A produción de leite ecolóxico en Galicia e en España baixou un 15% o ano pasado

O pasado xoves 14 de marzo a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organizou un encontro online sobre a produción de leite ecolóxico en Galicia na que participaron diferentes axentes do sector.

A produción de leite ecolóxico en Galicia e en España baixou un 15% o ano pasado

O pasado xoves 14 de marzo a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organizou un encontro online centrado na produción de leite ecolóxico en Galicia no que participaron diferentes especialistas.

Higinio Mougán, director de AGACA, foi o responsable de facer a introdución e as conclusións finais, así como ir presentando aos diferentes ponentes.

O primeiro en intervir foi Javier García, secretario de Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o único organismo habilitado en Galicia para xestionar o certificado ecolóxico de recoñecemento internacional.

Javier fixo un pequeno resumo do contexto da produción ecolóxica en Galicia, destacando que ainda que non contan cos datos do 2023, esperan unha lixeira melloría respecto ao 2022. Comparando os datos do 2021 co 2022 vemos como o descenso do volume de facturación de leite ecolóxico en Galicia roza o 5%, baixando de 39 millóns de euros facturados a 37 millóns. Isto, segundo Javier, débese a que algunhas granxas pecharon ou pasaron a producir en convencional motivadas pola igualación dos prezos entre ambos leites.

Javier tamén sinalou como un factor limitante a ausencia de mercados dirixidos á exportación en España, comparándoo co caso irlandés e sinalando a comercialización como unha das patas máis febles da cadea. Outro problema que ve é o diferencial de custo de produción entre producir leite ecolóxico e leite convencial, que ainda é demasiado grande, polo que ve moi difícil que este mercado poda crecer en Galicia a curto prazo. Ademais se unha granxa convencial quere cambiar a ecolóxico, necesita un periodo de adaptación de 2 anos seguindo as normas do CRAEGA, o que relentiza máis o proceso.

Por último pediu que se tomen medidas contra a publicidade e etiquetado engañoso que confunde aos consumidores, sinalando o leite de pastoreo que moitos confunden co ecolóxico. Tamén invitou a visitar a páxina web de CRAEGA onde poderán atopar toda a información pertinente.

O segundo en intervir foi José L. González, consultor independente, que falou sobre os criterios medioambientais e indices empregados: biodiversidade, fitosanitarios e emisións. Centrouse no tema da biodiversidade destacando as bondades neste sentido do manexo do gando no noso territorio. “Deberíamos presumir da cantidade de biodiversidade que podemos xerar producindo comida, principalmente coas explotacións de vacún.”

“Esta é a gran fortaleza desta forma de producir, a súa capacidade de xerar biodiversidade, o que xera valor no produto pero que non é algo que os consumidores valoren a día de hoxe. É inevitable que o índice de biodiversidade acabe nos etiquetados dos produtos e acabe sendo valorado polo consumidor.”

Pola súa parte, José Sáez, director de compras en Lactalis, á que definiu como unha empresa familiar que se convertiu no maior grupo leiteiro do mundo cuns 28 mil millóns de euros de facturación anual. Conta con 8 plantas de elaboración de lácteos en España, dúas delas en Galicia (Vilalba e Nadela) adicadas ao leite. Trátase dun grupo frances que foi o primeiro en comercializar leite ecolóxico en Galicia e controla o 45% deste mercado a nivel español. As súas principais representacións no mercado son marcas como Puleva, Ram, Gran Capitán, Flor de Esgueva…

graficaLactalis00

graficaLactalis1

graficaLactalis2

 

graficaLactalis3

José mostrou datos que confirman ese descenso paulatino nos últimos tres anos da produción de leite ecolóxico en España. “A pesar deste descenso, Galicia mantén ou incrementa a súa cota de mercado de produción, convertíndose no referente nacional, pero Cataluña é a que máis creceu nos últimos tempos.”

Insistiu na idea de que a evolución dos prezos foi moi positiva e que contrasta con ese descenso na produción, e que a diferencia de prezo e custo entre o ecolóxico e o convencional fixo que moitos ganadeiros pasaran de ecolóxico a convencional pero que isto é unha tendencia que agora comeza a correxirse.

“Concretamente foi en abril do 2022 e 2023 cando os prezos entre os dous tipos de leite practicamente se igualaron. Debemos democratizar o leite ecolóxico, é dicir, facela máis accesible á xente tanto a nivel de prezos como de presencia no mercado, pois moitos consumidores demandan o produto e se queixan do difícil que resulta atopar este leite, da diferenza de prezo ou da falta de oferta.”

graficaLactalis01

Tamén destcaou que moitos consumidores declaran non saber distinguilo do convencional ou incluso non fiarse do etiquetado. Por último, mostrou entusiasmo na idea de que o consumidor cada vez demande máis este tipo de leite, que antes era cousa dun público ecoloxista ou moi concienciados, e agora o consumo de produtos ecolóxicos comeza a xeralizarse a nivel social, e que hai que seguir nesa liña de traballo. Tamén falou da importancia de gañar en visibilidade a partir de sacar novos productos, gastar máis en publicidade… E sobre todo dar a coñecer os beneficios que ten este leite para os consumidores, o medio ambiente, os gandeiros e os animais. Insiste na idea de que o leite ecolóxico aínda non é un mercado maduro, e que teñen que unir forzas para conseguir que madure máis.

