A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2023

BAYER PREMIOS SILO 23 2 webDekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este mércores en Toques (A Coruña) unha xornada de entrega dos premios da segunda edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos na campaña 2023.

Uns 100 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita no restaurante Xaneiro na entrega de premios deste certame, do que Marcial Costoya, Territory Sales Manager de Bayer para a Cornixa Cantábrica, Galicia e León, salientou a súa elevada participación.

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

-Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería de José Ignacio Leal. . Logrou 1893 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4621, un ciclo 300 de altas produccións.

-Segundo premio (600 euros): Gandaría Novoa SC. Logrou 1862 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5144

-Terceiro premio (400 euros): Gandaría Casa Castro. Logrou 1858 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb, coa variedade DKC 4621.

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo largo (1000 euros): Ganadería Pastora, que logrou 53525 litros de leite por hectárea cun DKC 5911, un ciclo 500.

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Serabel SC, que logrou 43614 litros de leite por hectárea cun DKC 5110, un híbrido bisagra entre un ciclo 300 e un 400.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Fernández Sánchez, que logrou 43141 litros de leite por hectárea cun DKC 3575, unha variedade de ciclo 200.

Xornada técnica de formación

BAYER PREMIOS SILO 23 publico2 web

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer como xestiona o cultivo do millo Granja San José, en Huesca, a cargo de Salvador Castellanos, responsable de xestión de forraxes. Esta gandería, con 3776 vacas en muxido, sementou o ano pasado 973 hectáreas de millo forraxeiro.

A continuación, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, presentou as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb para 2024. Seguidamente, Montserrat Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia, explicou as claves para o manexo sustentable de produtos fitosanitarios, especialmente herbicidas, durante o cultivo de millo.

A xornada formativa concluíu cunha charla de Sergio Grille, gandeiro de Mazaricos, que nos últmos anos acometeu unha dixitalización completa dos traballos agrícolas na súa granxa.

Fotos das ganderías premiadas: 

BAYER PREMIOS SILO 23 1 web

BAYER PREMIOS SILO 23 8 web BAYER PREMIOS SILO 23 7 web BAYER PREMIOS SILO 23 4 web BAYER PREMIOS SILO 23 5 web BAYER PREMIOS SILO 23 6 web

BAYER PREMIOS SILO 23 1 web BAYER PREMIOS SILO 23 9 web

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *