Prezo medio de 2.500 euros na poxa de Acruga en Láncara

Prezo medio de 2.500 euros na poxa de Acruga en Láncara

As xatas preñadas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro acudían por primeira vez a unha poxa en Láncara, e fixérono na festa de exaltación da Tenreira Galega da Pobra de San Xillao, onde a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega celebraba unha poxa por primeira vez. Os resultados foron moi positivos, segundo a entidade, debido a que houbo moitísimo público, e máis de 20 gandeiros e criadores que retiraron tarxetas acreditativas, dado o seu interese en aquirir algún destes exemplares. Ao final, a poxa finalizou coa adxudicación dos catro exemplares, cun prezo medio de 2.500 euros e a cotización maior foi para unha xata adquirida por 2.600 euros por un gandeiro do Corgo. Os outros tres exemplares leváronos criadores de Sarria, Friol e Baralla.

O presidente de Acruga, César Dorado, valorou moi positivamente a presenza da asociación nesta festa. «É a primeira vez que facemos unha poxa aquí e obtivéronse bos resultados, por encima dos prezos de saída. Ademais, participamos como sempre o facemos na exposición de exemplares, cuns 75, e realizamos un concurso, o que permitiu a todos os visitantes que se achegaron ata aquí poder contemplar os mellores exemplares de Raza Rubia Galega”.

As explotacións máis destacadas neste concurso foron a Gandería A Morena, de Friol; a de José Antonio Ferreiro Palacios, do Corgo; e a de Manuel López Quiroga, de Samos. Precisamente e por esta orde os responsables das mesmas foron tamén premiados cos tres premios que había ao mellor lote. Ademais, foron os que levaron a maioría dos premios nas seis categorías deste concurso, xunto a outras dúas destacadas explotacións, a gandería de Pena Guisende S.C, do Páramo, e a Gandería Santalla, do Corgo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información