O TESTEMUÑO DAS INDUSTRIAS LÁCTEAS E DOS PRODUCTORES

 As Vacas da Ulloa SCG :
A terceira ponente foi Ana Corredoira, bióloga e gandeira responsable da explotación de leite ecolóxico As Vacas da Ulloa SCG e da marca de leite fresco ecolóxico Sen Máis. Ana criouse entre vacas xunto co seu irmán na Cernada (Palas de Reis).

A granxa fundouse nos anos 80 como proxecto de vida dos seus pais, cun modelo de gandería familiar de autoconsumo e venta dun pequeno excedente. Xa no 2002-2004 os seus pais fixeran un pequeno obradoiro para transformación e comercialización directa do leite e outros produtos derivados, no contexto das vacas tolas. “Medrei nese caldo de cultivo onde se concebía o modelo de produción circular de aproveitamento e de control de todos os pasos da cadea desde a produción ata a comercialización directa. Rematei Bioloxía no 2013 e voltei á casa a traballar na granxa. Un ano máis tarde asumín a dirección da granxa no polo falecemento do meu pai”.

“Queríamos producir e vender leite na súa mellor versión, ese era o noso proxecto de vida. No 2015 demos de alta a SC e no 2021 saímos ao mercado coa marca Sen máis, leite fresco pasteurizado en vidro. Foi un momento épico e de celebración, pois sentira un fracaso cando tivera que paralizar a actidvidade da granxa. Estamos moi limitadas pola nosa infraestructura de distribución: unha furgoneta, coa que distribuimos un día por semana. Ainda así, en dous anos conseguimos ter 150 puntos de venta, ocupando unha área xeográficamente moi pequena, pois só podemos abrcar a nosa comarca e zona limítrofe. Realmente démonos conta de que temos o noso nicho de mercado e que podemos amplialo, pero manter esa infraestructura é moi difícil porque facemos todo nós. En calquera caso, no 2022 producimos uns 60 mil litros de leite e no 2023 uns 80 mil.”

Tamén recalcou que existen certos déficits no sector: a nivel de marketing, a falta de oferta, a falta de vías de comercialización e dificultade no acceso por parte dos consumidroes, ou o mal posicionamento nas superficies de ventas.

GANDERÍA CASA CODESAL:
O seguinte en intervir foi Ángel Rivas, especialista en manexo animal en Casa Codesal, unha gandería centenaria, familiar e ecolóxica, responsable dunhas 100 cabezas de gando (63 en muxido) e dunhas 68 ha de pastos. Producen uns 420 mil litros de leite anuais. A granxa está localizada en Vilapedre (Friol) e do 2018 ao 2023 gañou todos os anos o premio Exceleite de Ouro a mellor leite na categoría de ecolóxico, menos no 2019 que gañou o de prata.

Ángel destacou a historia familiar e a convicción da empresa de apostar polo ecolóxico desde 2005, sendo un dos primeiros en Galicia, así como da importancia de compartir experiencias e colaborar con outros gandeiros.

COOPERATIVA COBIDEZA:
O seguinte turno foi para Román Santalla, presidente de Cobideza: “Somos unha queixería pequena pero coqueta, totalmente orientada á produción ecolóxica, comezamos e seguimos con 6 ganderías, que nos picos altos chega aos 80 mil litros mensuais e nos baixos, no inverno, 60-70 mil. Trasnsformamos todo o leite en queixo, tamén facemos queixo convencional pero con leite ecolóxico. O queixo ecolóxico ten outras características organolépticas e nutritivas, pero moitos consumidores e catadores non saben aprecialo por ser un sabor máis forte, pois ainda non hai moita cultura de queixo ecolóxico. Gañamos varios premios internacionais e queremos diferenciamos no queixo Arzúa-Ulloa e Tetilla en ecolóxico, pois pensamos que aí hai máis nicho de mercado e podemos diferenciarnos mellor. Penso que somos o primeiro queixo tipo tetilla ecolóxico a nivel de España, e un dos primeiros Arzúa-Ulloa. Tamén queremos comercfializar un queixo de barra de kilo e medio, pero non é o típico de sandwich.”

