O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de novembro no que se confirma o incremento da produción con respecto ao mesmo mes de 2022, principalmente en Galicia. Os prezos soben tamén lixeiramente con respecto a outubro.
Así, a media foi de 0,522 euros o litro a nivel estatal -en outubro foi de 0,517- mentres que en Galicia o prezo medio en novembro foi de 0,492 euros o litro, prácticamente o mesmo que en outubro (0,491)
Polo que respecta á produción, as entregas en novembro no conxunto de España ascenderon a 575141 toneladas, o que representa unha lixeira suba en relación ao mesmo mes de 2022. No acumulado xaneiro-novembro a produción de leite en España mantense estancada, cun levísimo repunte do 0,04% respecto ao mesmo período do ano pasado.
Pola contra, en Galicia a produción de incrementouse no mesmo período de 2023 nun 1,07% , con 237689 toneladas producidas en novembro, unhas 2500 máis que no mesmo mes de 2022.
Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en novembro situouse no conxunto do Estado no 3,89 % de graxa e 3,45 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores en graxa, cun 3, 96%, mentres que a proteína media quedou nun 3,44%.
O prezo do leite ecolóxico subiu respecto a outubro e situouse nos 0,648 euros o litro en España e os 0,636 en Galicia.