Galicia produciu un 0,15% máis de leite no primeiro semestre mentres que en España baixou un 0,5%

As gandarías de vacún de leite galegas produciron no primeiro semestre do ano un 0,15% máis, mentres que no conxunto de España a produción baixou un 0,5%. O descenso na produción de forraxes pola seca en boa parte das Comunidades Autónomas xunto a uns prezos do leite á baixa explican este estancamento.

En concreto, e segundo os datos de declaracións de leite publicados este xoves polo Ministerio de Agricultura, entre xaneiro e xuño producíronse en España 3,753 millóns de toneladas de leite, un 0,5% menos que no mesmo semestre de 2022. En xuño o dato interanual foi positivo: A produción foi de 614700 toneladas, un 0,1% máis.

En canto a Galicia, no primeiro semestre as gandarías produciron 1,515 millóns de toneladas de leite, un 0,12% máis que no mesmo período do ano pasado. En xuño a produción galega foi de 250878 toneladas, o que supón un incremento do 0,35% se a comparamos con xuño de 2022.

PREZO MEDIO LEITE XUÑO 23 es

Polo que respecta aos prezos, xuño confirma a tendencia á baixa dos contratos lácteos: En España situouse nunha media de 0,534 euros por litro, mentres que en Galicia o prezo medio pagado ao produtor foi de 0,517 euros. No leite ecolóxico o prezo medio foi de 0,644 euros o litro a nivel español e de 0,627 no caso galego.

Prezo dispar en Galicia segundo o temaño das ganderías: 

PREZO MEDIO LEITE XUÑO 23 GZ

Por último, as calidades medias do leite entregado en xuño foron de 3,66% de graxa e de 3,30% de proteína, uns sólidos que en Galicia se elevaron a 3,75 e 3,31%, respectivamente.

Descarga aquí o informe das declaracións de leite de xuño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información