Román di que agora mesmo é un problema que ás veces as marxes de beneficio que marcan as tendas sexan demasiado altos, polo que intentan facer queixos de baixos pesos: “Os queixos ecolóxicos véndense máis en porcións pequenas, por iso estamos plantexando se vender esas dúas vertentes: queixos moi pesados, de máis de 3 kg para hostelería e tendas especializadas e logo porcións máis pequenas (100-300gr) para a maioría de consumidores. As distribuidoras cada vez mostran máis interese nos produtos ecolóxicos e hai que aproveitar este interese. Queremos ir ampliando a produción e colaborar con máis ganderías”

CASA GRANDE DE XANCEDA:
Antes das conclusións finais de Higinio Mougán, foi a última intervención de Guillermo Martínez, xerente de Casa Grande de Xanceda: “Somos unha empresa centrada na elaboración de produtos lácteos de alta calidade en ecolóxico. Producimos leite e iogur e xestionamos unhas 200 hectáreas de pasto e 205 vacas en muxido, sendo un dos maiores produtores de lácteos ecolóxicos en España. Conseguimos o primeiro obxectivo que era sobrevivir estes 20 anos producindo en ecolóxico, que non é pouco. A noas orixe remóntase a un negocio familiar nos anos 60 con 20 vacas frisonas de Canadá e 30 hectáreas. Como traballaba nun sistema de pastoreo foi crecendo co tempo adquirindo máis fincas e vacas, e cando a explotación pasou a mans dos netos nos anos 2000, vimos que tiñamos moitos recursos pero as contas estaban en números vermellos, non se fixera unha boa xestión económica pero si gandeira. Básicamente era a búsqueda de rendibilidade a partir do que se estaba a facer. Foi fundamental a colaboración e asesoramento da Universidade de Santiago de Compostela coa que fixemos un deseño de produto, estudo de mercado, búsqueda da tecnoloxía axeitada. Ofreceron unha formación continua na procura da máxima calidade”

Destacou a importancia da colaboración con outros empresarios do sector incorporando outros produtos lácteos como queixos, xeados…

“Cando abrimos unha tenda na propia explotación pensamos que non viría moita xente a visitarnos pero ao final é unha tenda con moito movemento e xera moito cariño da xente local principalmente. O noso maior valor son os valores asociados a nosa marca e que axuda moito ao tema do marketing e a comercialización. Temos un forte compromiso social e ambiental e recibimos máis de 50 visitas anuais á nosa granxa, onde mostramos con orgullo todo o proceso de produción”.

A situación do mercado de penso ecolóxico para vacún de leite

Pola súa parte, Rafael Pardo de Andrade, veterinario na cooperativa Campoastur, que elabora penso ecolóxico baixo a marca Ecofeed,  foi o seguinte en intervir, analizando o mercado dos pensos ecolóxicos a nivel estatal, comentando os diferentes puntos das diferentes normativas reguladoras, certificacións e etiquetados.

“A normativa condiciona moito o xeito de traballar, ten que ser unha alimentación fundamentalmente forraxeira, limitando a cantidade de penso que poden comer os animais e sendo obrigatorio que eses pensos aparezan na lista dos produtos autorizados. Coa pandemia e a guerra de Ucraína houbo un aumento de prezos considerable. A produción de penso ecolóxico en España foi crecendo do 2015 ao 2019, ano no que alcanzou o seu tope, comezando a descender nos seguintes anos, mostrando moita máis estabilidade que no caso do penso convencional. No caso concreto de Campoastur, a produción de penso ecolóxico foi crecendo desde o 2018 (8 mil toneladas) ata alcanzar o tope no 2021 (18 mil toneladas), baixando lixeiramente no 2022 e 2023 (17 mil toneladas e 16 mil toneladas respectivamente), e agora no 2024 parece que se vai mellorar un pouco respecto ao 2022 e 2023 sen chegar aos valores do 2021. Penso que este ano 2024 a produción de leite ecolóxico vai ser lixeiramente mellor á do ano pasado. Os prezos do ecolóxico ás veces pódense tensionar máis que no convencional por ser un mercado moito máis pequeno.”

graficaPrezoPenso1

producPensosECO2

Ademais, Rafael destacou que o vacún de leite é o principal destino en Galicia dos pensos ecolóxicos de Campoastur, seguido pola avicultura e o vacún de carne.

Tamén comparou o número de produtores de penso ecolóxico por provincias. Galicia atópase no terceiro posto empatada con Castilla León (4), e só superada por Andalucía (7) e Cataluña (16). En España son un total de 46 productores.

En canto á comparativa por cereais, destaca a cebada (110 mil toneladas), seguida de cerca pola avea (85 mil toneladas) e o trigo (75 mil toneladas), e cunha grande diferencia coas seguintes (triticale, centeo, xirasol, guisante…).

De acordo coas estadísticas amosadas por Rafael do ano 2022, Galicia producía 26 mil toneladas de leite ecolóxico de vaca, o 52% do total estatal (50 mil toneladas) e contaba co 44% dos produtores, 122 de 273.

pensosECO2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información