A Casa da Cultura de Ordes (A Coruña) acolle mañá xoves 26 a I xornada técnica A Gandería de presente e futuro. Expertos de diferentes ámbitos abordarán ó longo do día algúns dos temas de interese para as granxas de vacún de leite. Trataranse cuestións coma os ensilados de herba, o uso dos antibióticos, a mastite ou a xenómica.
Detallamos o programa da xornada.
11.30 horas. Claves para conseguir ensilados de herba de calidade.
Paula Soler e David Terán, directora comercial e técnico veterinario de Lallemand.
12.30 horas horas. Protocolos sanitarios para vacas leiteiras libres de uso de antibióticos e desparasitantes farmacolóxicos.
Jordi Tost, director técnico Gav Allfeed
13.30 a 15.15 horas. Xantar.
15.15 horas. Manter a ubre saudable. Un paso por diante da mastite.
Marga Penelas, global product manager de Hipra.
16.15 horas. Xenómica, acelerando a mellora xenética.
Miren Sagarzazu, xenetista en Albaitaritza Genetics
17.15 horas. Mellora do periodo de transición e optimización do arranque de lactación.
Bartolomé González, veterinario técnico en Covegama Andalucía.