Africor Lugo organiza para as vindeiras semanas dúas poxas de gando Holstein procedente de ganderías socias. Serán este sábado, 11 de maio, en Sarria, e o 8 de xuño no concello do Páramo.
A de Sarria será ás 12:00 horas no mercado gandeiro, e nela colaboran o concello, a cooperativa AIRA, a Xunta de Galicia e Xenética Fontao. Nos vindeiros días publicaranse os animais que saen a venda.
No caso da do Páramo, do 8 de xuño, trátase da primeira edición que se celebra neste concello. O prazo para que as ganderias podan inscribir os eus animis remata mañá mércores, 8 de maio.

Dende Africor Lugo destacan as vantaxes que ofrecen estas poxas:
Para os vendedores:
Poxas publicitadas
O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
Concentración de compradores
Publicidade para a gandería
Para os compradores:
Concentración da oferta
Garantías sanitarias
Animais procedentes de explotacións cercanas
Información xenealóxica completa
Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Galego









Control OJD