O Ministerio de Agricultura oponse á axuda de 4 céntimos por litro para compensar aos produtores de vacún de leite

O Ministerio de Agricultura oponse á axuda de 4 céntimos por litro para compensar aos produtores de vacún de leite

Manifestación de Agromuralla o pasado mes de novembro en Lugo. Foto: Arquivo

O Ministerio de Agricultura rexeita implantar unha axuda de até 4 céntimos por litro para as gandarías de vacún de leite, unha medida de emerxencia que reclaman desde a Xunta de Galicia para compensar aos produtores pola perda de rendibilidade debido ao forte incremento dos custos de produción (pensos, gasóleo, plásticos, electricidade, salarios..etc).

Segundo informan dende o o departamento que dirixe Luís Planas esta axuda “non se axusta ao establecido na lexislación vixente”.

En concreto, advirten desde o Ministerio que a medida «vulnera a Lei da Competencia española». Ademais, lembran que «os servizos da Comisión Europea informaron de que esta proposta non encaixa dentro das exencións á competencia contempladas na Organización Común de Mercados Agrarios».

A prima que demanda Galicia, que concentra o 40% da produción de leite de España e o 55% das granxas, sería unha medida excepcional que se aplicaría durante este exercicio 2022 e que permitiría alcanzar os 41 céntimos por litro de leite. A esa cantidade habería que sumar logo impostos como o IVE ou a prima que cobran os produtores por calidades.

Reproducimos a continuación a resposta do Ministerio de Agricultura:

En relación a la propuesta de instaurar una prima de emergencia en el precio de la leche, el Ministerio considera que esta propuesta es similar al acuerdo alcanzado en Italia sobre esta materia. Los servicios de la Comisión han informado que esta propuesta no encaja dentro de las exenciones a la competencia contempladas en la Organización Común de Mercados Agrarios y por otro lado también vulnera la Ley de la competencia española. Por todo ello, un acuerdo de este tipo no se ajusta a lo establecido en la legislación vigente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información