, reciclando a maioría dos nutrientes extraidos polas colleitas medianta as excretas directas do gando no pasto ou mediante a súa reposición polo home, en forma de esterco ou xurro.
Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura sobre o balance de nitróxeno e fósforo da Agricultura española, en Galicia no ano 2016, calcúlase que había un exceso de abonado de 59 e 89 kg de N e P2O5 por hectárea, respectivamente, nas 283.467 ha de terras adicadas a cultivos forraxeiros. Isto significa que se podería prescindir dunhas doses medias de 60 e 36 kg de N e de P2O5/ha respectivamente que se viñan aplicando como abono mineral, o que podería representar un aforro anual de 28,3 millóns de euros (mais de 3500 euros/ano por cada unha das 8000 gandarías de leite galegas que había nesa data).
Balances de N e P das explotacións de leite galegas
Entre os distintos obxetivos do proxecto realizado entre o LIGAL a cooperativa UGASMA e o CIAM FEADER2017-022B E avaliáronse os balances de nutrientes en 50 granxas comerciais representativas dos diferentes sistemas de produción de Galicia, segundo o sistema de alimentación predominante, referidos á realización ou non de pastoreo durante parte do ano polas vacas en lactación e ao tipo de ensilado predominante na dieta (informe final proxecto FEADER2017-022B E).
A media xeral dos balances deu un exceso de 176 e 86 kg/ha e ano para o Nitroxeno e o Fósforo respectivamente.
O Nitróxeno non aproveitado polas plantas perderase no ambiente, ben sexa por lixiviación, arrastre ou evaporación (NH3), mentres que o fósforo irase acumulando no solo, podendo chegar a saturarse
Á vista dos datos dos balances, pódese concluir que en xeral a maioría das explotacións galegas poderían chegar a ser autosuficientes en abonado utilizando só o abono orgánico, sobre todo as granxas máis intensivas (as que non fan pastoreo), o que suporía un gran aforro económico e unha mellora da calidade das augas, solos e atmosfera.
Figura 1: Balance de Nitróxeno segundo as tipoloxías de alimentación
Figura 2: Balance de fósforo (P2O5) segun tipoloxiás de alimentació
- ACLARACIÓN DAS GRÁFICAS:
- Clasificación das explotacións galegas segundo a alimentación: PECO: Pastoreo ecolóxico; PCON: Pastoreo convencional; EH: Ensilado de herba; EH/EMEH: Ensilado de herba e millo
- Balance de Nutriente X: Entradas de nutriente X – Saídas de nutriente X
- ENTRADAS: X inxerido na alimentación do gando + X mercado nos fertilizantes químicos+ X gando comprado
- SAIDAS: X no leite vendido + gando vendido
Lenda:
Alimentos do gando | Fertilizantes | Leite | Carne |
Análise de solos:
As conclusións derivadas dos balances se poden evidenciar nos análisis de solos, xa que nas últimas décadas os solos galegos pasaron de ter niveles baixos en fósforo a moi altos debido á intensificación gandeira, polo cal estase a acumular o fósforo no solo en certas zonas de Galicia, sendo o caso mais evidente a comarca da Limia, ainda que neste caso sexa debido á gandería intensiva de porcos e polos.
A parte de comprobar os niveis de fertilidade, deberíase facer unha análise de solo cada 5 anos, principalmente para comprobar se se necesita encalar para correxir a acidez do solo
Nitróxeno mineralizable:
Se non dipoñemos dun análise de solo, podemos estimar as necesidades de nitróxeno tendo en conta o que poda subministrar a propia parcela en función de:
- O contido en materia orgánica do solo (a maior MO > N mineralizable).
- O cultivo anterior: pradeira> cultivo
- A presencia de leguminosas (trevos)> gramíneas solas
- O tipo de aproveitamento: Pastoreo > corte
- O historial e tipo de abonado: orgánico> abono mineral
- Da acidez (solos ácidos non teñen boa actividade microbiana e polo tanto non poden mineralizar a MO) : corrixida (< 10% de acidez de cambio) > sen corrixir (>10% acidez de cambio).
Valor fertilizante do xurro:
- Nitróxeno:
O nitróxeno dos xurros compórtase de dúas maneiras:
- Liberación lenta: orgánico (procedente das feces) de vacas de carne, vacas de leite ou porcos
- Liberación inmediata: amoniacal (procedente do ouriño)
- N rápidamente asimilable: porco> vaca
- Fósforo e potasio: O seu valor fertilizante é equivalente nun 100% aos abonos minerais. O fósforo e o potasio quedan retidos no complexo de cambio do solo, e non se lavan coa choiva do inverno.
- Prácticamente todo o fósforo atópase na parte orgánica (feces), comportándose como un abono de liberación lenta máis fácil de ser utilizado polos cultivos que o abono mineral, que pode ser mais fácilamente bloqueado por reaccións quimicas no solo.
- Concentración en fósforo: maior no xurro ou esterco de porcos ca no de vacas.
- A maior parte do potasio atópase na parte líquida do xurro, nos ouriños.
- Concentración en potasio: vacas maior que no xurro de porco
¿Cando e como é mellor abonar con xurros para aproveitar os nutrientes e non contaminar?
En primeiro lugar, debermos evitar entrar coa cisterna e o tractor cando o solo esté brando, xa que destruiremos a estructura do solo e polo tanto as plantas non poderán desenvolver ben as ráices para aproveitar os nutrientes.
O factores que mais inflúen no aproveitamento é a época de aplicación e a choiva:
- Época de aplicación: débese procurar botar o xurro ao final do inverno /principios da primavera, Así aproveitaremos o nitróxeno amoniacal e non se perderá por lavado.
