Baixada nos prezos do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria acolleu unha sesión na que non se celebrou a poxa de becerros de recría e en case todas as categorías que houbo poxa rexistráronse baixadas prezos

Baixada nos prezos do vacún maior en Silleda

Na xornada deste martes, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca (Silleda) rexistrou unha baixada de prezos case todas as categorías de vacún maior e dos becerros carniceiros, que son as poxas que se celebraron. A cancelación da poxa de becerros de recría estaba prevista e débese ao festivo do mércores, 1 de maio.

En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 279 animais, dos cales 249 foron adxudicados.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros carniceiros, os machos de cruces industriais diminuíron o seu valor en 144 euros e chegaron aos 1.185 euros. As femias baixaron ata os 973 euros (-30 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.206 euros de media os machos, o que supón un incremento de 15 euros, mentres que as femias soben 54 euros e alcanzan un valor medio de 1.080 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 63 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.137 euros.

30_04_2024_page-0001

No vacún maior houbo baixada en case todas as categorías. Nos da categoría extra, o descenso do prezo foi de 137 euros e quedou nun valor medio de 2.126 euros. Os animais da categoría primeira subiron 2 euros e alcanzaron os 1.174 euros de valor medio, mentres que os de categoría segunda baixaron 48 euros, ata os 762 euros. Por último, nesta xornada vendeuse un animal de desfeito por un prezo de 537 euros. Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia incrementaron o seu valor medio en 488 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 3.133 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

Nos leitóns , os exemplares chegados dunha única granxa están nos 105 euros (cun prezo de 5,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 100 euros e cun prezo por quilo de 5 euros. En ambos os casos houbo un descenso de 2 euros.

30_04_2024_page-0002

O mercado do ovo presenta baixadas do 0,03 e 0,05 con respecto á semana pasada, excepto os da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os da L presentan unha baixada de 0,03 e alcanzan os 2,28 euros e nos da M e a S a baixada é de 0,05 e quedan nun valor medio de 2,08 e 1,77 euros, respectivamente.

O prezo do coello mantense igual, nos 2,20 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información