A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga abre un novo centro de atención ao cliente en Vigo

Ucoga abre un novo centro de atención ao cliente en Vigo

A corredoría de seguros UCOGA abre un novo punto de atención ao cliente en Vigo. Con esta nova incorporación, a corredoría de orixe galega pretende aumentar a súa presenza e visibilidade na cidade de Vigo.

As novas instalacións estarán na Rúa Aragón nº2, na zona peonil que marca o final da Rúa Urzáiz e a zona do Calvario. Sen dúbida, esta zona é unha das que máis crece en Vigo, está en pleno desenvolvemento e nos últimos anos converteuse nunha arteria principal de comercio da cidade.

Con esta apertura, UCOGA reafirma a súa política de puntos físicos de atención para reforzar a proximidade dos clientes, desde os que dá servizo a máis de 18.000 clientes. Liderando a nova oficina estarán Maika Conde e Ramiro Arrizado, profesionais cunha ampla formación e anos de experiencia no sector.

O acto de inauguración, que tivo lugar o pasado xoves 1 de febreiro, foi un éxito. Moitos veciños da zona interesáronse pola corredoría e agradeceron a apertura dun local para este servizo nunha zona tan transitada. Sen dúbida, unha situación privilexiada para dar servizo a unha das zonas máis poboadas e transitadas da Cidade Olívica.

Ucoga Asesores S.L

Ucoga é a correduría de seguros líder en Galicia. Especialistas en seguros para o sector agroalimentario e do transporte.

Ucoga nace en xaneiro de 2013 para consolidarse como un referente do sector asegurador en Galicia, froito da preocupación de diferentes Cooperativas agroalimentarias por cubrir as súas necesidades aseguradoras cun servizo de calidade, profesionalidade, personalizado e a prezos competitivos.

Actualmente conta con 6 puntos de atención ao cliente, e continúa o seu crecemento, seguindo o seu plan de expansión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *