Ascenso no prezo do vacún maior en Silleda

A sesión só contou esta semana con gando de vacún maior e becerros carniceiros, tras acordarse a suspensión da poxa da recría por ser unha xornada festiva en moitas localidades

Ascenso no prezo do vacún maior en Silleda

Os prezos da Central Agropecuaria de Galicia deste martes tiveron unha tendencia á alza en xeral. Así, o vacún maior tivo unha subida en case todas as categorías, do mesmo xeito que os tenreiros carniceiros.

Como xa se anunciara, na xornada de hoxe só concorreron ao recinto animais de vacún maior e becerros carniceiros. A suspensión de becerros de recría foi acordada entre a Central e os principais operadores.

Prezos do vacún
Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros carniceiros, nos machos só tivo subida a raza cruce industrial, que alcanzou un prezo medio de 1.066 euros, 127 euros máis que a pasada xornada. Pola contra, na raza frisoa houbo un descenso de 106 euros e quedou nos 563 euros; o mesmo sucedeu na Rubia Galega que caeu ata os 1.105 euros (-36 euros). Nas femias, as de raza frisoa tiveron un prezo de 338 euros; nas de cruzamento industrial houbo unha subida de 118 euros e quedou cun prezo medio de 946 euros e, por último, nas de Rubia Galega alcanzou os 968 euros (+46 euros). A Ternera Gallega Suprema tivo un prezo nesta sesión de 1.113 euros (+144 euros).

13_02_2024_page-0001

Pola súa banda, no vacún maior houbo subida en case todas as categorías, fóra da segunda, que tivo unha caída de 25 euros e rexistrou un valor medio de 723 euros. Na categoría extra, o prezo medio estivo en 1.952 euros (+7 euros); na primeira foi de 1.172 euros (+26 euros) e na de desfeito quedou en 499 (+28 euros). No caso dos animais comercializados baixo selo de Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.126 euros (-201 euros).

Mesas de prezos
Esta semana o porco cebado tivo lixeiras subas mentres que os leitóns se manteñen igual. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,695 e 1,67 euros o quilo, respectivamente, e rexistran unha suba de 0,02 euros. Os porcos de canle II están a 2,169 (+0,026) e os animais de descarte cotízanse entre 0,83 e 0,89 euros o quilo (+0,03). Os leitóns chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros.

13_02_2024_page-0002

O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,81 (-0,02) euros a ducia, os da L están a 2,26 euros (-0,02), os da M están a 1,97 euros e os da S a 1,69 euros, estes dous últimos mantéñense sen variación. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 8 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información