A Estación de viticultura de Galicia (EVEGA) e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos organizan unha xornada de transferencia para divulgar as actividades realizadas no eido da vitivinicultura.
Para participar nas xornadas é preciso enviar a solicitude de participación cuberta (Anexo G) ao seguinte correo electrónico: cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.
A xornada de demostración trata de pór en valor e dar a coñecer as características básicas diferenciadoras das variedades de cultivo tradicional galego e os distintos clons que a día de hoxe están presentes nos campos de demostración do CFEA de Monforte de Lemos como doantes de material certificado.
O programa é o seguinte:
Data: 26 de outubro de 2022
Lugar: CFEA de Monforte de Lemos
Rúa Alfredo Brañas s/n
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
10:00 – 10:30h Recepción de participantes.
10:30 – 11:30h Relatorio: As variedades de cultivo tradicional galego: Como diferencialas.
11:30 – 13:00h Identificación das variedades e clons en finca.