Razóns polas que incluir os lácteos nunha dieta saudable

As catedráticas en Medicina e Nutrición, Rosaura Leis e Rosa María Ortega lembran os beneficios de tomar 3 lácteos ao día

Razóns polas que incluir os lácteos nunha dieta saudable

Imaxes dunha liña de envase de leite fresca pasteurizada. / Fonte: Imaxe de arquivo

O leite, o queixo e o iogur son os productos lácteos máis frecuentes que deben estar incluídos nunha dieta saudable debido aos beneficios contrastados que aportan. A súa composición representa unha fonte importante de proteínas, vitaminas ou ácidos graxos para a todas as persoas, e especialmente para aqueles grupos en idades clave ou mesmo para deportistas. Sen embargo, os lácteos están rodeados de bulos e falsas creencias que poñen freo ao seu consumo. As catedráticas  Rosa María Ortega e Rosaura Leis apóianse na súa experiencia investigadora para dar motivos para consumir estes productos.

“Os lácteos son fonte importante de proteínas, minerais, vitaminas, ácidos grasos, compoñentes antioxidantes, antiinflamatorios ou péptidos bioactivos; e estudos recentes indican que modulan favorablemente a composición da microbiota intestinal”, sinala a a doutora en Farmacia, Catedrática de Nutrición, e membro do Comité de Sustentabilidade Láctea da Inlac, Rosa María Ortega. 

O consumo aconsellado de lácteos é de 2-4 racións, e de aí, a media recomendada de 3 ao día. “As maiores racións 3-4 corresponderán cos grupos que teñen as necesidades de calcio máis elevadas: adolescentes, embarazadas, durante a lactación, en idades avanzada ou para deportistas. A posibilidade de alternar o consumo de diversos alimentos como leite, iogur ou queixo facilita alcanzar o consumo aconsellado”, engade a experta.

Así mesmo, “chama a atención sobre as falsas crenzas de consumidores que pensan erroneamente que os alimentos lácteos poden ser substituídos facilmente por outros”, afirma Ortega, á vez que lembra, por exemplo, “que as bebidas vexetais como a soia, as améndoas, ou a avea non substitúen ao leite ou outros lácteos”

“As bebidas vexetais poden ser consumidas dentro dunha alimentación correcta, pero sen perder de vista que son iso, vexetais e nunca lácteos, e non poden substituír a estes. Algúns destes produtos vexetais están enriquecidos con calcio e outros nutrientes para aproximalos na súa composición ao leite, pero nunca será igual o produto resultante á matriz láctea”, especifica a Catedrática en Nutrición.

Consecuencias da restricción de lácteos

“Facer unha restrición alimentaria na nosa dieta non é pouco importante, xa que supón cambios no patrón alimentario e pode representar un risco nutricional importante, tamén cando falamos de lácteos”, advirte a catedrática da Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, Rosaura Leis.

Os alimentos lácteos sempre formaron parte das dietas tradicionais saudables e sustentables, como a mediterránea ou a atlántica, “que explican en boa parte que teñamos unha elevada esperanza de vida no noso país e que Comunidades como Galicia, poidan gozar dunha lonxevidade na súa poboación similar a Xapón”, subliñou Leis. 

Ademais, en certas idades como a pediátrica, “é necesario non descoidar a inxesta de lácteos ao tratarse dun alimento fundamental para o crecemento e desenvolvemento da criatura e para unha boa mineralización ósea”, detalla.

Neste contexto, “non esquezamos que unha das enfermidades máis prevalentes e dexenerativas durante a idade adulta é a osteoporose. Cunha adecuada inxesta de lácteos, poderemos alcanzar igualmente un máximo pico de masa ósea ao final da adolescencia, aínda que logo deberemos manter o seu consumo ao longo de toda a vida”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información