- Tipo de choiva: débese aplicar cando chove ”miudiño” ou “orballa” etc e non cando “barrufa” etc, e así infiltrarase na capa superficial do solo quedando a disposición das raíces, limparase a herba e evitarase a perda de amoníaco cara a atmosfera
Análise dos custes de aplicación do xurro utilizando distinto tipo de maquinaria e prácticas agrarias
Táboa 1: Custe comparado da redución de emisións de amoníaco (NH3) na aplicación do xurro
Euros/kg
-
volumen anual de xurro (m3)
1000
3000
10000
Mangueiras arrastradas
7,08 €
2,54€
1,14€
Zapato arrastrado
5,06 €
2,57€
1,77€
inxector de discos
3,7€
2,04€
1,47€
cultivador
2,76€
2,33€
1,41€
Incorporación con grada de discos en menos de 4 horas
0,6€
0,6€
0,6€
Aplicación cando orballa ( 2-5 mm de choiva/hora)
0€
0€
0€
Fonte: UNECE 2011
Segundo se comproba na táboa 1, existen prácticas agrarias moi eficientes e mais fácilmente asumibles polos gandeiros como son a incorporación ou enterrado (no caso de implantación ou renovación dunha pradeira), ou aplicalo cando orballa.
Figura 3: Comparación das emisións de amoníaco producidas co prato de choque ca maquinaria de baixas emisións
Elaboración propia a partir do modelo ALFAM2 para unha dose de 30 m3 de xurro de vacún de leite, do 6% de materia seca, 1,2 kg/t de TAN, tª 15º, velocidade do vento 2,5 m/s
Na Figura 3 pódese preciar que as emisións de amoníaco producidas co método convencional (prato de choque) pódense reducir por debaixo das producidas utilizando a maquinaria de inxección, cando se produce un mínimo de 2 mm de pluviometría no momento que se aplica o xurro.
Figura 4: Número medio de días dispoñibles para botar o xurro con choiva menor de 10 ou 30 mm diarios. Santa Comba 2001-2019(Meteogalicia)
A partir dos datos reflexados na figura 4, pódese concluír que os gandeiros da comarca do Xallas, por exemplo, dispoñen de preto de 11 días de media nos meses desde febreiro a abril, e de 10 días en maio, 11 en outubro (de novembro a xaneiro non se debería abonar en xeral con xurro), para poder abonar cando orballa, cunha eficiencia superior a que se obtería incluso utilizando os inxectores.
Debería ser obrigatorio utilizar a maquinaria de baixas emisións en Galicia?
- Desde o punto de vista legal: Non debería ser obrigatorio, xa que a normativa Europea non prohibe o plato de choque, senón que o que dí é que o Estado Español está obrigado a reducir as emisións de amoníaco. E hai que lembrar que éstas son orixinadas, en primeiro lugar, polo crecemento da produción de porcino, que xa representa o 44% das emisións, seguida dos fertilizantes minerais 20 (%), mentres que o vacún de leite non chega ao 10% do total.
- Non está previsto a prohibición do prato de choque na nova PAC 2021-2027 (xa non o era na antigua PAC), pero si esta previsto como medida agroambiental, para compensar os custes a maiores que ten a compra e mantemento (reparacións, gasóleo, etc) desa maquinaria:
- A diferenza doutra rexións de España de clima mediterráneo, as condicións edafoclimáticas de Galicia e da Cornisa Cantábrica, son moito máis favorable para evitar as perdas de amoníaco, debido á menor temperatura ambiente, e sobre todo pola existencia dun tipo de pluviometría como é o “orballo”, ou o “txirimiri” que ademáis de evitar a evaporación, lava o xurro depositado nas follas da herba.
Calidade das augas e abonado
Tanto o nitróxeno como o fósforo son nutrientes que temos que evitar que vaian a parar ás augas para evitar a súa contaminación. No proceso de eutrofización -falta de osíxeno na auga, o que provoca a morte de animais e plantas- dos encoros o factor limitante para o desenvolvemento das algas é o fósforo, por iso os solos con altos niveis de fósforo poden ser a principal causa do deterioro da calidade das augas, sobre todo se estamos en parcelas facilmente erosionables, cerca dun cauce, en zonas inundables etc.
Figura 5: Punto crítico (change Point) para ao lavado do fósforo pola choiva en Rothamsted (Reino Unido) en función da análise do solo
Non todos os solos teñen a mesma capacidade de retención do fósforo, senón que depende da súa textura, contido en Al, Fe, contido en materia orgánica, etc. .
Para cada solo existe un punto crítico ou punto de cambio, a partir do cal éste xa non pode reter máis fósforo por estar saturado, polo que se pode lavar facilmente ca choiva, e ser arrastrado cara os cauces ou incluso infiltrase na capa freática.
Estudios realizados en Rothamsted (Reino Unido) a partir das análises de solos, estimaron o punto de cambio, en solos arxilo limosos, en 60 mg/kg (Olsen), moi superior aos niveis de 25 mg/kg recomendados para unha produción máxima de 7 tn/ha de trigo ou 5 tn/ha de cebada (franxa verde da figura 5)
Xeralmente os solos areosos -caso dos da comarca da Limia- alcanzan antes o grado de saturación e con menor aporte de abono fosfórico que os solos francos ou arxilosos, e polo tanto son máis sensibles a o lavado.
Máis información sobre o abonado das pradeiras: https://www.campogalego.gal/recomendacions-ciam-para-fertilizacion-de-prados-e-pradeiras/