Onde aumenta máis a produción de leite ecolóxico e que prezos se pagan?

¿En que países da Unión Europea están a aumentar máis a produción de leite ecolóxico? ¿Que prezos perciben as ganderías? Estas e outras preguntas foron respondidas nun seminario organizado recentemente por expertos franceses do Institut de l´Élevage

Onde aumenta máis a produción de leite ecolóxico e que prezos se pagan?

O Institut de l´Élevage (Idele), un organismo francés especializado na investigación e asesoramento gandeiro, organizou recentemente un seminario sobre como lle está afectando a crise do coronavirus Covid19 á sector do leite ecolóxico. No encontro, tamén se fixo unha radiografía da situación da produción de leite bio na Unión Europea, así como da evolución do seu mercado.

Velaquí as principais conclusións:

-Unha produción centrada en Centroeuropa:

IDELE GRAFICOS 1

A produción de leite ecolóxico ronda na Unión Europea os 6 millóns de toneladas -5.500 no ano 2018- , pero cunha repartición bastante desigual por países. En España, Portugal e os países do leste este tipo de leite representa menos do 1% da producción nacional. Pola contra, en Francia e Alemaña, os principais produtores de leite de vaca da Unión Europea, sitúase entre o 3 e o 5% e hai tres países nos que máis do 10% do leite que producen xa é bio: Austria, Dinamarca e Suecia.

IDELE GRAFICOS 2 IDELE GRAFICOS 3

En canto á evolución da recollida de leite ecolóxico Francia e Alemaña non só encabezan a produción en Europa, con máis de 1 millón de toneladas anuais cada unha, senón tamén son as que a maior ritmo a están a incrementar.

No caso alemán, no primeiro trimestre deste ano aumentou un 5%, un incremento inferior ao de Francia: un 13,5% máis que no mesmo período de 2019, fundamentalmente debido á chegada de novos produtores tralo período de conversión e a unhas condicións climáticas moi boas para a produción de herba durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo. No caso de Francia hai 3.652 ganderías que entregan leite ecolóxico.

En Dinamarca, outro gran produtor de leite ecoloxico, nos dous primeiros meses do ano a produción tamén se incrementou notablemente: un 5% máis. 

-Situación dos prezos:

IDELE GRAFICOS 4

Polo que respecta ao prezo que perciben os produtores, na Unión Europea oscila entre os 0,45 euros o litro en Austria e os 0,49 de Alemaña ou Francia.

No caso francés, e o mesmo sucede na maioría dos países da UE, a cotización varía mensualmente, con menores prezos na primavera, época de maior produción, onde chega a descender ata os 0,42 euros o litro, a preto de 0,52 nos meses de outono e comezo de inverno, estacións nas que baixan as entregas ao estar vinculada a produción ao rendemento dos pastos. 

IDELE GRAFICOS 5

En Alemaña a oscilación dos prezos é menor, aínda que se mantén tamén o factor estacional:

IDELE GRAFICOS 7 ALEMAÑA

-Evolución das vendas de lácteos ecolóxicos:

En canto á evolución das vendas, o consumo de leite líquido ecolóxico segue medrando a ritmo de dous díxitos no caso francés, cun 22% máis de vendas no mes de marzo que no mesmo mes de 2019.

En canto á valorización do leite ecolóxico, no caso de Francia hai maior presenza de leite líquido e manteiga e menos de queixos en comparación co leite convencional.

IDELE GRAFICOS 6

Polo que respecta a Alemaña, as vendas de leite líquido ecolóxico viñan aumentando a un ritmo do 10%, fronte ao estancamento do leite convencional, e no mes de xaneiro experimentaron unha suba de case o 25% debido ao comportamento de compras de almacenamento provocado pola crise do coronavirus Covid19.

IDELE GRAFICOS 7

Por último, no que atinxe ás canles de comercialización, no caso de Francia os supermercados e hipermercados son os que máis están a gañar cota de mercado, seguidos, cun menor cremento, polas tendas especializadas: 

IDELE GRAFICOS 7 venda leite eco

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información