A selección xenética, unha das claves pada adaptar o viñedo ao cambio climático

Alberto Gambra explica que estratexias están a levar a cabo para que os viñedos se adapten ás condicións climáticas e aos parámetros que fixan os consumidores actualmente

Publicidade
A selección xenética, unha das claves pada adaptar o viñedo ao cambio climático

O enxeñeiro agrónomo de Vitis Navarra, Alberto Gambra, explica a importancia do material vexetal como factor determinante para adaptarse a unha parte das consecuencias e problemáticas do cambio climático. O profesional ofreceu unha charla na “V Xornada Técnica sobre Sustentabilidade e Innovación Vitivinícola: Innovación e boas prácticas para un futuro sustentable”, organizada pola empresa Alfatec Enxeñaría e Consultoría nas bogedas Martin Códax (Cambados, Pontevedra).

Gambra lembrou que ao longo dos anos as actividades humanas e as mutacións “levaron a novas seleccións que se adaptan a diferentes condicións climáticas”. Con todo, xa se produciu unha erosión xenética, é dicir, unha diminución progresiva da variedade xenética que chegou a estes tempos. “Isto é un gran problema no panorama europeo e, en especial, no español”. Indica que a redución se debe a diferentes factores, como as esixencias e parámetros que se impoñen no mercado ou que fixan as propias Denominacións de Orixe, ademais de causas climáticas extremas como as grandes xeadas ou secas. Nese sentido, lembra a importancia da variabilidade xenética, que é unha das principais ferramentas que ten a natureza para adaptarse aos diferentes cambios que van sucedendo. “Aínda máis importante é que todo este patrimonio vitícola diferenza enormemente a unhas rexións doutras. O material vexetal é un elemento que enriquece enormemente cada rexión e merece moito a pena conservalo”, destaca.

Alberto Gambra durante a súa ponencia

Alberto Gambra durante a súa ponencia

Estratexias de selección

En canto a estratexias de selección, os que permiten conservar unha maior variabilidade son os bancos de xermoplasma, un reservorio xenético cunha gran cantidade de xenotipos dentro de una mesma variedade ou de diferentes variedades: “Sérvennos para conservar a variabilidade, que é tan importante para o futuro”.

Na súa exposición, Gambra presentou un dos proxectos que levan a cabo coa Universidade de Navarra para recompilar a maior variabilidade posible. Primeiro seleccionan unha rexión vitícola destacada, que dispoña de material local e autóctono. A partir de aí, realizan un cribado, observan posibles virus e unha selección sanitaria. Finalmente, coas variedades seleccionadas, fan as multiplicacións. “Se non realizásemos este proceso, actualmente xa non existiría a variedade Garnacha de Navarra”.

Tamén explicou que o tempranillo é unha das variedades máis sensibles ao cambio climático, é isohídrica, moi sensible ás temperaturas e que non leva nada ben a tensión hídrico. “A problemática que xorde é que os viños que proveñen desta variedade rexistran unha suba da súa pH”. Nese sentido, a través do proxecto Lowphwine, está a avaliarse a influencia de diversas estratexias para reducir o pH nos viños de tempranillo. “Pola nosa banda, entramos neste proxecto abordando a parte do material vexetal, tanto do vinífero como do propio enxerto”. Para iso, desde a Universidade de Navarra fixeron unha caracterización da nai xenómica das 145 variedades que seleccionaron dos 1.500 tempranillos. “Dos 145 xenotipos fíxose outro cribado e quedámonos con 100, que teñen un pH inferior e unha boa calidade”, destacou.

Nese mesmo sentido, Gambra indicou que hai 100 anos ou máis “xa sabían que levando a cabo unha coplantación con variedades de ciclo longo poderían acidificar os tempranillos, porque melloraban a estabilidade microbiótica dos viños. É un exemplo de adaptación antigo”.

Levarán a cabo un proxecto con Martin Códax para identificar que variedades de albariño están adaptadas á seca e altas temperaturas

Outra das estratexias moi práctica e interesante que destacou, sobre todo, a nivel de adaptación, é a selección clonal. Segundo indica, é un método moi rigoroso, con moita trazabilidade e onde a administración certifica que é un material sanitariamente in vivo, sobre todo moi ben caracterizado. “Isto permítenos deseñar viñedos cun material identificado e poder adaptarse ás condicións de chan, clima ou ao obxectivo de lignificación”. Con todo, isto tivo consecuencias. “Todos os viñedos que se están pondo actualmente son viñedos monoclonais e identicamente iguais e a maioría de clons que sitúanse a menos de media hora da variedade orixinal. Ademais, utilízanse os clons que se consideran mellores, polo que hai unha moi baixa diferenciación”.

Para finalizar, indicou que actualmente está a levar a cabo un proxecto con Martin Códax e outras entidades que teñen por obxectivo adaptar as variedades viura e albariño a condicións de seca e altas temperaturas. “Preténdese establecer un banco de xermoplasma, facer unha selección agronómica e, sobre todo, identificar marcadores moleculares responsables destas adaptacións”. Desta maneira, saberán nun futuro que tipos de albariño están adaptados á seca e que xenes son os responsables desta adaptación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información