Data inicio: 29/11/2017
Data fin: 29/11/2017
Lugar: Parador, Monterrei, España
O vindeiro 29 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as xornadas técnicas ”Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono”. Esta actividade desenvolverase no Parador Nacional de Turismo de Verín en xornada de mañá.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).
O prazo de inscrición rematará o día 27 de novembro.