A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seguro para millo forraxeiro: prezos, coberturas e prazos

Repasamos con Ucoga, axencia de seguros líder en Galicia, as características das pólizas para millo

Seguro para millo forraxeiro: prezos, coberturas e prazos

O millo forraxeiro, clave na alimentación do gando, xoga un papel fundamental nas explotacións lácteas galegas, pero o seu cultivo está suxeito a unha serie de riscos que poden poñer contra as cordas a rendibilidade das granxas.

Desde Ucoga Seguros, a axencia de seguros galega líder no sector agro-alimentario, analizan cal é a mellor maneira de protexer os cultivos a través do seguro para o millo forraxeiro.

Riscos
Galicia ten un clima favorable para o millo forraxeiro, aínda que a zona con influencia máis mediterránea, como o sur de Lugo ou o Deza, pode xerar problemas en veráns secos. Do mesmo xeito, tamén as choivas extremas e inundacións poden ser un problema noutras comarcas, xeralmente máis atlánticas.

Ás incidencias meteorolóxicas hai que sumar as ameazas de pragas e enfermidades. E un último factor moi presente en toda Galicia é o xabaril, que causa numerosos sinistros, de maior ou menor dimensión, na práctica totalidade das comarcas gandeiras. A xestión de riscos preséntase, por tanto, como clave para garantir o éxito económico do cultivo.

Data de contratación e coberturas
Estamos en plena campaña de contratación do seguro para o millo forraxeiro. A data límite para a firma desta póliza é o 30 de abril de 2024. Isto permite aos agricultores asegurar os seus cultivos desde o principio e garantir unha cobertura axeitada durante todo o ciclo de crecemento.

A través do seguro para cultivos forraxeiros pódense asegurar as explotacións de millo forraxeiro, alfalfa forraxeira, veza forraxeira e outros cultivos forraxeiros para herba seca. Tamén entran nesta categoría de seguro as sementes forraxeiras e as producións de palla dos cultivos de cereais de inverno e dos pastos.

Esta póliza cobre os danos que poida sufrir a produción de millo por un custo asumible para o propietario da explotación. Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 10 e 15 euros, e garante a cobertura desde o momento da semente, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección.

Módulos
A través de tres módulos, con distintas coberturas, este seguro cobre os riscos non controlables polo agricultor. As principais causas de sinistralidade nos cultivos son debidas aos axentes climatolóxicos como a saraiba, a choiva torrencial ou choiva persistente, inundacións, ventos tempestuosos e incendio. Estes danos poden ser devastadores e poden afectar tanto á calidade como á cantidade da produción. Todos eles quedan cubertos con esta póliza.

Podes consultar con Ucoga as coberturas que máis che interesan, a fin de seleccionar o módulo apropiado para a túa póliza. Este seguro é moi demandado na comunidade galega xa que, ademais de protexer o cultivo e ao agricultor fronte aos danos provocados polas inclemencias do tempo, tamén cobre os danos provocados pola fauna silvestre, como o xabaril.

Outro aspecto para ter en conta é a cobertura por non nacenza para o millo forraxeiro. Unha cobertura específica que protexe aos agricultores no caso de que as sementes non xermolen adecuadamente ou non dean lugar a plantas sas e produtivas. Esta póliza ofrece unha compensación financeira para os agricultores que experimentan perdas debido á falta de xerminación das sementes ou a problemas relacionados co establecemento dos cultivos.

Incentivos e Apoio para a Adquisición de Seguros Agrícolas
Para tratar de paliar o investimento dos profesionais do sector primario, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ofrece subvencións a través de ENESA (Entidad Estatal de Seguros Agrarios).

Como novidade, entre as medidas incorporadas no novo Plan 2024 destaca a priorización do apoio público en determinados colectivos que son fundamentais na política agraria nacional, como son os novos agricultores, os profesionais, as explotacións prioritarias ou os pertencentes a unha organización de produtores.

Consulta con Ucoga Seguros a subvención que che corresponde en función das características da túa explotación. Ademais, informarante sobre as subvencións que poida conceder a túa comunidade autónoma.

Contacto Ucoga

  • Tel.881 155 155

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *